Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Venres, 11 de xuño de 1999 Páx. 7.406

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 1999 pola que se fai pública a adxudicación da contratación, polo sistema de concurso aberto, da obra terminación de 30 vivendas, garaxes e rochos nas Neves, provincia de Pontevedra. (Expediente PO-99/010).

Para os efectos do disposto no artigo 94 da Lei de contratos das administracións públicas, faise público que por resolución do director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo do 10 de maio de 1997, adoptada en virtude de delegación conferida mediante resolución do presidente do Instituto Galego da Vivenda e Solo do 6 de abril de 1995, foille adxudicado o contrato á empresa Agrupconsa, S.L., por un importe de cento cincuenta millóns trescentas setanta e dúas mil duascentas vintecatro (150.372.224) pesetas, IVE incluído.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 1999.

P.D. (Resolución do 6-4-1995)

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego

da Vivenda e Solo