Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Xoves, 10 de xuño de 1999 Páx. 7.312

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 1999, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se somete a información pública expediente de modificación concesional (ampliación de tráficos) do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V-0052; XG-001, Ferrol-Praia da Frouxeira por Sedes, con anexos.

Ó abeiro do establecido na Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, e no seu regulamento de execución, aprobado polo Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, iniciouse expediente de modificación concesional (ampliación tráficos) mediante a incorporación dos tramos Praia da Frouxeira (Punta leste)-Praia da Frouxeira (Punta oeste), Valdoviño-Somozas e Puntal-Cedeira, como anexos da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V-0052; XG-001, Ferrol-Praia da Frouxeira por Sedes, con anexos, da titularidade de Francisco Candocia Villadoniga.

Os interesados ou afectados no expediente poderán comparecer no procedemento e, tralo exame da documentación pertinente no Servicio Provincial de Transportes da Coruña (estación de autobuses), efectua-las alegacións que consideren oportunas no prazo dun mes contado a partir do día da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 1999.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes