Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Mércores, 09 de xuño de 1999 Páx. 7.268

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 1999 pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas dos contratos administrativos que se citan.

O presidente do organismo autónomo Augas de Galicia, en virtude das facultades que lle confire a Lei 8/1993, do 23 de xuño, reguladora da Administración hidráulica de Galicia, modificada pola Lei 2/1998, do 8 de abril, resolveu adxudica-los seguintes traballos:

-Ampliación do abastecemento en Cangas. (Cangas-Pontevedra).

Adxudicatario: Movex Vial, S.L.

Orzamento: 55.000.000 de ptas.

-Abastecemento a Lantaño e outros. (Portas-Pontevedra).

Adxudicatario: Construcciones, Obras y Viales, S.A. (COVSA).

Orzamento: 42.280.053 ptas.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas e 119 do regulamento.

Santiago de Compostela, 26 de maio de 1999.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente do Organismo Autonómo Augas de Galicia