Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Venres, 11 de xuño de 1999 Páx. 7.391

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/238-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: R.B.T. de Bidueiros.

Situación: municipio de Narón. A Coruña.

Características técnicas: liñas eléctricas aéreas de baixa tensión, a 380/220 V, sobre apoios de formigón e con conductor R.Z.: de 1.210 m de lonxitude, partindo do C.T. Bidueiros, que se vai instalar.- De 595 m de lonxitude, partindo do C.T. Bidueiros existente. De 1.490 m de lonxitude, partindo do C.T. Vilallonte. Narón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 5 de maio de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña