Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Mércores, 09 de xuño de 1999 Páx. 7.267

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 1999, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público a modificación estatutaria da Asociación de Agricultores A Peroxa.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral, se presentou o día 12 de maio de 1999 certificación expedida pola secretaria da devandita asociación, María José Salgado Castro, avalada co visto e prace do presidente, José Manuel Vázquez Pereira, na que se recolle o acordo acadado por unanimidade pola asemblea xeral extraordinaria celebrada o día 13 de marzo de 1999, e que se concreta na modificación do artigo 3 dos estatutos referente ó ámbito territorial da asociación, que pasa a comprende-los municipios da Peroxa, Nogueira de Ramuín, Carballedo e Pantón, pertencentes ás provincias de Ourense e Lugo.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 1999.

José María Fernández Olea

Director xeral de Relacións Laborais