Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Venres, 11 de xuño de 1999 Páx. 7.391

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de mayio de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/135-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T.C. Mesoiro, 30.

Situación: A Coruña.

Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 15 kV baixo tubo e conductor R.H.V-12/20 kV de 3(1x240) mmAl, de 775 m de lonxitude, con orixe no C.T.C. Mesoiro nº 30 e final en C.T. Mesoiro nº 30, que se vai instalar. Centro de transformación en caseta prefabricada de formigón, de 400 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV en Mesoiro nº 30, do que parte rede subterránea en conductor R.V. de 120 m de lonxitude. A Coruña.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta Delegación Provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 5 de maio de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña