Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Xoves, 10 de xuño de 1999 Páx. 7.312

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 1999 pola que se anuncia, polo sistema de concurso de procedemento aberto, declarado de urxencia, a obra de construcción dun pavillón polideportivo no centro de ensino de Betanzos (A Coruña).

1. Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia.

a) Organismo: Consellería de Educación e O.U.

b) Dependencia que tramita: Subdirección Xeral de Construccións e E.

c) Número de expediente:

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: construcción dun pavillón polideportivo no centro de ensino.

b) Lugar de execución: Betanzos (A Coruña)

c) Prazo de execución: 8 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 72.501.481 pesetas.

5. Garantías.

Provisional: ver prego.

6. Obtención de documentación e información.

6.1. Información.

a) Entidade: Consellería de Educación e O.U. (oficina de Información).

b) Enderezo: edificio Adtvo. San Caetano, s/n, e delegacións provinciais da Consellería de Educación e O.U.

6.2. Documentación.

a) Teléfono: 981 59 23 93.

b) Enderezo: c/ Novar de Abaixo 12. Santiago de Compostela (A Coruña)

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo: C, subgrupo: todos, e categoría: D.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: ás 14 horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación desta resolución neste diario; se coincide en día inhábil, trasladarase ó seguinte día hábil.

b) Documentación que hai presentar: a sinalada no punto 9 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1ª. Entidade: Rexistro Xeral. Consellería de Educación e O.U.

2ª. Enderezo: Edificio Adtvo. San Caetano, s/n.

3ª. Localidade e código postal: Santiago de Compostela. 15704.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta (concurso): ata a resolución de adxudicación do concurso.

e) Admisión de variantes (concurso): non se admiten variantes económicas.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Educación e O.U. (sala de xuntas).

b) Enderezo: Edificio Adtvo. San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o sexto día hábil contado desde o remate do prazo de presentación das proposicións; se coincide en día inhábil, trasladarase ó seguinte día hábil.

e) Hora: 10 horas.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 1999

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria