Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Venres, 11 de xuño de 1999 Páx. 7.406

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 7 de maio de 1999, da Área Provincial da Coruña, de notificación de requirimentos de pagamento ós debedores que se relacionan (expediente C-109-CD/67, conta 177 e catro máis).

En cumprimento do disposto no artigo 1.17º da Lei 4/1999, de 13 de xaneiro, que modifica a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co establecido nos artigos 1124, 1504, 1501 e 1091 do Código Civil e a cláusula III e V do contrato de compravenda, notifícaselles ós interesados cos datos e último domicilio coñecido (identificado por nº de expediente e conta) que a continuación se relacionan, os requirimientos de pagamento dos recibos pendentes e que ascenden ás cantidades que se sinalan, facéndolles constar que se irán incorporando ó total da débeda os posteriores vencementos que resulten non pagados e que lles serán reclamados por tódolos medios legais.

Tendo en conta as obrigas dimanantes dos contratos subscritos por vostedes coa Xunta de Galicia e de acordo co establecido no artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, concédelles un prazo de dez días hábiles para que se poñan ó das súas obrigas, ou comparezan na delegación provincial, en trámite de audiencia para os efectos de presenta-los documentos e xustificacións que estimen convenientes ó seu dereito.

En caso contrario procederase á resolución dos seus contratos e iniciación dos oportunos expedientes de desafiuzamento, co conseguinte lanzamento da vivenda, para a súa posterior adxudicación a outro beneficiario, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 7 de maio de 1999.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Maximino Comesaña López e herdeiros.

Expediente:C-109-CD/67 (Desafiuzamento F.P. 70/1999).

Conta: 177.

r/ Armada Española, bloque 32, P-13, 6º D, Polígono de Caranza (Ferrol).

Importe débeda: 205.786 ptas.

José Fernández Vigo e herdeiros.

Expediente: C-109-CD/67 (Desafiuzamento F.P. 71/1999).

Conta: 51.

r/ Armada Española, bloque 29, P-3, 8º B, Polígono de Caranza (Ferrol).

Importe débeda: 461.152 ptas.

Daniel Abelleira Filgueiras e herdeiros.

Expediente: C-103-CD/67 (Desafiuzamento F.P. 108/1999).

Conta: 30.

Avda. Castelao, bloque 36, P-10, 2º B, Polígono de Caranza (Ferrol).

Importe débeda: 71.162 ptas.

Hipólita Prada Méndez e herdeiros.

Expediente: C-103-CD/67 (Desafiuzamento F.P. 109/1999).

Conta: 32.

Avda. Castelao, bloque 36, P-10, 2º D, Polígono de Caranza (Ferrol).

Importe débeda: 129.882 ptas.

Juan A. Graña Requejo e herdeiros

Expediente: C-103-CD/67 (Desafiuzamento F.P. 110/1999).

Conta: 95.

Avda. Castelao, bloque 37, P-6,4º D, Polígono de Caranza (Ferrol).

Importe débeda: 335.492 ptas.