Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Venres, 11 de xuño de 1999 Páx. 7.404

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 1999 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de poxa con procedemento aberto e trámite de urxencia, da obra de clave OH.532.353.

A) Obra.

Saneamento, desaugadoiros e abastecemento en Medeiros. (Monterrei-Ourense).

Clave: OH.532.353.

Orzamento: dez millóns cen mil pesetas (10.100.000 ptas., equivalente a 60.702,223 euros).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: non se esixe.

Requisitos específicos do contratista: os licitadores deberán presentar, para os efectos de acredita-la súa solvencia económica e financeira, os documentos citados no artigo 16 da Lei 13/1995, letra a) e a súa solvencia técnica mediante os documentos citados no artigo 17, letras a) e b) da mesma lei.

De posuí-lo licitador clasificación do grupo E, subgrupo 1, categoría b, será eximido da presentación da solvencia económica e financeira e da solvencia técnica.

Fianza provisional: duascentas dúas mil pesetas (202.000 ptas., equivalente a 1.214,044 euros).

(Declarada urxente conforme o establecido no artigo 72 da Lei de contratos das administracións públicas).

B) Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares, así como os proxectos, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, no organismo autónomo Augas de Galicia-Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda-, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

C) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a fianza provisional indicada na alínea A) anterior, e unha fianza definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

As devanditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

D) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do día cinco (5) de xullo de 1999.

F) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación, na sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ás dez horas do día quince (15) de xullo de 1999.

G) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe deste anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 1999.

Agustín Hernández Fdez. de Rojas

Presidente do organismo autónomo Augas

de Galicia