Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Xoves, 10 de xuño de 1999 Páx. 7.311

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 1999, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai público o cambio de titularidade da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V-7036; XG-410, entre Trabada e Ribadeo, con anexo.

O acordo directivo do 3 de xaneiro de 1999 autorizou a transmisión da concesión de referencia a favor da empresa Autobuses de Trabada, S.L. por cesión do seu anterior titular, José Rodríguez Bermúdez.

O que se publica unha vez cubertos os requisitos a que se condicionou a dita autorización, quedando subrogado o novo concesionario nos dereitos e obrigas da concesión.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 1999.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes