Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Venres, 11 de xuño de 1999 Páx. 7.403

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 30 de marzo de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, relativo á iniciación do procedemento de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Esperón, Serra Ladeiras e O Viso, a favor dos veciños de Fonte Arcada, no concello dos Blancos (Ourense).

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense acordou, en sesión celebrada con data do doce de xuño de mil novecentos noventa e seis, inicia-lo expediente de clasificación como veciñal en man común do monte coas características que a seguir se relacionan, nomeándose instructores do expediente a Abel Carvajales Santaeufemia e Manuel Bouzas Costa. O cal se publica de acordo co establecido no artigo 23.2º do Decreto 260/1992, do 4 de setembro (DOG nº 186, do 23 de setembro) polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Concello: Os Blancos.

Monte denominado: Esperón, Sierra Ladeiras e O Viso.

Comunidade propietaria: veciños de Fonte Arcada.

Superficie: 155 ha aproximadamente en conxunto.

Monte Esperón: dunha superficie de 50 ha, aproximadamente.

Estremas:

Norte: predios particulares Fonte Arcada.

Sur: predios particulares Covas.

Leste: predios particulares Feás/Tosende.

Oeste: predios Comunal Covas.

Monte Serra Ladeiras: dunha superficie de 70 ha, aproximadamente.

Estremas:

Norte: comunal Serois.

Sur: predios particulares Fonte Arcada.

Leste: predios particulares Serois.

Oeste: predios particulares Fonte Arcada.

Monte O Viso: dunha superficie de 35 ha, aproximadamente.

Estremas:

Norte: predios particulares Fonte Arcada.

Sur: predios particulares Os Campos.

Leste: predios particulares Fonte Arcada.

Oeste: predios comunal Ortiguedo.

Iníciase a apertura do período dun mes para a práctica de alegacións a partir do día seguinte á publicación do presente edicto no DOG.

Ourense, 30 de maio de 1999.

Miriam López Areal

Secretaria do Xurado Provincial de Clasificación

de Montes Veciñais en Man Común de Ourense

Visto e prace

Agustín Prado Verdeal

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación

de Montes Veciñais en Man Común de Ourense