Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Mércores, 09 de xuño de 1999 Páx. 7.278

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MOAÑA

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión ordinaria realizada o día 25-3-1999, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle na rúa José Costa Alonso, 78, solicitada por Mª Pilar Rodríguez Pena, redactado polo arquitecto José Díaz de la Iglesia.

Contra este acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderase interpor, no prazo de dous meses, recurso contencioso-administrativo, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen prexuízo de que poida exercerse, se é o caso, calquera outro recurso que se considere procedente.

Moaña, 12 de abril de 1999.

Xabier Abalo Costa

Alcalde