Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Mércores, 09 de xuño de 1999 Páx. 7.257

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/36-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45. 32003 Ourense.

Denominación: retranqueo da L.M.T. a Bóveda.

Situación: Coles.

Descricións técnicas: desvío da L.M.T. a Bóveda ó seu paso pola parcela do serradoiro de Cambeo para poder darlles máis altura ás naves da dita industria nunha lonxitude de 117 metros desde o apoio de derivación da L.M.T. a C.T. Bóveda ata o apoio nº 11 da L.M.T. proxectada Cambeo-Bóveda.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 3 de maio de 1999.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense