Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Venres, 11 de xuño de 1999 Páx. 7.407

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 14 de maio de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da iniciación do expediente sancionador 15-164/1999, en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións

públicas e do procedemento administrativo común do 26 de novembro (BOE do 27-11-1992), notifícaselle ás persoas mencionadas a continuación (que non puideron ser notificadas no último domicilio coñecido que asi mesmo se indica) a iniciación do expediente 15-164/1999 por infracción en materia de defensa do consumidor.

O que se lle comunica ó interesado para que no prazo de 10 días hábiles, contados a partir do seguinte ó desta notificación, efectúe as actuacións preliminares, a achega de cantas alegacións ou informacións estime convenientes, e se é o caso, a proposición e práctica de probas, advertindo ó interesado de que lle queda posto de manifesto o expediente, e que, de non efectuar alegacións ó contido do presente acordo de iniciación, este poderá ser considerado como proposta de resolución.

Expediente: 15-164/1999.

Inculpado: Grupo Goncasse, S.L.

Domicilio: Urbanización Soto, rúa 185, B. A Coruña.

Motivos: obstrucción ó labor inspector.

Data da iniciación: 27-4-1999.

A Coruña, 14 de maio de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña