Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Mércores, 09 de xuño de 1999 Páx. 7.281

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

POXA de obras de plans provinciais e Interrex.

No BOP de Ourense, do día da data, publícanse íntegros os pregos de condicións para a contratación das obras que se relacionan, mediante poxa, en procedemento aberto e trámite urxente. As ofertas e a documentación presentaranse ata as 12 horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación

deste anuncio no DOG, no Rexistro Xeral da Deputación de Ourense. A apertura de documentación terá lugar o seguinte día hábil (agás sábados), ás 12 horas, no Pazo Provincial. A documentación que hai que presentar, modelo de presentación e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que lles será facilitado gratuitamente ós que o soliciten, no Rexistro da Deputación Provincial de Ourense, rúa do Progreso, 32, ou por teléfono: 988 38 51 00 e fax: 988 38 51 84.

Relación de obras:

Nº e plan/denominación/concello/prazo execución/clasificación/orzamento.

31/Int/97/Estrada Xinzo-Cualedro-Xironda-Front. Portugal/Cualedro/3 meses/-/6.768.952 ptas.

17/PB/99/Acond. camiños Prado-Cal, Souto-Pousadoiro/Castrelo de Miño/4 meses/-/13.150.000 ptas.

82/RVL (PB)/99/CV 318 Bellao-Barra de Miño/Coles/6 meses/A.1.c e G.6.c/50.000.000 de ptas.

465/POL (RVL)/99/Toro-Camba/Laza/5 meses/G.6.c/25.000.000 de ptas.

471/POL/99/Sto. e Abst. en Moura/Nogueira de Ramuín/5 meses/-/13.890.000 ptas.

492/POL/99/Sto. e depuración residuais en Sever, Vilaseco, Puxeiro e Ramilo/Viana do Bolo/5 meses/-/15.975.000 ptas.

Ourense, 2 de xuño de 1999.

O presidente

Rubricado