Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Venres, 11 de xuño de 1999 Páx. 7.381

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 1999, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade á corrección de erros nas listas reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, relativas ó corpo de auxiliares técnicos da Xunta de Galicia (grupo D), escala de axentes forestais, publicadas por Resolución do 10 de marzo de 1999 (Diario Oficial de Galicia número 53, do 17 de marzo).

Advertidos erros materiais nas listas reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, relativas ó corpo de auxiliares técnicos da Xunta de Galicia (grupo D), escala de axentes forestais, publicadas no DOG nº 53, do 17 de marzo de 1999, esta dirección xeral, en aplicación do establecido no artigo 105.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común

RESOLVE:

Publica-la rectificación dos erros materiais indicados no sentido de incluír a Germán Cendán Seco, Fernando Moure Gañete e José Manuel Taboada Míguez na lista do corpo de auxiliares técnicos da Xunta de Galicia (grupo D), escala de axentes forestais, pasando a ocupar nas devanditas listas o seguinte nº de orde nos ámbitos que se indican:

-Germán Cendán Seco

A Coruña: 150

Lugo: 165

Ourense: 154

Pontevedra: 149

-Fernando Moure Gañete

A Coruña: 82

Lugo: 91

Ourense: 85

Pontevedra: 80

-José Manuel Taboada Míguez

A Coruña: 84

Lugo: 94

Ourense: 87

Pontevedra: 84

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 1999.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública