Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: r/ Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.
Denominación: R.B.T. Castroverde 2ª fase (Castroverde).
Situación: Castroverde.
Descricións técnicas: R.B.T. aérea de Castroverde (2ª fase) de 3.660 metros de lonxitude a 380/220 V sobre apoios de formigón en conductor R.Z.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Lugo, 4 de maio de 1999.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo