Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Xoves, 10 de xuño de 1999 Páx. 7.321

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 23 de abril de 1999 pola que se lle notifica o laudo da Xunta Arbitral de Consumo de Galicia do 18 de febreiro de 1999 á empresa Europea de Gas Butano, S.L. por ser devolto polo servicio de correos por resultar ausente o seu destinatario.

De conformidade co establecido no artigo 59.4º da lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, po la presente cédula ponse en coñecemento da empresa Europea de Gas Butano, S.L. o laudo arbitral dictado, o día 18 de febreiro de 1999, polo colexio arbitral nomeado para resolve-la reclamación formulada por Manuela Fernández Pérez contra a devandita empresa.

Empresa reclamada: Europea de Gas Butano, S.L.

Enderezo: Ulpiano Villanueva, 1 Santiago de Compostela (A Coruña).

Reclamante: Manuela Fernández Pérez.

Laudo:

«O Colexio Arbitral, segundo o seu leal saber e entender, pronunciou o seguinte laudo en equidade:

Estímase a reclamación formulada por Manuela Fernández Pérez, debendo a empresa Europea de Gas Butano, S.L. proceder á devolución das trinta e unha mil trescentas corenta e cinco (31.345) pesetas mediante xiro postal ó domicilio desta ou mediante calquera outro medio que ambas partes, de mutuo acordo, consideren máis conveniente.

O devandito laudo foi adoptado por unanimidade.

O prazo para o cumprimento dste laudo é de 10 días a partir da súa notificación.

Notifíqueselles ás partes o presente laudo, facéndolles saber que ten carácter vinculante e executivo e que é eficaz desde o día da súa notificación, así como que contra este cabe o recurso de anulación de acordo co previsto no artigo 45 e seguintes da Lei 36/1988, do 5 de decembro, de arbitraxe».

Dentro dos cinco días seguintes á notificación poderá pedir ó colexio arbitral que corrixa calquera erro de cálculo, de copia, tipográfico ou similar ou que aclaren algún concepto escuro ou omisión do laudo.

Santiago de Compostela, 23 de abril de 1999.

Carlos Rodríguez Montero

Secretario do Colexio Arbitral da Coruña