En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación Gandeira da Comarca de Sarria que ten os seguintes ámbitos:
Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.
Profesional: poderán pertencer á devandita asociación os gandeiros que sexan titulares dunha explotación de gando de leite e carne e que desexen mellora-la calidade e productividade da súa explotación.
Asinan a acta de constitución: Antonio Rey López e dúas persoas máis.
Santiago de Compostela, 21 de maio de 1999.
José María Fernández Olea
Director xeral de Relacións Laborais