Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Mércores, 09 de xuño de 1999 Páx. 7.232

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 28 de maio de 1999 pola que se fixa o prezo de venda ó público da publicación Lei de Administración Local de Galicia.

A Lei 13/1999, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6 sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo de informe favorable da Consellería de Economía e Facenda e publicado no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir este mandato e logo de emiti-lo preceptivo informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, esta consellería

DISPON:

Artigo único.

Primeiro.-Queda aprobado o prezo de venda ó público da publicación editada por esta consellería e que se relaciona no anexo.

Segundo.-Este prezo entenderase con IVE incluído.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 1999.

Jesús C. Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior e

Relacións Laborais

ANEXO

Título: Lei de Administración Local de Galicia.

Prezo: 450 ptas.