Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Mércores, 09 de xuño de 1999 Páx. 7.258

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/102-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra del Jallas, S.A.

Domicilio social: Praza da Constitución 17, 15000 Cee.

Denominación: L.M.T.S., C.T. e R.B.T. en Botellóns.

Situación: Cee.

Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V.-12/20 kV, de 3(1x240) mm Al, con orixe na liña subterránea subestación Pontella-hospital de Cee, de 6 m de lonxitude e remate no C.T. Botellóns, que se vai instalar. Centro de transformación en caseta prefabricada de formigón, de 400 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en Botellóns, do que parte rede subterránea de baixa tensión en conductor R.Z. e 2 m de lonxitude. Cee.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 3 de maio de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña