Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Mércores, 09 de xuño de 1999 Páx. 7.282

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

XUNTA DE CASTELA E LEÓN

ANUNCIO (175/1999).

Eu, Luis Aznar Fernández, delegado territorial de León, da Xunta de Castela e León, fago saber que, esgotado sen resultado o trámite usual de notificacións, previsto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27-11-1992), e utilizando o procedemento previsto no núm. 4 do devandito artigo, se comunica que se dictou resolución sancionadora no expediente que se relaciona:

-Expediente núm. 175/1999, acta de infracción número 1820/1998, empresa Construcciones Riveiro, S.L. domiciliada en Neira e San Paio da Pobra de San Xiao (Lugo), por infracción ó artigo 49.1º da Lei 8/1988, do 7 de abril, Resolución do

5-5-1999, pola que se impón unha sanción de cincuenta e unha mil pesetas (51.000 ptas).

Contra a dita resolución, que non pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada perante o delegado territorial da Xunta de Castela e León en León, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa notificación, de acordo co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común.

E para que lle sirva de notificación en forma á empresa antes sinalada, con último domicilio coñecido nesa localidade, expido o presente anuncio en León o doce de maio de mil novecentos noventa e nove.

Rubricado