Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Venres, 11 de xuño de 1999 Páx. 7.394

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de maio de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia o outorgamento do permiso de investigación Arnego, 2648.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra fai saber que con data do 16 de xaneiro de 1998 se outorgou o permiso de investigación Arnego nº 2648, de 84 cuadrículas mineiras para recursos da sección C) granito ornamental, que se sitúa nos termos municipais de Agolada, Lalín e Rodeiro da provincia de Pontevedra.

O que se fai público para o seu xeral coñecemento e en cumprimento do artigo 101 do Regulamento xeral para o réxime da minería do 25 de agosto de 1978.

Pontevedra, 13 de maio de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra