Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Venres, 11 de xuño de 1999 Páx. 7.407

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 7 de maio de 1999, da Área Provincial da Coruña, de notificación de requirimentos de pagamento ós debedores que se relacionan (expediente C-1-CD/79, conta 474 e tres máis).

En cumprimento do disposto no artigo 1.17º da Lei 4/1999, de 13 de xaneiro, que modifica a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co establecido nos artigos 1124, 1504, 1501 e 1091 do Código Civil e a cláusula III e IV do contrato de compravenda, notifícaselles ós interesados cos datos e último domicilio coñecido (identificado por nº de expediente e conta) que a continuación se relacionan, os requirimientos de pagamento dos recibos pendentes e que ascenden ás cantidades que se sinalan, facéndolles constar que se irán incorporando ó total da débeda os posteriores vencementos que resulten non pagados e que lles serán reclamados por tódolos medios legais.

Tendo en conta as obrigas dimanantes dos contratos subscritos por vostedes coa Xunta de Galicia e de acordo co establecido no artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, concédelles un prazo de dez días hábiles para que se poñan ó das súas obrigas, ou comparezan na delegación provincial, en trámite de audiencia para os efectos de presenta-los documentos e xustificacións que estimen convenientes ó seu dereito.

En caso contrario procederase á resolución dos seus contratos e iniciación dos oportunos expedientes de desafiuzamento, co consiguinte lanzamento da vivenda, para a súa posterior adxudicación a outro beneficiario, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 7 de maio de 1999.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Marcos Serén López e outros (Herdeiros de José L. Serén Muíños).

Expediente:C-1-CD/79 (Desafiuzamento F.P. 10/1999).

Conta: 474.

O Birloque, bloque 12, P-12, 9º B (A Coruña).

Importe débeda: 1.882.122 ptas.

Alejandro Escudero García e herdeiros. Expediente: C-3-IV/75 (Desafiuzamento F.P. 24/1999.

Conta: 82.

Rúa Carlos Maside nº 22, bloque 11, 1º Esq. (Santiago de Compostela).

Importe débeda: 1.678.157 ptas.

Antonio Doallo Nespereira e herdeiros.

Expediente: C-1-IV/75 (Desafiuzamento F.P. 33/1999).

Conta: 10.

Arquitecto Domingo Andrade 3, bloque 2, P-2, 1º Dta.(Santiago de Compostela).

Importe débeda: 43.900 ptas.

Gumersindo Pardo García e herdeiros.

Expediente: C-2-IV/75 (Desafiuzamento F.P. 43/1999).

Conta: 282.

r/ Touro 47, 1º Esq. (Santiago de Compostela).

Importe débeda: 1.777.121 ptas.