Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Mércores, 09 de xuño de 1999 Páx. 7.258

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/113-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra del Jallas, S.A.

Domicilio social: Praza da Constitución 17, 15000 Cee.

Denominación: L.M.T., C.T. de 100 kVA e R.B.T. en Cambeiro de Abaixo.

Situación: Outes.

Características técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV, sobre apoio de formigón e con conductor LA-56 de 11 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 7 da liña que alimenta o C.T. Valadares e remate no C.T. Cambeiro de Abaixo, que se vai instalar. Centro de transformación tipo intemperie, de 10 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, en Cambeiro de Abaixo, do que parte rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e con conductor R.Z. de 730 m de lonxitude. Outes.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 3 de maio de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña