Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Xoves, 10 de xuño de 1999 Páx. 7.311

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 1999, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai público o cambio de titularidade da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V-2214; XG-203, entre Canzobre e A Coruña.

O acordo directivo do 19 de abril de 1999 autorizou a transmisión da concesión de referencia a favor da empresa Orons Bus, S.L. por cesión do seu anterior titular, Emilia López Facal.

O novo concesionario queda subrogado nos dereitos e obrigas da concesión.

O que se publica para os efectos legais oportunos.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 1999.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes