Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Mércores, 09 de xuño de 1999 Páx. 7.257

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/35-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45. 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T.S. adecuación seccións O Barco.

Situación: O Barco de Valdeorras.

Descricións técnicas: 6 L.M.T.S. a 15 kV en conductor R.H.V.-12/20 kV:

1ª. De 165 metros, con orixe no C.T. Don Carlos e remate na L.M.T.S. do C.T. Penasforcadas.

2ª. De 625 metros, con orixe na L.M.T.S. do C.T. Penasforcadas e remate no C.T. Conde de Fenosa.

3ª. De 235 metros, con orixe na L.M.T.S. do C.T. Conde de Fenosa e remate no C.T. residencia.

4ª. De 255 metros, con orixe no C.T. Xeneral Franco 2 e remate no C.T. caixa de aforros.

5ª. De 10 metros, con orixe na L.M.T.S. do C.T. caixa de aforros e remate na L.M.T.S. ó C.T. Telefónica.

6ª. De 145 metros, con orixe no C.T. caixa de aforros e remate no C.T. Telefónica.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 3 de maio de 1999.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

4676