En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación Firmes Empresarios Productores de Lácteos (Feplac) que ten os seguintes ámbitos:
Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.
Profesional: poderán pertencer á devandita asociación as persoas físicas ou xurídicas relacionadas
coa actividade gandeira do leite de vaca, e que teñan cota de producción láctea asignada.
Asinan a acta de constitución: Xosé Xaquín López Ares e seis persoas máis.
Santiago de Compostela, 14 de maio de 1999.
José María Fernández Olea
Director xeral de Relacións Laborais