Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Venres, 11 de xuño de 1999 Páx. 7.394

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de maio de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia o outorgamento do permiso de investigación Coto, 2735.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra fai saber que con data do 6 de abril de 1999 se outorgou o permiso de investigación Coto nº 2735, de 15 cuadrículas mineiras para recursos de granito ornamental, que se sitúa nos termos municipais de Cotobade e Ponte Caldelas da provincia de Pontevedra.

O que se fai público para o seu xeral coñecemento e en cumprimento do artigo 101 do Regulamento xeral para o réxime da minería do 25 de agosto de 1978.

Pontevedra, 13 de maio de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra