Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Mércores, 09 de xuño de 1999 Páx. 7.264

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 7 de maio de 1999, da Delegación Territorial de Vigo, pola que se fai pública unha relación de notificacións de resolucións de recursos ordinarios de expedientes sancionadores (PO-0121-98 e outro máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas que se citan a continuación, a resolución dos recursos ordinarios dos expedientes instruídos por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio (DOG do 27 de maio), de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros.

Os ditos interesados dispoñen dun prazo de oito días contados a partir do seguinte á publicación deste edicto, para poder examina-los expedientes na Delegación Territorial de Vigo e presenta-lo recurso correspondente.

Nº de expediente: PO-0121-98.

Denunciado: Estanislao Graña Gil.

Enderezo: Viso 17, Hío, Cangas-Pontevedra.

Precepto infrinxido: 5.3º, 6.10º da Lei 6/1991, do 15 de maio.

Sanción: cen mil pesetas (100.000 ptas.).

Recurso ordinario presentado o día: 10 de setembro de 1998.

Resolución do recurso ordinario: non admitido por ser extemporáneo.

Nº de expediente: PO-0344-98.

Denunciado: Manuel Méndez García.

Enderezo: Ardía 174, O Grove-Pontevedra.

Precepto infrinxido: 6.6º da Lei 6/1991, do 15 de maio.

Sanción: vintecinco mil unha pesetas (25.001 ptas.).

Recurso ordinario presentado o día: 2 de xullo de 1998.

Resolución do recurso ordinario: desestimatoria, confirmando a resolución de vintecinco mil unha pesetas (25.001 ptas.).

De conformidade co previsto na orde de Economía e Facenda do 22 de maio de 1987 (DOG nº 104, do 3 de xuño), as devanditas sancións deberán ser aboadas na Caixa de Aforrros de Galicia, oficina principal de Vigo. Título da conta Tesouro da Facenda galega. Conta restrinxida da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura. Recadación de multas e sancións. Delegación de Vigo (Pontevedra). C/C nº 2091-0501-66-3110000041, nos prazos establecidos no Regulamento xeral de recadación. No suposto de non seren aboadas procederase, sen máis trámtie, ó seu cobro pola vía de constrinximento regulamentaria.

Vigo, 7 de maio de 1999.

Rosa María Quintana Carballo

Delegada territorial de Vigo