Ó abeiro do establecido na disposición transitoria segunda da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, e do Decreto 302/1998, do 3 de novembro, da Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas da Xunta de Galicia, iníciase expediente de substitución da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada que a continuación se indica:
V-7026; XG-400, Muxía-Santiago de Compostela, con anexos, e Aguiño-Noia, con anexos, da titularidade da empresa Hermanos Ferrín, S.L.
Os interesados ou afectados neste expediente poderán presentarse no procedemento e tralo exame da documentacion pertinente no Servicio Provincial de Transportes da Coruña (estación de autobuses), efectua-las observacións que consideren oportunas no prazo dun mes contado desde o día da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 10 de maio de 1999.
Juan Carlos Villarino Tejada
Director xeral de Transportes