Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Venres, 11 de xuño de 1999 Páx. 7.392

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/138-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S. Eirís-Linares Rivas ( tres circuítos).

Situación: A Coruña.

Características técnicas: liñas eléctricas subterráneas de media tensión, a 15 kV baixo tubo e con conductor R.H.V-12/20 kV de 3(1x240) mmAl de 760 m de lonxitude, con orixe no C.T. A Palloza e final en centro reflexión Linares Rivas de 780 m de lonxitude, con orixe na liña que une C.T. pesca a C.T. A Palloza e final en centro reflexión Linares Rivas de 890 m de lonxitude, con orixe na liña que une C.T. cable Tabacos a C.T. E. Golpe e final en centro reflexión Linares Rivas A Coruña.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 5 de maio de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña