O Pleno da Corporación, en sesión ordinaria realizada o día 25-3-1999, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle en Palmás, 53, solicitado por Rodrigo Piñeiro Palmás, redactado polo arquitecto José Díaz de la Iglesia.
Contra este acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderase interpor, no prazo de dous meses, recurso contencioso-administrativo, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen perxuízo de que poida exercerse, se é o caso, calquera outro recurso que se considere procedente.
Moaña, 12 de abril de 1999.
Xabier Abalo Costa
Alcalde