Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Luns, 14 de xuño de 1999 Páx. 7.473

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial para o ano 1999 do convenio colectivo da empresa Unión de Empresas Madereras, S.A. (Unemsa).

Visto o expediente da revisión salarial para o ano 1999 do convenio colectivo da empresa Unión de Empresas Madereras, S.A. (Unemsa) que tivo entrada nesta delegación provincial o día 3-5-1999, subscrito en representación da parte económica pola empresa, e da parte social polo comité de empresa o día 16-4-1999, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito

de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 10 de maio de 1999.

María Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Acta

Asistentes:

Comité de empresa:

José Vecino Seoane.

José Cundíns Ternande.

Antonio Sánchez Balsa.

Jesús Remuiñán Pérez.

Empresa:

Marcelino Olcoz López.

Alfonso Blanco Figueiras.

En Carballo, ás 12 horas do 16 de abril de 1999, reúnense os representantes do comité de empresa de Unemsa conxuntamente cos representantes da empresa.

Ámbalas partes, despois dunha longa deliberación con respecto ó convenio de empresa de Unemsa, chegaron ós seguintes acordos:

Primeiro.-Tódolos conceptos salariais se incrementarán no IPC de 1998 (1,4 %).

Segundo.-Os demais termos do convenio quedan vixentes tal como están xa establecidos.

Terceiro.-Os incrementos económicos derivados da aplicación deste convenio aboaranse a partir do un de xaneiro de mil novecentos noventa e nove, e faranse efectivos na nómina de abril de 1999.

Ámbalas partes aproban unanimemente o convenio colectivo para a empresa Unemsa, asinándoo en proba de conformidade na data anteriormente indicada, e que se presente na Delegación Provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Coruña, para que sexa inserido no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.

Convenio colectivo de traballo para aglomerados de madeira da empresa Unemsa

Revisión o 1-1-1999 (en cumprimento do artigo 5 do convenio de 1996).

Artigo 18º.-Antigüidade.

Consistirá en quinquenios na contía de 4.825 pesetas mensuais, igual para tódalas categorías. A data inicial do cómputo de antigüidade será a do ingreso do traballador na empresa, calquera que sexa a categoría coa que ingrese.

Unicamente non se computará para antigüidade o tempo que se permanecese en situación de excedencia voluntaria.

A antigüidade comezarase a devengar a partir do día 1 do mes seguinte a aquel no que se cumpre o quinquenio.

Artigo 19º.-Gratificacións.

a) Gratificación de nocturnidade: os traballadores que presten os seus servicios entre as 22 e as 6 horas percibirán un 25% do seu respectivo salario de convenio en concepto de gratificación de nocturnidade, por cada xornada traballada.

b) Gratificación de tres quendas: os traballadores en réxime de tres quendas de traballo con descanso dominical percibirán por cada mes traballado neste réxime a cantidade de 6.779 pesetas.

c) Gratificación de traballo ininterrompido: os traballadores en réxime de tres quendas de traballo con catro quendas de persoal percibirán por este concepto 23.302 pesetas mensuais.

d) Gratificación de xornada partida: os traballadores en réxime de xornada partida percibirán por este concepto 3.501 pesetas mensuais.

Artigo 23º.-Quebranto de moeda.

Os pagadores percibirán por este concepto a cantidade de 4.912 pesetas mensuais.

Artigo 26º.-Mellora social.

Todo o persoal que traballe a xornada partida poderá realiza-lo xantar no bar, e deduciráselle do importe total da comida a cantidade de 541 pesetas, por seren estas aboadas pola empresa, a partir do día 1 de xaneiro de 1999.

A empresa asume o incrememto do IPC correspondente ó importe total que deben satisface-la empresa e o persoal durante os dous anos de vixencia inicial deste convenio.

En caso de se produci-la prórroga a que se refire o artigo 2º, o incremento do IPC distribuirase entre a empresa e o persoal en proporción ós importes respectivos que deban satisfacer.

Artigo 32º.-Gratificación de locomoción.

Establécese unha gratificación de locomoción para tódolos traballadores por uns importes que figuran nas táboas anexas. Esta gratificación estará referida a días efectivos de traballo polo que, de se producir algunha ausencia a este que non encaixe dentro daqueles supostos nos que a empresa está obrigada a aboa-la retribución completa, descontarase a parte proporcional correspondente ós días de ausencia no

mes, en relación cos días laborables deste, ata un máximo de 11.861 pesetas.

Artigo 39º.-Transporte.

A empresa aboaralle a quen teña o seu domicilio a máis de 2 km do centro de traballo a cantidade de 9,10 pesetas/km, que figurará na nómina separada da gratificación de locomoción.

ANEXO I

CategoríaSalario

mes

Salario

día

Salario

ano

Persoal fabricación
Peón99.8123.2831.437.294
Peón especialista100.6403.3111.449.209
Capataz peón102.7923.3811.480.208
Axudante102.7923.3811.480.208
Oficial de segunda106.8423.5151.538.527
Oficial de primeira114.3473.7611.646.593
Xefe de equipo136.4204.4871.964.441
Xefe de quenda139.8744.6012.014.189
Encargado de sección143.4054.7172.065.031

Persoal mantemento
Aprendiz76.1882.5061.097.106
Oficial de terceira108.5043.5691.562.459
Oficial de segunda117.8803.8781.697.465
Oficial de primeira129.6654.2651.867.180
Xefe de equipo150.2444.9422.163.519
Xefe de taller192.6816.3382.774.611
Xefe de mantemento214.1417.0443.083.624

Persoal subalterno
Dep. Econ./pesador/ordenanza102.6583.3771.478.281
Porteiro/vixilante/garda/listeiro/almaceneiro/chofer turismo108.0313.5541.555.640
Conductor mecánico115.0583.7851.656.829

Persoal administrativo
Aspirante90.2542.9691.299.659
Auxiliar/Telefon./Mecanóg.102.5443.3731.476.631
Oficial de segunda121.6204.0011.751.331
Oficial de primeira134.9734.4401.943.604
Xefe151.4314.9812.180.603
Xefe administrativo185.6556.1072.673.436

Persoal técnico
Analista102.6583.3771.478.281
Delineante121.6204.0011.751.331
ATS116.6063.8361.679.126
Perito137.8394.5341.984.883
Técnico proxectista140.4564.6202.022.570
Licenciado/enxeñeiro185.6556.1072.673.436

ANEXO II

CategoríaHora

normal

Hora

extra

Hora

Fest./Noct.

Persoal fabricación
Peón8211.4371.643
Peón especialista8271.4481.655
Capataz peón8371.4641.673
Axudante8371.4641.673
Oficial de segunda8751.5311.750
Oficial de primeira9351.6361.870
Xefe de equipo1.0801.8902.160
Xefe de quenda1.1091.9412.219

CategoríaHora

normal

Hora

extra

Hora

Fest./Noct.

Encargado de sección1.1341.9842.267

Persoal mantemento
Aprendiz6121.0721.225
Oficial de terceira8751.5311.750
Oficial de segunda9451.6541.890
Oficial de primeira1.0441.8282.089
Xefe de equipo1.2192.1332.438
Xefe de taller1.5342.6853.068
Xefe de mantemento1.7303.0273.460

Persoal subalterno
Dep. Econ./pesador/ordenanza8361.4621.671
Porteiro/vixilante/garda/listeiro/almaceneiro/chofer turismo8831.5461.766
Conductor mecánico9581.6771.916

Persoal administrativo
Aspirante7201.2601.440
Auxiliar/Telefon./Mecanóg.8141.4251.628
Oficial de segunda9671.6931.935
Oficial de primeira1.0741.8792.148
Xefe1.2032.1052.405
Xefe administrativo1.4702.5732.941

Persoal técnico
Analista8121.4211.624
Delineante9671.6931.935
ATS
Perito1.0921.9112.184
Técnico proxectista1.1161.9542.233
Licenciado/enxeñeiro1.4702.5732.941

ANEXO III

Gratificación locomoción

CategoríaDúas/tres e

catro quendas*

Persoal fabricación
Peón18.440
Peón especialista18.480
Capataz peón18.590
Axudante18.590
Oficial de segunda18.791
Oficial de primeira19.168
Xefe de equipo20.276
Xefe de quenda20.451
Encargado de sección20.627

Persoal mantemento
Aprendiz17.257
Oficial de terceira18.880
Oficial de segunda19.344
Oficial de primeira19.940
Xefe de equipo20.966
Xefe de taller23.098
Xefe de mantemento24.168

Persoal subalterno
Dep. Econ./pesador/ordenanza18.585
Porteiro/vixilante/garda/listeiro/almaceneiro/chofer turismo18.853
Conductor mecánico19.206

* Tres quendas con catro de persoal.

Tódolos traballadores a xornada partida percibirán 11.861 pesetas en concepto de gratificación de locomoción.