Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Venres, 11 de xuño de 1999 Páx. 7.393

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de maio de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 363/1998).

Vista a solicitude para autorización administrativa, recoñecemento de utilidade pública, coa relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se consideran de necesaria expropiación, así como aprobación do proxecto de execución que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171-15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Maravilla (Cedeira).

Liña eléctrica aérea a 20 kV cunha lonxitude de 0,346 km con orixe na L.M.T.S. a C.T. Beco e final no C.T. proxectado Beco. Liña de media tensión subterránea a 20 kV, cunha lonxitude de 0,06 km, con orixe na L.M.T.S. a C.T. Instituto (Expte. 50101), e final na mesma liña C.D. Instituto. Liña de media tensión subterránea a 20 kV cunha lonxitude de 0,02 km con orixe no C.D. Instituto, e final no apoio nº 1 da L.M.T. a C.T. Beco. Centro de transformación tipo intemperie Beco cunha potencia de 100 kVA e relación de transformación de 20.000/380-220 V. Centro de transformación tipo prefabricado C.D. Instituto, de potencia nula, e relación de transformación 20.000/380-220 V liña de baixa tensión aérea, cunha lonxitude de 0,44 km, conductor tipo R.Z. e apoios de formigón, no termo municipal de Cedeira.

A petición someteuse a información pública, coa relación de propietarios, bens e dereitos afectados, publicáronse no DOG do 21-12-1998 e no BOP do 30-11-1998, no xornal La Voz de Galicia do día

25-11-1998 e nos taboleiros de anuncios da Casa do Concello de Cedeira ó mesmo tempo, notificouse individualmente a cada un dos interesados que figuran na dita relación.

EstadDelegación provincial comprobou que a liña ó seu paso polos predios relacionados na información pública, non incorre en ningunha das prohibicións contempladas no artigo 57.A. da Lei 54/1997, de 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE do 28 de novembro) e no artigo 25 do Decreto 2619/1966 de 20 de outubro (BOE do 24 outubro).

Así mesmo comprobouse que as alegacións efectuadas polos interesados en canto á modificación do trazado da liña eléctrica non poden ser tidas en conta por non darse as condicións previstas no artigo 57.B. da devandita lei e artigo 26 do mencionado decreto.

Vista a Lei 54/1997, do 27 de novembro do sector eléctrico, os decretos 2617/1966 e 2619/1966, do 20 de outubro sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, e cumpridos os trámites regulamentarios establecidos, esta delegación provincial resolveu:

Autorizar e aproba-lo proxecto das citadas instalacións e declarar, en concreto, a súa utilidade pública que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente no seu dereito.

A Coruña, 11 de maio de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña