Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Mércores, 09 de xuño de 1999 Páx. 7.231

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 4 de xuño de 1999 pola que se determinan os servicios mínimos dirixidos a garanti-los servicios prestados polo persoal facultativo e enfermeiros de atención primaria do Servicio Galego de Saúde durante a folga que se levará a efecto desde as 8 horas do día 9 de xuño ata as 8 horas do día 10 de xuño, desde as 8 horas do día 16 de xuño ata as 8 horas do día 17 de xuño, desde as 8 horas do día 23 de xuño ata as 8 horas do día 24 de xuño, desde as 8 horas do día 30 de xuño ata as 8 horas do día 1 de xullo de 1999.

O artigo 28.2º da Constitución española recoñece, como dereito fundamental da persoa, o dereito á folga.

O exercicio deste dereito na Administración e nas empresas, entidades e institucións públicas ou privadas, que presten servicios públicos ou de recoñecida e inaprazable necesidade no ámbito e competencias da Comunidade Autónoma de Galicia, está condicionado ó mantemento dos servicios esenciais fixados no artigo 2 do Decreto 155/1998, do 9 de xuño (DOG nº 116, do 20 de xuño de 1998), entre os que se atopa a sanidade.

O exercicio público da prestación da asistencia sanitaria non se pode ver afectado gravemente polo lexítimo dereito do exercicio de folga, xa que aquel é considerado e recoñecido prioritariamente en relación a este.

O artigo 3 do citado decreto faculta os conselleiros competentes, por razón dos servicios esenciais afectados, para que, mediante orde e diante de cada situación de folga, decidan o mínimo de actividade necesaria para asegura-lo mantemento de tales servicios, así como para determina-lo persoal necesario para a súa prestación.

Convocada unha folga que afecta o persoal facultativo e os enfermeiros de atención primaria do Servicio Galego de Saúde que se levará a efecto desde as 8 horas do día 9 de xuño ata as 8 horas do día 10 de xuño, desde as 8 horas do día 16 de xuño

ata as 8 horas do día 17 de xuño, desde as 8 horas do día 23 de xuño ata as 8 horas do día 24 de xuño, desde as 8 horas do día 30 de xuño ata as 8 horas do día 1 de xullo de 1999, oído o comité de folga, esta consellería

DISPÓN:

Artigo 1º

A folga convocada desde as 8 horas do día 9 de xuño ata as 8 horas do día 10 de xuño, desde as 8 horas do día 16 de xuño ata as 8 horas do día 17 de xuño, desde as 8 horas do día 23 de xuño ata as 8 horas do día 24 de xuño, desde as 8 horas do día 30 de xuño ata as 8 horas do día 1 de xullo de 1999 que afecta o persoal facultativo e os enfermeiros de atención primaria do Servicio Galego de Saúde, enténdese condicionada ó mantemento dos servicios mínimos confeccionados de acordo cos criterios rectores recollidos nesta orde, que figurarán expostos nos taboleiros de anuncios de cada centro.

Os servicios mínimos que se fixan resultan totalmente imprescindibles para mante-la adecuada cobertura dos servicios da institución sanitaria, para evitar que se produzan graves prexuízos ós usuarios.

Tales mínimos responden á necesidade de compatibiliza-lo respecto ineludible ó exercicio do dereito á folga coa atención ós usuarios que baixo ningún concepto poden quedar desasistidos polas características do servicio dispensado.

E por iso mantéñense os servicios mínimos necesarios para garanti-la asistencia imprescindible ós pacientes, así como a atención urxente ós usuarios, que non pode aprazarse sen consecuencias negativas para a saúde.

Entrando na análise pormenorizada dos servicios mínimos, establécense os criterios rectores de determinación destes que se corresponden cos asinados coas centrais sindicais con motivo das folgas anteriores.

Os ditos criterios rectores explicítanse do seguinte xeito:

Persoal médico e enfermeiro:

I. Cobertura do 100% da actividade urxente.

II. Os servicios mínimos que se fixan no tramo ordinario de atención prestarán asistencia urxente ou inaprazable desa unidade calquera que sexa a modalidade da prestación:

Persoal médico e enfermeiros:

-En centros con catro ou menos profesionais: 1 efectivo por categoría.

-En centros con cinco a oito profesionais: 2 efectivos por categoría.

-En centros con nove a doce profesionais: 3 efectivos por categoría.

-En centros con máis de 13 profesionais: 4 efectivos por categoría.

Artigo 2º

A designación nominal, con carácter rotatorio, do persoal que deberá cubri-los distintos servicios, será determinada polo director-xerente, procedéndose á súa publicación nos taboleiros de anuncios do centro de traballo.

Artigo 3º

Os prazos e as alteracións no traballo por parte do persoal necesario para o mantemento dos servicios mínimos determinados en cada centro, de acordo cos criterios anteriores, que figurarán expostos nos taboleiros de anuncios de cada centro, serán considerados ilegais para os efectos do establecido no artigo 16.1º do Real decreto lei 17/1977, do 4 de marzo (BOE nº 58, do 9 de marzo de 1977).

Artigo 4º

O disposto nos artigos anteriores non significará ningún tipo de limitación dos dereitos que a normativa reguladora da folga recoñece ó persoal nesta situación, nin tampouco sobre a tramitación e efectos das peticións que a motiven.

Artigo 5º

Sen prexuízo do que establecen os artigos anteriores, deberanse observa-las normas legais e regulamentarias vixentes en materia de garantías dos usuarios dos establecementos sanitarios.

Disposicion derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 1999.

José Mª Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais