Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Venres, 11 de xuño de 1999 Páx. 7.404

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 1999 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso con procedemento aberto e trámite de urxencia, das obras que se citan. (Clave OH.315.451 e sete máis).

A) Obra.

1. Ampliación da rede de saneamento de Cabo de Cruz. (Boiro-A Coruña).

Clave: OH.315.451.

Orzamento: noventa millóns catrocentas sesenta e oito mil setecentas noventa e nove pesetas (90.468.799 ptas. equivalente a 543.728,433 euros).

Prazo de execución: 32 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c.

Fianza provisional: non se esixe.

2. Captación e abastecemento de auga ós núcleos de Bretoña, Francos, Toucido e Santalla. (A Pastoriza e Riotorto-Lugo).

Clave: OH.227.296.

Orzamento: trinta millóns novecentas setenta e cinco mil pesetas (30.975.000 ptas., equivalente a 186.163,499 euros).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c.

Fianza provisional: non se esixe.

3. Saneamento e depuración de augas residuais na parroquia de Carballedo. (Cotobade-Pontevedra).

Clave: OH.336.418.

Orzamento: sesenta millóns de pesetas. (60.000.000 de ptas., equivalente a 360.607,263 euros).

Prazo de execución: 24 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c.

Fianza provisional: non se esixe.

4. Saneamento e depuración de augas residuais na parroquia de San Pedro de Tenorio. (Cotobade-Pontevedra).

Clave: OH.336.409.

Orzamento: sesenta millóns de pesetas (60.000.000 de ptas., equivalente a 360.607,263 euros).

Prazo de execución: 24 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c.

Fianza provisional: non se esixe.

5. Abastecemento de auga a Currás. (Tomiño-Pontevedra).

Clave: OH.236.428.

Orzamento: vintesete millóns seiscentas oitenta e nove mil cento noventa pesetas (27.689.190 ptas., equivalente a 166.415,384 euros).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c.

Fianza provisional: non se esixe.

6. Depósito de auga en Moreira e rede de abastecemento. (Marín-Pontevedra).

Clave: OH.236.417.

Orzamento: cento corenta e sete millóns novecentas setenta e nove mil setecentas corenta e tres pesetas (147.979.743 ptas., equivalente a 889.376,167 euros).

Prazo de execución: 24 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría d.

Fianza provisional: non se esixe.

7. Ampliación do abastecemento de Salvaterra de Miño-segunda e terceira fase. (Salvaterra de Miño-Pontevedra).

Clave: OH.236.422.

Orzamento: cento noventa e un millóns trescentas dezanove mil trescentas trinta e oito pesetas (191.319.338 ptas., equivalente a 1.149.852,379 euros).

Prazo de execución: 24 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría d.

Fianza provisional: non se esixe.

8. Saneamento e depuración a diversos núcleos do concello de Arbo. (Arbo-Pontevedra).

Clave: OH.336.427.

Orzamento: cento oitenta e dous millóns oitocentas noventa e dúas mil cento trinta e nove pesetas (182.892.139 ptas., equivalente a 1.099.203,893 euros).

Prazo de execución: 36 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría d. Grupo K, subgrupo 8, categoría d.

Fianza provisional: non se esixe.

(Declaradas urxentes conforme o establecido no artigo 72 da Lei de contratos das administracións públicas).

B) Documentos de intesese para os licitadores.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como os proxectos, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, no organismo autónomo Augas de Galicia -Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda-, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

C) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a fianza provisional indicada na alínea A) anterior, salvo nos casos establecidos no parágrafo 2 do artigo 36 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas (modificado polo artículo 77 da Lei 66/1997, do 30 de decembro, BOE do 31 de decembro), e unha fianza definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

As devanditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

D) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do día cinco (5) de xullo de 1999.

F) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación, na sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ás dez horas do día quince (15) de xullo de 1999.

G) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe deste anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 1999.

Agustín Hernández Fdez. de Rojas

Presidente do organismo autónomo

Augas de Galicia