Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Venres, 11 de xuño de 1999 Páx. 7.382

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 2 de xuño de 1999 pola que se declaran aptos na fase de prácticas os opositores que superaron o procedemento selectivo para o ingreso no corpo de mestres, convocado pola Orde do 6 de maio de 1992 (DOG do 7).

Pola Orde do 7 de outubro de 1998 nomeáronse funcionarios en prácticas do corpo de mestres os opositores que superaron o procedemento selectivo convocado pola Orde do 6 de maio de 1992 (DOG do 7).

Rematada a fase de prácticas e vistas as propostas efectuadas polas comisións avaliadoras, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

DISPÓN:

Declarar aptos na fase de prácticas e aprobados definitivamente no procedemento selectivo para o ingreso no corpo de mestres, convocado pola Orde do 6 de maio de 1992 (DOG do 7) os opositores que figuran no anexo da Orde do 7 de outubro de 1998.

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 1999.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria