Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Xoves, 10 de xuño de 1999 Páx. 7.313

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 25/1-2, 4477 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Hidráulica de Loureiro, S.L.

Enderezo social: Cervantes, 24-1º, 33000 Oviedo.

Denominación: L.M.T. interconexión L.M.T. Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.e central hidráulica Loureiro.

Situación: A Pobra de Brollón.

Descricións técnicas: liña de media tensión a 20 kV con orixe no nó 100 de L.M.T. Monforte-Palacios de Veiga e rematará na central hidráulica de Loureiro, cunha lonxitude de 8.125 metros en conductor une LA-110, para interconexión entre L.M.T. de U.E. Fenosa y central hidráulica de Loureiro, no concello da Pobra de Brollón.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997 do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características axustaranse en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Lugo, 26 de marzo de 1999.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo