Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Mércores, 09 de xuño de 1999 Páx. 7.265

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 7 de maio de 1999, da Delegación Territorial de Vigo, pola que se fai pública unha relación de notificacións de resolución de expedientes sancionadores (PO-0966-98 e outro máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas que se citan a continuación, a resolución dos expedientes instruídos por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio (DOG do 27 de maio), de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros.

Os ditos interesados dispoñen dun prazo de oito días contados a partir do seguinte á publicación deste edicto, para poder examina-los expedientes na Delegación Territorial de Vigo e presentar ante a citada delegación as alegacións que coiden pertinentes.

Nº de expediente: PO-0966-98.

Denunciado: José Mª Vázquez Pomares.

Enderezo: Celso Emilio Ferreiro 18-3º A, Cambados-Pontevedra.

Precepto infrinxido: 6.3º, 6.7º, 6.12º da Lei 6/1991, do 15 de maio.

Sanción: 185.001 ptas.

Nº de expediente: PO-0988-98.

Denunciado: Guillermo García Otero.

Enderezo: Alexandre Bóveda, 70, O Grove-Pontevedra.

Precepto infrinxido: 6.17º da Lei 6/1991, do 15 de maio.

Sanción: 50.000 ptas.

De conformidade co previsto na orde de Economía e Facenda do 22 de maio de 1987 (DOG nº 104, do 3 de xuño), as devanditas sancións deberán ser aboadas na Caixa de Aforrros de Galicia, oficina principal de Vigo. Título da conta Tesouro da Facenda galega. Conta restrinxida da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura. Recadación de multas e sancións. Delegación de Vigo (Pontevedra). C/C nº 2091-0501-66-3110000041, nos prazos establecidos no Regulamento xeral de recadación. No suposto de non seren aboadas procederase, sen máis trámtie, ó seu cobro pola vía de constrinximento regulamentaria.

Vigo, 7 de maio de 1999.

Rosa María Quintana Carballo

Delegada territorial de Vigo