Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Mércores, 09 de xuño de 1999 Páx. 7.257

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/34-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T.S. saídas subestación San Cibrao.

Situación: San Cibrao das Viñas.

Descricións técnicas: 3 L.M.T. subterráneas a 20 kV. En conductor R.H.V.-12/20 kV:

(1ª) De 980 metros de lonxitude, con orixe na subestación de San Cibrao e remate nas saídas 2, 6 e 7.

(2ª) De 210 metros, con orixe na saída 7 da subestación e remate no C.T. nº 3.

(3ª) De 660 metros, con orixe no C.T. nº 3 e remate na L.M.T. de C.T. diario de Ourense.

Acondicionamento do C.T. nº 3 de 630 kVA, R/T 20.000/380-220 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 3 de maio de 1999.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

4677