Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Mércores, 09 de xuño de 1999 Páx. 7.268

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 1999 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso de proxecto e execución, procedemento aberto e trámite de urxencia, da obra de clave OH.315.440.

a) Obra.

1. Saneamento de Calo e O Milladoiro. (Ames e Teo-A Coruña).

Clave: OH.315.440.

Orzamento: trescentos sesenta e seis millóns setecentas unha mil setecentas noventa pesetas (366.701.790 ptas., equivalente a 2.203.922,145 euros).

Prazo de execución: 36 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría d; grupo k, subgrupo 8, categoría d.

Fianza provisional: non se esixe.

(Declarada urxente conforme o establecido no artigo 72 da Lei de contratos das administracións públicas).

b) Documentos de intesese para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como os pregos de bases, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, no organismo autónomo Augas de Galicia, Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

c) Garantías que se lles esixen ós licitadores: esixirase a fianza provisional indicada na alínea A) anterior, salvo nos casos establecidos no parágrafo 2 do artigo 36 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas (modificado polo artículo 77 da Lei 66/1997, do 30 de decembro, BOE do 31 de decembro), e unha fianza definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata da solución elixida.

As devanditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

d) Modelo de proposición: proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo e lugar para a presentación de proposicións: as proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do día dezaseis (16) de xullo de 1999.

f) Apertura das proposicións: a apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación, na sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ás dez horas do día vinteseis (26) de xullo de 1999.

g) Documentos que deben presenta-los licitadores: os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 1999.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente do organismo autónomo

Augas de Galicia