Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Mércores, 09 de xuño de 1999 Páx. 7.281

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

ANUNCIO do 10 de maio de 1999, do Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico e Social, de concurso, por procedemento aberto, de subministración.

1. Entidade adxudicadora: Instituto Lucense de Desenvolvrmrnto Económico e Social-Inludes.

2. Obxecto: subministracións de etiquetas para o centro de Artesanía e Deseño do Inludes.

3. Orzamento: sete millóns cincocentas mil (7.500.000 ptas).

4. Prazo de entrega: 1 mes desde a data de adxudicación.

5. Garantía provisional: dous por cento do orzamento de licitación, depositada na Tesourería do Inludes.

6. Información: Sección Servicios Xerais-Negociado Xestión de Programas Rexistro e Información.

7. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 26 días naturais, a partir do seguinte ó da publicación do presente extracto de anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a especificada no prego de cláusulas económico administrativas particulares.

c) Rexistro xeral do Inludes, de 10 a 14 horas.

8. Gastos de anuncios: a cargo do adxudicatario.

O texto íntegro do presente anuncio figura publicado no BOP nº 101 do 6 de maio de 1999.

Lugo, 10 de maio de 1999.

Francisco Cacharro Pardo

Presidente da Deputación Provincial de Lugo

Fautino Martínez Fernández

Secretario da Deputación Provincial de Lugo