Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Mércores, 09 de xuño de 1999 Páx. 7.279

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE REDONDELA

ANUNCIO.

Por resolución desta alcaldía do 29 de abril de 1999, prestouse aprobación definitiva o proxecto de urbanización da rúa paralela a Padre Crespo, promovido por Promociones Rodríguez Couñago, S.L., de acordo co proxecto inicialmente aprobado visado polo Colexio Oficial de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos de Galicia con data do 16 de marzo de 1998.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o alcalde, no prazo dun mes contado a partir do seguinte día a aquel en que teña lugar a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, ou recurso contencioso-administrativo diante da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses computados de idéntico xeito; sen prexuízo de que poida exercerse, se é o caso, calquera outro recurso que se considere procedente.

O que se fai público de conformidade co establecido no artigo 141.4º do Regulamento de planeamento.

Redondela, 29 de abril de 1999.

Amado Ricón Virulegio

Alcalde