Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Mércores, 09 de xuño de 1999 Páx. 7.264

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 3 de maio de 1999 pola que se aproba o cambio de dominio da batea Torres Caneda III.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos de transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que os interesados obtiveron a autorización previa prevista no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio) e o artigo 10 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG nº 228, do 21-11-1996) e que foi acreditada a transmisión de dereitos e aboados os impostos correspondentes.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e establecemento que se relaciona a continuación:

Nome do viveiro: Torres Caneda III.

Cultivo: mexillón (M. galloprovincialis).

Localización: cuadrícula nº 131 O Grove E.

Data da concesión: 9-12-1964.

Data do remate da última prórroga: 6-1-2005.

Anteriores concesionarios: Torres Caneda, Manuel (35.351.935) e Caneda Sestay, Mª Teresa (35.351.961).

Novos titulares da concesión: Mougán Allo, Ramiro (35.447.118); Mougán Allo, Faustino (35.448.592); Mougán Allo, Juan-Francisco (35.438.169); Mougán Allo, José Mª (35.428.045); Mougán Allo, Mª Carmen (35.427.531); García Silva, Dolores-Teresa (35.443.736); Dios Dios, Manuela (35.455.064) e Ramos Suárez, Mª Dolores (35.435.011).

Os novos concesionarios quedan subrogados nos mesmos dereitos e obrigas dos anteriores concesionarios, así como ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lles sexan aplicables e de categoría suficiente.

Vigo, 3 de maio de 1999.

P.D. (Orde 27-6-1990, DOG 134/10-7-1990)

Rosa Mª Quintana Carballo

Delegada territorial de Vigo