Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Venres, 11 de xuño de 1999 Páx. 7.381

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 1999, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas para a cobertura, con carácter temporal, mediante o nomeamento de persoal interino, de postos de traballo reservados a funcionarios, reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, e correspondentes ó corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de enxeñeiros de camiños, canles e portos, de conformidade co punto terceiro da Resolución do 10 de febreiro de 1999 (Diario Oficial de Galicia número 32, do 17 de febreiro).

Publicada a Resolución do 10 de febreiro de 1999 (DOG nº 32, do 17 de febreiro) relativa á publicación das listas para a cobertura, con carácter temporal, mediante o nomeamento de persoal interino, de postos de traballo reservados a funcionarios, reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, e correspondentes ó corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de enxeñeiros de camiños, canles e portos, e unha vez rematado o prazo previsto no punto terceiro da citada resolución, constatada a existencia dalgúns erros materiais nas listas publicadas por parte da comisión permanente de selección de persoal para a cobertura de postos de traballo reservados a funcionarios, na sesión que tivo lugar o 31 de maio de 1999, unha vez elevada a correspondente proposta, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Facer públicas, unha vez emendados os erros materiais constatados, as listas para a cobertura, con carácter temporal, para o nomeamento de persoal interino, de postos de traballo reservados a funcionarios, correspondentes ó corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de enxeñeiros de camiños, canles e portos, da forma que a continuación se indica:

Anexo I: figuran os solicitantes incluídos nas listas.

Anexo II: figuran os solicitantes excluídos con expresión das causas de exclusión.

Segundo.-Os citados anexos atópanse expostos nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia e Administración Pública e nos das súas delegacións provinciais, no da Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Vigo e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-As listas entrarán en vigor a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Para os efectos de información, o teléfono de contacto é o 902 12 00 12 en horarios das 9 ás 19 horas de luns a venres e das 9 ás 14 horas os sábados.

Cuarto.-Contra esta resolución poderán os interesados interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 1999.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública