Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Mércores, 09 de xuño de 1999 Páx. 7.181

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 170/1999, do 7 de maio, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ó título de técnico superior en instalacións electrotécnicas.

A Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, dispón no seu artigo 4 que lles corresponde ás administracións educativas competentes establece-los currículos dos ciclos formativos.

En aplicación do devandito artigo, de acordo coas atribucións recollidas no Estatuto de autonomía, no Real decreto 1763/1982 sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de educación e no Real decreto 676/1993, do 7 de maio, que establece as directrices xerais sobre os títulos de formación profesional e as súas ensinanzas mínimas, díctase o Decreto 239/1995, do 28 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas de formación profesional e as directrices sobre os seus títulos na Comunidade Autónoma de Galicia, determinando os aspectos que deben cumpri-los currículos dos diferentes ciclos formativos.

O Real decreto 621/1995, do 21 de abril, establece o título de técnico superior en instalacións electrotécnicas e as súas correspondentes ensinanzas mínimas, en consonancia co devandito Real decreto 676/1993.

O Real decreto 1635/1995, do 6 de outubro, adscribe o profesorado dos corpos de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional ás especialidades propias da formación profesional específica.

O Real decreto 777/1998, do 30 de abril, polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo, completa a ordenación básica relativa a estas ensinanzas.

Seguindo os principios xerais que rexerán a actividade educativa, recollidos nos preceptos anteriores, o currículo dos ciclos formativos da formación profesional específica establécese de xeito que permita a adaptación da nova titulación ó eido profesional e de traballo na realidade socioeconómica galega e ás necesidades de cualificación do sector productivo da nosa economía, tendo en conta a marxe suficiente de autonomía pedagóxica que posibilite ós centros adecua-la docencia ás características do alumnado e ó contorno sociocultural do centro.

Isto require o posterior desenvolvemento nas programacións elaboradas polo equipo docente do ciclo formativo que concrete a adaptación sinalada, tomando como referencia inmediata as capacidades profesionais que definen o perfil profesional do títu

lo. Estas permitirán realiza-lo rol do posto de traballo en actividades específicas que producen resultados concretos, dirixi-las variacións que se dan na práctica do traballo e nos procesos productivos, actuar correctamente ante anomalías, dirixi-lo conxunto do traballo e acada-los obxectivos da organización, así como establecer prioridades e actuar en coordinación con outros departamentos.

O currículo que se establece no presente decreto desenvólvese tendo en conta os obxectivos xerais que fixan as capacidades que o alumnado debe acadar ó finaliza-lo ciclo formativo, e describen o conxunto de aptitudes que configura a cualificación profesional, así como os obxectivos dos distintos módulos profesionais, expresados neste decreto como capacidades terminais elementais, que definen en termos de resultados avaliables o comportamento, saber e comprender, que se require do alumnado para acada-los logros profesionais do perfil profesional.

Estas capacidades acádanse a partir duns contidos mínimos necesarios de tipo conceptual, procedemental e actitudinal, que proporcionarán o soporte de información e destreza precisos para desenvolver comportamentos profesionais, tanto no aspecto tecnolóxico como de valoración funcional e técnica. Estes contidos son igualmente importantes xa que todos eles levan a acada-las capacidades terminais elementais sinaladas en cada módulo. Preséntanse agrupados en bloques que non constitúen un temario nin son unidades compartimentadas que teñan por si mesmas sentido, a súa estructura responde a aquilo que deberá ter en conta o profesorado á hora de elabora-las programacións de aula e a orde na que se presentan non implica secuencia.

O proxecto integrado, que se inclúe neste ciclo formativo, permite comprender globalmente os aspectos sobresaíntes da competencia profesional característica do título que foron abordados noutros módulos profesionais. Ademais, integra ordenadamente distintos coñecementos sobre organización, características, condicións, tipoloxía, técnicas e procesos que se desenvolvan nas diferentes actividades productivas do sector ó que corresponda o título e, ó mesmo tempo, permite adquirir coñecementos, habilidades, destrezas e actitudes que favorecen o desenvolvemento daquelas capacidades relacionadas coa profesión que, sendo demandadas polo contorno productivo en que radica o centro, non puideron ser recollidas no resto dos módulos profesionais.

A inclusión do módulo de formación en centros de traballo (FCT) posibilita que o alumnado complete a competencia profesional acadada no centro educativo, mediante a realización dun conxunto de actividades productivas e/ou de servicios -contidosdo centro de traballo. Estas actividades de referencia poden ser modificadas ou substituídas por outras que, adaptándose mellor ó proceso productivo ou de servicios do centro de traballo, conduzan á adquisición das capacidades terminais deste módulo.

Os centros educativos disporán dun determinado número de horas que lles permitirán realiza-lo desenvolvemento curricular establecendo os obxectivos, contidos, criterios de avaliación, secuencia

e metodoloxía que respondan ás características do alumnado e ás posibilidades de formación que ofrece o seu contorno.

Por todo isto, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, co informe do Consello Galego de Ensinanzas Técnico-profesionais e do Consello Escolar de Galicia e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día sete de maio de mil novecentos noventa e nove,

DISPOÑO:

I. Título, perfil e currículo

Artigo 1º.-Identificación do título.

1. Este decreto establece o currículo que será de aplicación na Comunidade Autónoma galega para as ensinanzas de formación profesional relativa ó título de técnico superior en instalacións electrotécnicas, regulado polo Real decreto 621/1995, do 21 de abril, polo que se aproban as ensinanzas mínimas.

2. A denominación, nivel de formación profesional e duración do ciclo formativo son as que se establecen no punto 1 do anexo deste decreto.

Artigo 2º.-Perfil profesional.

A competencia xeral, capacidades profesionais, unidades de competencia, realizacións e criterios de realización, dominio profesional, así como a evolución da competencia e a posición no proceso productivo que definen o perfil profesional do título son as que se establecen no número 2 do anexo deste decreto.

Artigo 3º.-Currículo do ciclo formativo.

O currículo do ciclo formativo é o que se establece no número 3 do anexo deste decreto, sendo as capacidades terminais elementais os resultados avaliables de cada módulo.

II. Ordenación académica e impartición

Artigo 4º.-Admisión de alumnado.

Os criterios de prioridade na admisión de alumnado para acceder a este ciclo formativo en centros sostidos con fondos públicos son os que se expresan no punto 4.1 do anexo deste decreto.

Artigo 5º.-Profesorado.

1. As especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos que compoñen este título son as que se expresan no número 4.2.1 do anexo deste decreto.

2. As materias de bacharelato que poden ser impartidas polo profesorado das especialidades relacionadas no presente título, son as que se expresan no punto 4.2.2 do anexo deste decreto.

3. As titulacións declaradas equivalentes para efectos de docencia, son as que se expresan no punto 4.2.3 do anexo deste decreto.

Artigo 6º.-Espacios e instalacións.

Os requisitos de espacios e instalacións que deben reuni-los centros educativos para a impartición do presente ciclo formativo son os que se determinan no punto 4.3 do anexo deste decreto.

Artigo 7º.-Validacións, correspondencias a acceso a estudios universitarios.

1. Os módulos susceptibles de validación por estudios de formación profesional ocupacional ou correspondencia coa práctica laboral son os que se especifican, respectivamente, nos números 4.4.1 e 4.4.2 do anexo deste decreto.

2. Sen prexuízo do anterior, por proposta dos ministerios de Educación e Cultura e de Traballo e Asuntos Sociais, poderanse incluír, se é o caso, outros módulos susceptibles de validación e correspondencia coa formación profesional ocupacional e a práctica laboral.

3. As persoas que cursen este ciclo formativo poderán unha vez que o superen acceder ós estudios universitarios que se indican no número 4.4.3 do anexo deste decreto.

Artigo 8º.-Distribución horaria.

1. Os módulos profesionais deste ciclo formativo organizaranse segundo se establece no punto 4.5 do anexo deste decreto.

2. As horas de libre disposición que se inclúen neste punto serán utilizadas polos centros educativos para reforzar, nos módulos asociados a unidades de competencia, as capacidades de formación profesional de base ou de formación profesional específica, para lles dar resposta ás características dos alumnos, e ter en conta as necesidades de desenvolvemento económico, social e de recursos humanos do seu contorno socioproductivo.

Disposición adicional

Única.-A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poderá adecua-las ensinanzas deste ciclo formativo ás peculiares características da educación a distancia e da educación de persoas adultas, así como ás características dos alumnos con necesidades educativas especiais.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria para dictar cantas disposicións sexan precisas, no ámbito das súas competencias, para a execución e desenvolvemento do disposto no presente decreto.

Segunda.-O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, sete de maio de mil novecentos noventa e nove.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

1. Identificación do título.

-Denominación: instalacións electrotécnicas.

-Nivel: formación profesional de grao superior.

-Duración: 2.000 horas.

2. Perfil profesional.

2.1. Competencia xeral:

Os requirimentos xerais de cualificación profesional do sistema productivo para este técnico son:

* Desenvolver equipos e instalacións de distribución de enerxía eléctrica en media e baixa tensión (MT e BT) e centros de transformación (CT), instalacións singulares e de automatización para edificios destinados a vivendas, usos comerciais e industriais, partindo das especificacións técnicas e económicas acordadas co cliente.

* Coordinar e supervisa-la execución, posta en servicio, verificación e mantemento das ditas instalacións, optimizando os recursos humanos e medios dispoñibles, coa calidade requirida e nas condicións de seguridade e de normalización vixentes.

Este técnico actuará, en todo caso, baixo a supervisión xeral de arquitectos, enxeñeiros ou licenciados e/ou arquitectos técnicos, enxeñeiros técnicos ou diplomados.

2.2. Capacidades profesionais:

2.2.1. Capacidades técnicas:

* Analiza-los anteproxectos, especificacións técnicas e, en xeral, toda a documentación asociada a proxectos de equipos e instalacións electrotécnicas, interpretando adecuadamente os parámetros, símbolos e requirimentos, extraendo as conclusións e datos necesarios para o desenvolvemento do seu traballo.

* Elaborar informes de factibilidade e elabora-la documentación técnica de equipos e instalacións electrotécnicas, realizando os cálculos necesarios e achegando as solucións constructivas correspondentes.

* Poñer a punto e controla-la construcción, montaxe e funcionalidade dos equipos e instalacións electrotécnicas, establecendo as instruccións escritas requiridas (métodos, procedementos, tempos, especificacións de control, ...).

* Configurar, implantar e manter, ó seu nivel, instalacións automatizadas de xestión técnica para vivendas e edificios, seleccionando a topoloxía, os equipos e dispositivos e o software máis adecuado en función das especificacións técnicas e económicas prescritas.

* Participar na definición de especificacións de calidade e fiabilidade para a construcción dos equipos e instalacións electrotécnicas, preparando e executando as verificacións, probas e ensaios prescritos, elaborando a documentación requirida e dictaminando os resultados dos ensaios e medidas obtidas.

* Posuír un amplo coñecemento e dominio das tecnoloxías e dos dispositivos que configuran os equipos e instalacións electrotécnicas e das técnicas e medios

utilizados para as medidas dos seus parámetros característicos.

* Participar no establecemento e/ou mellora de procesos de mantemento dos equipos e instalacións electrotécnicas, colaborando no desenvolvemento de instrumentos específicos que optimicen eses procesos.

* Diagnosticar avarías en equipos e instalacións electrotécnicas coa fiabilidade, precisión e pulcritude requiridas, interpretando a súa documentación técnica e operando con destreza cos instrumentos, equipos e ferramentas hardware e software adecuados, respectando as precaucións e normas de seguridade oportunas.

* Da-lo soporte, formación e asesoramento técnico requirido a técnicos que dependen organicamente del.

* Posuír unha visión clara e integradora dos procesos de montaxe e mantemento dos equipos e instalacións electrotécnicas, nos seus aspectos humanos, tecnolóxicos, técnicos, de organización e económicos que lle permita organizalos e optimiza-la súa aplicación.

2.2.2. Capacidades para afrontar continxencias:

* Actuar en condicións de posible emerxencia, transmitindo con celeridade os sinais de alarma, dirixindo as actuacións dos membros do seu equipo e aplicando os medios de seguridade establecidos para previr ou corrixir posibles riscos causados pola emerxencia.

* Resolver problemas e tomar decisións sobre a súa propia actuación ou a doutros, identificando e seguindo as normas establecidas procedentes, dentro do ámbito da súa competencia, e consultando as devanditas decisións cando as súas repercusións na coordinación con outras áreas sexan importantes.

2.2.3. Capacidades para a dirección de tarefas:

* Manter comunicacións efectivas no desenvolvemento do seu traballo e en especial en operacións que esixan un elevado grao de coordinación con outras áreas da empresa e entre os membros do equipo que as acomete, interpretando ordes e información, xerando instruccións claras con rapidez e informando e solicitando axuda a quen proceda, cando se produzan continxencias na operación.

* Manter relacións fluídas cos membros do grupo funcional no que está integrado, responsabilizándose da consecución dos obxectivos asignados ó grupo, respectando o traballo dos demais, organizando e dirixindo tarefas colectivas e cooperando na superación de dificultades que se presenten cunha actitude tolerante cara ás ideas dos compañeiros e subordinados.

* Organizar e dirixi-lo traballo doutros técnicos de nivel inferior, dando instruccións sobre o control de procesos de mantemento en caso de modificacións derivadas dos programas establecidos e decidindo actuacións en casos imprevistos nos procesos de mantemento.

* Administrar e xestionar un pequeno taller ou empresa de construcción e/ou mantemento de equipos e instalacións electrotécnicas, coñecendo e cumprindo as obrigas legais que lle afecten.

2.2.4. Capacidade para adaptarse ó medio:

* Adaptarse a novas situacións laborais xeradas como consecuencia dos cambios producidos polas técnicas, a organización laboral e os aspectos económicos relacionados coa súa actividade profesional e co sistema de producción da empresa.

2.3. Responsabilidade e autonomía nas situacións do traballo:

A este técnico, no marco das funcións e obxectivos asignados por técnicos de nivel superior ó seu, requiriránselle, nos campos ocupacionais concernidos, polo xeral, as capacidades de autonomía en:

* Achega de solucións constructivas de tipo hardware e/ou software no desenvolvemento de proxectos de aplicacións para equipos e instalacións electrotécnicas.

* Elaboración de documentación técnica (esquemas, programas de aplicación, resultados de probas e ensaios, ...) mediante a utilización de ferramentas informáticas adecuadas.

* Elaboración dos programas de control para as instalacións baseadas en equipos programables, mediante a utilización de linguaxes e ferramentas de programación adecuadas.

* Dirixi-la construcción e realiza-la posta a punto de equipos e instalacións electrotécnicas mediante a aplicación dos procedementos e medios manuais e/ou automáticos requiridos.

* Execución de ensaios de verificación, de calidade e fiabilidade dos equipos de medida e dispositivos de seguridade e control utilizados nas instalacións electrotécnicas.

* Aplicación das técnicas de diagnóstico e reparación de cadros eléctricos e instalacións electrotécnicas, mediante a operación destra de instrumentos de medida e útiles específicos para o seu mantemento.

* Proposta de procedementos e útiles específicos para a mellora dos procesos e procedementos de traballo.

* Organización e control do traballo realizado polo persoal ó seu cargo. Emisión de instruccións escritas sobre procedementos e secuencias de operación e control dos procesos.

* Programación e control das cargas de traballo para a obtención dos obxectivos predeterminados.

* Xestión da documentación e dos aprovisionamentos de materiais empregados na construcción e no mantemento de equipos e instalacións electrotécnicas.

* Elaboración de informes, ó seu nivel, dos ensaios de verificación, homologación e probas dos equipos e instalacións electrotécnicas, achegando solucións que permitan a corrección dos defectos atopados e, en xeral, a emisión de informes técnicos por requirimento dos seus superiores.

* Elaboración de estatísticas de mantemento e obtención de conclusións para a mellora dos procedementos de reparación e optimización dos procesos.

* Coordinación, ó seu nivel, das funcións de construcción, mantemento, calidade, innovación e melloras dos equipos e instalacións electrotécnicas.

* Elaboración da documentación administrativa necesaria para a implantación das instalacións electrotécnicas en vivendas e edificios.

2.4. Unidades de competencia:

2.4.1. Desenvolver e manter equipos e instalacións de distribución de enerxía eléctrica en media tensión (MT), baixa tensión (BT) e centros de transformación (CT).

2.4.2. Desenvolver e manter instalacións singulares no contorno dos edificios.

2.4.3. Desenvolver e manter equipos de control automático e instalacións automatizadas para vivendas e edificios.

2.4.4. Organizar, xestionar e controla-la execución e mantemento das instalacións electrotécnicas.

2.4.5. Realiza-la administración, xestión e comercialización nunha pequena empresa ou taller.

2.5. Realizacións e dominios profesionais:

2.5.1. Unidade de competencia 1: desenvolver e manter equipos e instalacións de distribución de enerxía eléctrica en media tensión (MT), baixa tensión (BT) e centros de transformación (CT):

RealizaciónsCriterios de realización

1.1.Definir ou participar na definición das especificacións técnicas e configurar instalacións eléctricas de media e baixa tensión, elaborando informes técnico-económicos que sirvan de base ós proxectos nas condicións de normalización electrotécnica e regulamentación administrativa vixentes.* O informe de especificacións recolle con precisión a finalidade, as características funcionais e técnicas da instalación e as súas condicións económicas.

* Reúnese a información (regulamentación electrotécnica, normativa administrativa, ...) necesaria e preceptiva para a elaboración do anteproxecto da instalación coa suficiente antelación, sendo a adecuada para o posterior desenvolvemento do proxecto.

* Delimítanse con precisión as condicións especiais da instalación (cruzamentos, paralelismos, paso por zonas).
* Defínense as características principais da instalación de acordo co tipo de subministración que van prestar, concretando a súa potencia e tensións de traballo.
* Selecciónase o tipo de distribución que configura a instalación (aérea, subterránea, sobre fachada) en función do tipo de subministración, a previsión de cargas e das súas características de trazado.
* As características dos equipos e dispositivos da instalación (transformadores, se é o caso, accionamentos, medidas, proteccións) son os requiridos para un funcionamento fiable nas condicións de tensión e potencia establecidas.
* As características de localización e disposición de armarios, celas e compoñentes permiten optimiza-lo aproveitamento dos espacios dispoñibles, respectando as distancias de seguridade prescritas.
* Configúrase a rede de terra da instalación de acordo coas medidas de seguridade eléctrica requiridas e prescritas pola normativa electrotécnica vixente.

RealizaciónsCriterios de realización

* Os esbozos elabóranse con claridade e recollen con precisión toda a información necesaria para a poste-rior elaboración dos esquemas e planos da instalación.
* O orzamento da instalación recolle con precisión o custo dos materiais e medios empregados e das unidades constructivas correspondentes.

1.2.Realizar, ó seu nivel, cálculos mecánicos e eléctricos, mediante a consulta das especificacións técnicas e económicas das instalacións eléctricas de media e baixa tensión, de acordo coa regulamentación electrotécnica vixente e baixo a supervisión do proxecto.* Nos cálculos mecánicos e eléctricos de liñas eléctricas de media, baixa tensión e centros de transformación utilízanse os medios (táboas, ábacos, programas informáticos) oportunos e/ou dispoñibles, tendo en conta as condicións e requisitos prescritos pola normativa electrotécnica vixente, entre outros:
-As cargas e sobrecargas posibles e nas distintas hipóteses de cálculo (cargas permanentes, presións debidas ó vento, sobrecargas motivadas polo xeo, desequilibrio de traccións nos distintos apoios).
-O tipo (metálicos, de formigón,...) e función (de aliñación, de ángulo, de ancoraxe,...) dos apoios, tirantes e as súas cimentacións correspondentes.
-As traccións máximas admisibles e frechas máximas dos conductores e cables de terra.
-As distancias, separacións e alturas dos conductores da liña.
-Ferraxes e illadores, respectando os coeficientes de seguridade prescritos.
-O réxime eléctrico de funcionamento, explicitando as intensidades máximas, as caídas de tensión e as perdas de potencia.
-A tipoloxía e características dos conductores.
-A densidade de corrente e as caídas de tensión admisibles nos conductores e a súa sección normalizada.
-Os factores de corrección prescritos (cables entubados, varios cables en conductos multitubulares, etc.).
-O nivel de illamento e distancias de seguridade.
-As resistencias de difusión máximas das postas a terra.
-A posta a terra do neutro.
-As condicións de ventilación, alturas e distancias mínimas dos embarrados e celas do centro de transformación, calibración de fusibles, capacidades dos transformadores e dos interruptores, intensidades e tempos fixados para a regulación dos relés, factor de potencia, sección dos conductores, instalación de posta a terra e demais condicións prescritas na correspondente regulamentación.
* No cálculo de instalacións de electrificación de baixa tensión utilízanse os medios (táboas, ábacos, programas informáticos) oportunos e/ou dispoñibles, tendo en conta as condicións e requisitos prescritos pola normativa electrotécnica vixente, entre outros:
-As características da alimentación da instalación: clase de corrente, tensión nominal, intensidade de curtocircuíto esperada na orixe da instalación.
-As características dos elementos constituíntes das instalacións de enlace e interiores:
-Acometida.
-Caixa xeral de protección.
-Número e tipo delas.
-Liña repartidora. Número delas, localización e características de instalación.

RealizaciónsCriterios de realización

-Centralización de contadores. Características dos instrumentos e equipos, da súa localización e situación.
-Derivacións individuais. Características de situación e dispositivos de mando e protección.
-Instalacións de interior. Elementos de corte e protección (calibre destes). Conductores, tomas de corrente, instalación de terra.
-A previsión de cargas dos edificios:
-Carga correspondente ó conxunto de vivendas.
-Carga correspondente ós servicios xerais do edificio (aparellos elevadores, iluminación de zonas comúns, servicios centralizados de calefacción e auga quente, outros servicios).
-Carga correspondente ós locais comerciais ou industriais.

1.3.Elaborar ou supervisa-la elaboración da documentación técnica e administrativa (planos, esquemas, relación de materiais, permisos de paso, boletíns) das instalacións eléctricas de media e baixa tensión no soporte adecuado e cos medios normalizados. * A documentación inclúe os documentos prescritos pola regulamentación electrotécnica e administrativa vixentes.

* A memoria descritiva da instalación inclúe, coa precisión requirida, polo menos:

-A descrición do trazado da liña.

-A relación de cruzamentos, paralelismos e demais situacións especiais reguladas.
-A descrición da instalación, indicando as súas características xerais e as dos materiais que se van utilizar.
-Os cálculos eléctricos e mecánicos xustificativos.
* A documentación técnica inclúe os esquemas eléctricos e planos de conxunto e de detalle necesarios (plano de situación representado a escala adecuada; o perfil lonxitudinal e a planta da distribución, o número de apoios, o seu tipo e sistema de fixación dos conductores, as lonxitudes dos vans, ángulos de trazado, distribución xeral e os armarios de forza, manobra, proteccións, conexión dos dispositivos e instrumentos de medida, ...) utilizando simboloxía e presentación normalizadas.
* Realízase a relación de materiais, equipos e dispositivos utilizando a codificación normalizada, garantindo a súa adquisición interna e/ou externa.
* Os planos constructivos dos armarios e cadros, se é o caso, recollen con suficiente precisión as características dos equipos para a súa construcción e implantación (dimensións físicas, localización de dispositivos e elementos, identificación codificada de cableados e conexións, etc.).
* A documentación técnica contén tódolos capítulos necesarios e normalizados internamente para o posterior desenvolvemento da execución e mantemento da instalación, incluíndo, entre outros:
-Proceso que hai que seguir na posta en servicio.
-Probas e axustes que hai que realizar no proceso de posta en marcha da instalación.
-Parámetros que hai que verificar e axustar.
-Marxes estables de funcionamento.
-Pautas para a realización do mantemento preventivo da instalación.

RealizaciónsCriterios de realización

1.4.Realizar, ó seu nivel, a verificación e posta en servicio das instalacións eléctricas de media e baixa tensión, levando a cabo as medidas, probas e ensaios prescritos, garantindo a calidade e fiabilidade do servicio que prestan de acordo coa regulamentación electrotécnica e coa normativa de seguridade vixentes.* A posta en servicio da instalación eléctrica está precedida pola elaboración dun plan sistemático de probas.

* A verificación dos instrumentos e dispositivos de medida da instalación realízanse seguindo os procedementos establecidos na súa documentación.

* A calibración dos dispositivos de protección (fusibles, etc.) realízase seguindo procedementos normalizados, asegurando que a súa actuación se atopa dentro das marxes prescritas na documentación da instalación.
* Os resultados das probas realizadas ós dispositivos de protección (sobretensións, sobreintensidades, defectos a terra, ...) responden ás súas especificacións funcionais e técnicas.
* O axuste dos parámetros característicos da instalación realízase de acordo co especificado na súa documentación e, en todo caso, co demandado polo responsable ou cliente.
* As probas realizadas na instalación, tanto en baleiro como en carga, garanten a súa correcta funcionalidade en condicións normais.
* As probas de resposta a continxencias realízanse na instalación seguindo o procedemento establecido, verificando as alarmas e respostas do sistema de protección.
* As modificacións realizadas na instalación recóllense con precisión e de forma normalizada na súa documentación.
* As medidas de seguridade eléctrica (circuítos de terra, dispositivos de protección na distribución...) axústanse ó prescrito na documentación da instalación.
* O informe de posta en servicio da instalación recolle, coa precisión requirida e no formato normalizado, a información prescrita (probas realizadas, valores medidos das variables da instalación, axustes realizados, modificacións efectuadas...), así como a súa aceptación por parte do responsable ou cliente.

1.5.Modificar e/ou elaborar procedementos para o mantemento das instalacións eléctricas de media e baixa tensión, optimizando os recursos humanos e materiais, garantindo a operatividade e seguridade na súa aplicación.* Os problemas detectados na aplicación do procedemento que hai que modificar están xustificados e explicados suficientemente no documento normalizado.

* A definición da solución do novo procedemento está precedida dos ensaios e probas necesarios para garanti-la solución máis idónea ó procedemento que hai que mellorar.

* O procedemento resultado ten en conta a optimización dos recursos materiais e humanos necesarios para a súa aplicación.
* As propostas dos cambios que hai que realizar están claramente xustificadas, especificadas e recollidas no documento correspondente, resolvendo de forma satisfactoria as deficiencias do procedemento.
* O novo procedemento recolle, no formato normalizado, os aspectos máis relevantes para a súa aplicación, entre outros:
-Fases que hai que seguir na aplicación do procedemento.
-Probas e axustes que hai que realizar.
-Medios que se deben utilizar.
-Parámetros que hai que controlar.
-Normas de seguridade persoal e dos equipos e materiais que hai que aplicar.
-Resultados esperados e/ou previsibles.

RealizaciónsCriterios de realización

-Documento normalizado que hai que cubrir.

1.6.Supervisar e/ou realiza-lo mantemento das instalacións eléctricas de media e baixa tensión, aplicando os plans preventivos establecidos, diagnosticando as causas de disfuncionalidade das devanditas instalacións, tomando, ó seu nivel, as medidas oportunas para o rápido e seguro restablecemento da súa operatividade.* Ante unha avaría nunha instalación eléctrica de media ou baixa tensión:

-As probas funcionais iniciais permiten verifica-los síntomas recollidos no parte de avaría e, en todo caso, precisa-la sintomatoloxía da disfunción.

-A hipótese de partida e o plan de actuación elaborado permiten diagnosticar e localizar con precisión o elemento ou elementos causantes da avaría.

-O diagnóstico e localización da avaría da instalación realízase utilizando a súa documentación técnica, as ferramentas e os instrumentos de medida apropiados, aplicando, nun tempo adecuado, o correspondente procedemento.
-O orzamento recolle con precisión a tipoloxía e custo da reparación.
-O control das operacións de montaxe, desmontaxe e substitución dos elementos da instalación, utilizando a documentación técnica (planos e procedementos normalizados) e as ferramentas apropiadas, aseguran a integridade dos materiais e medios utilizados e a calidade final das intervencións.
-Os axustes dos dispositivos e/ou equipos substituídos realízanse utilizando as ferramentas e útiles específicos, coa precisión requirida, seguindo os procedementos documentados.
-As probas funcionais, axustes finais e, en caso necesario, as probas de fiabilidade recomendadas, realízanse de forma sistemática, seguindo o procedemento especificado na documentación da instalación.
-A reparación do equipo e/ou instalación realízase respectando as normas de seguridade persoal, dos equipos e materiais recomendadas na súa documentación e, en todo caso, seguindo as pautas do bo facer profesional.
-O informe de reparación das avarías realízase no formato normalizado, recollendo a información suficiente para realiza-la facturación da intervención e actualización do histórico de avarías do equipo e/ou instalación.

Dominio profesional

Medios de producción e/ou tratamento da información:

-Material de debuxo. Calculadora. Ordenador. Periféricos de ordenador (impresora, trazador gráfico, táboa dixitalizadora). Programas informáticos de debuxo e deseño asistidos por ordenador (CAD-CAE) para a representación e cálculos (mecánicos e eléctricos) de instalacións eléctricas. Arquivadores de planos. Material de oficina xeral. Instrumentos de medida e verificación eléctrica (polímetro, pinza amperimétrica e vatimétrica, tenaces detectoras de fugas, telurómetro, localizador de cortes de cables subterráneos, medidor de fugas, luxómetro, termómetro, analizador de redes eléctricas polifásicas, equipos patrón para verificación de contadores de enerxía eléctrica polifásicos).

Materiais e productos intermedios:

-Esbozos de situación das instalacións. Cálculos. Planos e esquemas das instalacións. Listas de materiais. Aparellos eléctricos para media tensión (liñas e CT). Aparellos eléctricos xerais de mando, seccionamento, protección e medida.

Principais resultados do traballo:

-Documentación de anteproxectos técnico-económicos de instalacións eléctricas de distribución en MT, BT e CT. Documentación de proxectos de instalacións eléctricas de distribución en MT, BT e CT. Informes de verificación, posta en servicio e mantemento de instalacións eléctricas de distribución en MT, BT e CT.

Procesos, métodos e procedementos:

-Procedementos (manuais e asistidos por ordenador) de cálculo mecánico e eléctrico de liñas de distribución en MT, BT e CT. Procedementos de debuxo asistido por ordenador de liñas de distribución en MT, BT e CT. Procedementos de manobra (corte, posta a terra e regulación de transformadores) en liñas e centros de transformación de enerxía eléctrica. Procedementos de canalización en instalacións electrotécnicas. Procedementos de localización de avarías en liñas eléctricas. Procedementos de medida de resistencias de terra. Procedementos de medida de illamento. Procedementos de medida de rixidez dieléctrica. Procedementos de análise de redes eléctricas (análise de parámetros: potencia activa, tensión, intensidade e factor de potencia).

Información, natureza, tipo e soporte:

-Especificacións de proxectos de instalacións de distribución de EE en MT, BT e CT. Planos topográficos. Planos de planta e alzado de edificios. Regulamentación e normativa electrotécnica. Catálogos especializados de materiais e equipos eléctricos (en papel ou en soporte informático -bases de datos específicas-). Proxectos tipo das compañías eléctricas.

Normativa e regulamentación específica:

-Regulamento electrotécnico de BT e instruccións complementarias. Regulamento de liñas eléctricas aéreas de alta tensión. Regulamento de estacións de transformación. Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en centrais eléctricas, subestacións e centros de transformación. Regulamentos de verificacións eléctricas. Regulamento sobre acometidas eléctricas. Normas tecnolóxicas de edificación. Normas particulares das compañías eléctricas. Normas particulares de comunidades autónomas. Normas UNE de regulamentación electrotécnica. Normas de simboloxía e representación electrotécnica (UNE, CEI, CENELEC). Normativa sobre seguridade eléctrica. Normativa sobre ambiente (Regulamento de avaliación do impacto ambiental).

2.5.2. Unidade de competencia 2: desenvolver e manter instalacións singulares no contorno dos edificios:

RealizaciónsCriterios de realización

2.1.Defini-la configuración de instalacións de antenas (terrestres e vía satélite) no ámbito das vivendas e edificios, elaborando ou supervisando a elaboración da documentación técnica necesaria (planos, esquemas, lista de materiais, cálculos), asegurando unha adecuada distribución dos sinais en tódolos puntos da instalación.* O conxunto de especificacións da instalación recolle con precisión os seus requirimentos técnicos e económicos, de acordo co acordado co cliente.

* A configuración da instalación adóptase asegurando unha adecuada distribución do sinal en cada unha das súas tomas.

* A selección dos equipos, materiais e demais elementos da instalación (sistema captador de sinais, equipo de cabeza, dispositivos para o tipo de distribución de sinal elixido, cables) realízase tendo en conta:

-A súa condición de homologación, tanto interna como externamente, propondo para a súa homologación interna aqueles dos que a súa utilización sexa imprescindible.
-O cumprimento das condicións técnicas e económicas prescritas.
-A garantía de subministración e a súa dispoñibilidade nos prazos concertados.
* Na documentación da instalación:
-A memoria descritiva contén unha descrición detallada da función, características e cálculos da instalación.
-Os esquemas e planos de conxunto e de detalle necesarios represéntanse utilizando a simboloxía e representación normalizadas.
-A lista de equipos e materiais utiliza os códigos de identificación normalizados, facilitando a súa adquisición interna e/ou externa.
-As condicións especiais de localización (canalizacións, mastros e torres, elementos de antena e demais dispositivos) están xustificadas e detalladas textual e graficamente coa precisión requirida.
-O proceso de posta en servicio inclúe as verificacións e probas que se deben realizar, indicando os puntos de control e os parámetros específicos (intensidade de campo, relación portadora/ruído, intermodulación, nivel de sinal nas tomas dos usuarios ...) cos seus valores e/ou rangos adecuados.
-O orzamento da instalación recolle os custos dos medios, materiais e unidades constructivas da obra.
-As condicións e pautas necesarias para o mantemento preventivo e, se é o caso, o correctivo da instalación especifícanse con claridade, indicando as accións temporalizadas que se deben realizar.

2.2.Defini-la configuración de instalacións de telefonía interior e intercomunicación no ámbito das vivendas e edificios, elaborando ou supervisando a elaboración da documentación técnica necesaria (planos, esquemas, lista de materiais, cálculos básicos), asegurando unha comunicación puntual de calidade.* O conxunto de especificacións da instalación recolle con precisión os seus requirimentos técnicos e económicos, de acordo co acordado co cliente.

* A configuración da instalación adóptase asegurando unha adecuada distribución do sinal en cada unha das súas tomas.

* A selección dos equipos, materiais e demais elementos da instalación (centraliñas e terminais telefónicos, porteiros e videoporteiros electrónicos, canalizacións, cables, tomas e demais elementos auxiliares) realízase tendo en conta:

-A súa condición de homologación, tanto interna como externamente, propondo para a súa homologación interna aqueles dos que a utilización sexa imprescindible.
-O cumprimento das condicións técnicas e económicas prescritas.
-A garantía de subministración e a súa dispoñibilidade nos prazos concertados.
* Na documentación da instalación:

RealizaciónsCriterios de realización

-A memoria descritiva contén unha descrición detallada da función, características e cálculos da instalación.
-Os esquemas e planos de conxunto e de detalle necesarios represéntanse utilizando a simboloxía e representación normalizadas.
-A lista de equipos e materiais utiliza os códigos de identificación normalizados, facilitando a súa adquisición interna e/ou externa.
-As condicións especiais de localización están xustificadas e detalladas textual e graficamente coa precisión requirida.
-O proceso de posta en servicio inclúe as verificacións e probas que se deben realizar, indicando os puntos de control e os parámetros específicos (relación sinal/ruído, calidade do son e da imaxe...) cos seus valores e/ou rangos adecuados.
-O orzamento da instalación recolle os custos dos medios, materiais e unidades constructivas da obra.
-As condicións e pautas necesarias para o mantemento preventivo e, se é o caso, o correctivo da instalación especifícanse con claridade, indicando as accións temporalizadas que se deben realizar.

2.3.Defini-la configuración de instalacións de megafonía, elaborando ou supervisando a elaboración da documentación técnica necesaria (planos, esquemas, lista de materiais, cálculos básicos), asegurando unha difusión acústica uniforme e nítida en tódalas zonas de cobertura.* O conxunto de especificacións da instalación recolle con precisión os seus requirimentos técnicos e económicos, de acordo co acordado co cliente.

* A configuración da instalación adóptase asegurando unha adecuada distribución do sinal en cada unha das súas tomas.

* A selección dos equipos, materiais e demais elementos da instalación (micrófonos, amplificadores, mesturadores, ecualizadores, altofalantes) realízase tendo en conta:
-A súa condición de homologación, tanto interna como externamente, propondo para a súa homologación interna aqueles dos que a súa utilización sexa imprescindible.
-O cumprimento das condicións técnicas e económicas prescritas.
-A garantía de subministración e a súa dispoñibilidade nos prazos concertados.
* Na documentación da instalación:
-A memoria descritiva contén unha descrición detallada da función, características e cálculos da instalación.
-Os esquemas e planos de conxunto e de detalle necesarios represéntanse utilizando a simboloxía e representación normalizadas.
-A lista de equipos e materiais utiliza os códigos de identificación normalizados, facilitando a súa adquisición interna e/ou externa.
-As condicións especiais de localización están xustificadas e detalladas textual e graficamente coa precisión requirida.
-O proceso de posta en servicio inclúe as verificacións e probas que se deben realizar, indicando os puntos de control e os parámetros específicos (impedancia da liña, relación sinal/ruído, ...) cos seus valores e/ou rangos adecuados.
-O orzamento da instalación recolle os custos dos medios, materiais e unidades constructivas da obra.
-As condicións e pautas necesarias para o mantemento preventivo e, se é o caso, o correctivo da instalación especificarase con claridade, indicando as accións temporalizadas que se deben realizar.

RealizaciónsCriterios de realización

2.4.Defini-la configuración de instalacións de enerxía solar fotovoltaica, elaborando ou supervisando a elaboración da documentación técnica necesaria (planos, esquemas, lista de materiais, cálculos básicos), asegurando o aproveitamento dos recursos dispoñibles.* O conxunto de especificacións da instalación recolle con precisión os seus requirimentos técnicos e económicos, de acordo co acordado co cliente.

* A configuración da instalación adóptase asegurando unha adecuada distribución da enerxía eléctrica en cada un dos puntos de consumo.

* A selección dos equipos, materiais e demais elementos da instalación (paneis, soportes, reguladores, convertedores, receptores) realízase tendo en conta:
-A condición de da súa homologación, tanto interna como externamente, propondo para a súa homologación interna aqueles dos que a súa utilización sexa imprescindible.
-O cumprimento das condicións técnicas e económicas prescritas.
-A garantía de subministración e a súa dispoñibilidade nos prazos concertados.
* Na documentación da instalación:
-A memoria descritiva contén unha descrición detallada da función, características e cálculos da instalación.
-Os esquemas e planos de conxunto e de detalle necesarios represéntanse utilizando a simboloxía e representación normalizadas.
-A lista de equipos e materiais utiliza os códigos de identificación normalizados, facilitando a súa adquisición interna e/ou externa.
-As condicións especiais de localización están xustificadas e detalladas textual e graficamente coa precisión requirida.
-O proceso de posta en servicio inclúe as verificacións e probas que se deben realizar, indicando os puntos de control e os parámetros específicos (niveis de tensión, corrente de carga dos acumuladores, consumos, ...) cos seus valores e/ou rangos adecuados.
-O orzamento da instalación recolle os custos dos medios, materiais e unidades constructivas da obra.
-As condicións e pautas necesarias para o mantemento preventivo e, se é o caso, o correctivo da instalación especifícanse con claridade, indicando as accións temporalizadas que se deben realizar.

2.5.Defini-la configuración de instalacións de seguridade (anti-intrusismo, contraincendios, alarmas técnicas), elaborando ou supervisando a elaboración da documentación técnica necesaria (planos, esquemas, lista de materiais, cálculos básicos, etc.), garantindo a fiabilidade no seu funcionamento.* O conxunto de especificacións da instalación recolle con precisión os seus requirimentos técnicos e económicos, de acordo co acordado co cliente.

* A configuración da instalación adóptase asegurando unha adecuada distribución dos puntos de detección e a súa sinalización.

* A selección dos equipos, materiais e demais elementos da instalación (detectores, sensores, centraliñas, dispositivos de aviso) realízase tendo en conta:
-A súa condición de homologación, tanto interna como externamente, propondo para a súa homologación interna aqueles dos que a súa utilización sexa imprescindible.
-O cumprimento das condicións técnicas e económicas prescritas.
-A garantía de subministración e a súa dispoñibilidade nos prazos concertados.
* Na documentación da instalación:
-A memoria descritiva contén unha descrición detallada da función, características e cálculos da instalación.

RealizaciónsCriterios de realización

-Os esquemas e planos de conxunto e de detalle necesarios represéntanse utilizando a simboloxía representación normalizadas.
-A lista de equipos e materiais utiliza os códigos de identificación normalizados, facilitando a súa adquisición interna e/ou externa.
-As condicións especiais de localización están xustificadas e detalladas textual e graficamente coa precisión requirida.
-O proceso de posta en servicio inclúe as verificacións e probas que se deben realizar, indicando os puntos de control e os parámetros específicos (sensibilidade dos detectores, nivel dos indicadores acústicos e ópticos, estado dos acumuladores tampón ...) cos seus valores e/ou rangos adecuados.
-O orzamento da instalación recolle os custos dos medios, materiais e unidades constructivas da obra.
-As condicións e pautas necesarias para o mantemento preventivo e, se é caso, o correctivo da instalación especifícanse con claridade, indicando as accións temporalizadas que se deben realizar.

2.6.Realiza-la verificación e posta en servicio das instalacións singulares en vivendas e edificios, levando a cabo as medidas, probas e ensaios necesarios, garantindo a calidade e fiabilidade do servicio que prestan, de acordo coa regulamentación electrotécnica e coa normativa de seguridade vixentes. * A posta en servicio da instalación está precedida pola elaboración dun plan sistemático de probas.

* As probas e axustes da instalación realízanse seguindo os procedementos establecidos na súa documentación.

* Os resultados das probas realizadas ós equipos, dispositivos e elementos da instalación axústanse ás súas especificacións funcionais e técnicas.

* A carga dos programas de control no equipo programable, se é o caso, e a súa execución efectúase seguindo os procedementos normalizados.
* Os parámetros de control da instalación (nos equipos de recepción, control e/ou distribución de sinal, nas canalizacións, cableados e conexións, ...) axústanse de acordo co especificado na súa documentación e de acordo cos requirimentos prescritos.
* As probas realizadas na instalación, tanto en tensión como sen ela, garanten a súa correcta funcionalidade en condicións normais de funcionamento.
* As probas de resposta ás continxencias (defectos a terra, sobrecargas, ...) realízanse na instalación verificando as alarmas e a adecuada resposta dos dispositivos de protección e sinalización dela.
* Os programas de control, se é o caso, dispoñen de copia de seguridade actualizada, recollendo as melloras e cambios realizados.
* As modificacións realizadas na instalación recóllense con precisión e de forma normalizada na súa documentación.
* A normativa electrotécnica e de seguridade que regula as instalacións cúmprese mediante a aplicación dos procedementos adecuados e utilizando os medios requiridos.
* As medidas de seguridade eléctrica (circuítos de terra, dispositivos de protección na distribución...) axústanse de acordo co prescrito na documentación da instalación.
* O informe de verificación e posta en servicio da instalación recolle, coa precisión requirida e no formato normalizado, a información prescrita (probas realizadas, valores medidos das variables da instalación, axustes realizados, modificacións efectuadas, ...), así como a aceptación da instalación por parte do responsable ou do cliente.

RealizaciónsCriterios de realización

2.7.Modificar e/ou elaborar procedementos para o mantemento das instalacións singulares en vivendas e edificios, optimizando os recursos humanos e materiais, garantindo a operatividade e seguridade na súa aplicación.* Os problemas detectados na aplicación do procedemento que hai que modificar e/ou elaborar están xustificados e explicados suficientemente no documento normalizado.

* A proposta correspondente ó novo procedemento está precedida dos ensaios e probas necesarios para garanti-la solución máis idónea ó procedemento que hai que mellorar.

* O procedemento resultado ten en conta a optimización dos recursos materiais e humanos necesarios para a súa aplicación.
* As propostas dos cambios que hai que realizar están claramente xustificadas, especificadas e recollidas no documento correspondente, resolvendo de forma satisfactoria as deficiencias do procedemento.
* O novo procedemento recolle, no formato normalizado, os aspectos máis relevantes para a súa aplicación, entre outros:
-Fases que se deben seguir na aplicación do procedemento.
-Probas e axustes que hai que realizar.
-Medios e patróns de calibración que hai que utilizar.
-Parámetros que hai que controlar.
-Normas de seguridade persoal e dos equipos e materiais que hai que aplicar.
-Resultados esperados e/ou previsibles.
-Documento normalizado que hai que cubrir.

2.8.Supervisar e/ou realiza-lo mantemento das instalacións singulares en vivendas e edificios, aplicando os plans preventivos establecidos, diagnosticando as causas de disfuncionalidade das ditas instalacións, tomando, ó seu nivel, as medidas oportunas para o rápido e seguro restablecemento da súa operatividade.* Ante unha avaría nunha instalación singular no ámbito das vivendas ou edificios:

-As probas funcionais iniciais permiten verifica-los síntomas recollidos no parte de avaría e, en todo caso, precisa-la sintomatoloxía da disfunción.

-A hipótese de partida e o plan de actuación elaborado permiten diagnosticar e localizar con precisión o tipo e o dispositivo ou elemento onde se atopa a avaría.

-O diagnóstico e localización da avaría da instalación realízase utilizando a súa documentación técnica, as ferramentas e os instrumentos de medida apropiados, aplicando, nun tempo adecuado, o correspondente procedemento.
-O orzamento recolle con precisión a tipoloxía e custo da reparación.
-As operacións de montaxe, desmontaxe e substitución dos elementos (do equipo e/ou instalación) realízanse utilizando a documentación técnica (planos e procedementos normalizados) e as ferramentas apropiadas, asegurando a integridade dos materiais e medios utilizados e a calidade final das intervencións.
-Os axustes dos dispositivos e/ou equipos substituídos realízanse utilizando as ferramentas e útiles específicos, coa precisión requirida, seguindo os procedementos documentados.
-As probas funcionais, axustes finais e, en caso necesario, as probas de fiabilidade recomendadas, realízanse de forma sistemática, seguindo o procedemento especificado na documentación da instalación.
-A reparación do equipo e/ou instalación realízase respectando as normas de seguridade persoal, dos equipos e materiais recomendados na súa documentación, en todo caso, seguindo as pautas do bo facer profesional.

RealizaciónsCriterios de realización

-O informe de reparación de avarías da instalación realízase no formato normalizado, recollendo a información suficiente para realiza-la facturación da intervención e actualización do histórico de avarías do equipo e/ou instalación.

Dominio profesional

Medios de producción e/ou tratamento da información:

-Material de debuxo. Calculadora. Ordenador. Periféricos de ordenador (impresora, trazador gráfico, táboa dixitalizadora). Programas informáticos de debuxo e deseño asistidos por ordenador (CAD-CAE) para o debuxo e cálculos de instalacións singulares nos edificios. Arquivadores de planos. Material de oficina xeral. Instrumentos de medida e verificación (polímetro, medidor de impedancias, medidor de continuidade, osciloscopio, sonómetro, medidor de campo, analizador de espectros).

Materiais e productos intermedios:

-Esbozos de situación das instalacións. Cálculos. Planos e esquemas das instalacións. Listas de materiais. Dispositivos e equipos para instalacións singulares nos edificios.

Principais resultados do traballo. Productos e servicios:

-Documentación de anteproxectos técnico-económicos de instalacións singulares en edificios (antenas individuais, colectivas e parabólicas, telefonía interior e intercomunicación, megafonía, enerxía solar fotovoltaica, seguridade nos edificios: anti-intrusión, contraincendios, alarmas técnicas de ascensores, de montacargas e de saídas de emerxencia). Documentación de proxectos das instalacións singulares nos edificios. Informes de verificación, posta en servicio e mantemento de instalacións singulares nos edificios.

Procesos, métodos e procedementos:

-Procedementos (manuais e asistidos por ordenador) de cálculo de instalacións singulares nos edificios. Procedementos de debuxo asistido por ordenador de instalacións singulares nos edificios. Procedementos de canalización en instalacións electrotécnicas. Procedementos de conexión, empalme e soldadura de cables utilizados en instalacións singulares (cables de pares, coaxiais, fibra óptica). Procedementos de medida, verificación e axuste de instalacións singulares nos edificios. Procedementos de mantemento (preventivo e correctivo) de instalacións singulares nos edificios.

Información: natureza, tipo e soportes:

-Especificacións de proxectos de instalacións singulares nos edificios. Planos de planta e alzado de edificios. Regulamentación e normativa electrotécnica. Catálogos especializados de materiais e equipos para instalacións singulares nos edificios (en papel ou en soporte informático -bases de datos específicas-). Proxectos tipo de empresas do sector.

Normativa e regulamentación específica:

-Regulamento electrotécnico de BT e instruccións complementarias. Normas UNE de regulamentación electrotécnica. Normativa sobre distribución de frecuencias do espacio radioeléctrico (Dirección Xeral de Telecomunicacións). Normativa nacional e internacional de telecomunicacións. Normas tecnolóxicas de edificación. Normas da Compañía Telefónica. Normas de simboloxía e representación electrotécnica (UNE, CEI, CENELEC). Normativa sobre seguridade eléctrica. Normativa sobre instalacións de seguridade.

2.5.3. Unidade de competencia 3: desenvolver e manter equipos de control automático e instalacións automatizadas para vivendas e edificios:

RealizaciónsCriterios de realización

3.1.Elaborar ou participar na elaboración do caderno de cargas de instalacións automáticas no ámbito dos edificios, especificando as súas características iniciais, identificando as variables e parámetros que se deben controlar, de acordo coa regulamentación electrotécnica e administrativa vixentes.* O caderno de cargas recolle as especificacións funcionais da instalación que se vai automatizar e as condicións económicas que delimitan con suficiente precisión as súas necesidades.

* A solución proposta inclúe pautas e parámetros que facilitan o mantemento e a localización de avarías na instalación (elementos críticos, puntos clave de medida e comprobación, procedementos de autodiagnóstico, etc.).

* A configuración básica do sistema de control defínese de forma modular, permitindo, ante fallos locais, o funcionamento optimizado e independente das distintas partes da instalación.
* As paradas de emerxencia e condicións de seguridade ante continxencias no proceso definen adecuadamente a lóxica da súa vixilancia.
* Os modos de marcha, niveis e tipoloxía de funcionamento do sistema de control (manual, automático, local, remoto) defínense con suficiente precisión.
* O protocolo de eventos e alarmas defínese con claridade e exactitude, especificando o tipo de sinalización que se debe utilizar (acústica, luminosa, en pantalla de ordenador, impresora e/ou outros soportes).
* O sistema de comunicación (buses a dous fíos estandarizados, correntes portadoras, sistemas propietarios...) establécese de acordo cos requirimentos técnicos e funcionais da instalación.
* As especificacións tecnolóxicas do sistema de control (número de entradas/saídas (E/S), niveis de tensión lóxicos, tipo de unidade de control (CPU), alimentacións ininterrompidas, separacións galvánicas de E/S, natureza dos sensores e actuadores, interfaces, ...) determínanse con suficiente precisión.
* A rede de terras configurada para o sistema responde ás medidas de seguridade eléctrica requirida, cumprindo a regulamentación electrotécnica vixente.
* O informe de especificacións operativas describe suficientemente o comportamento esperado do sistema ó longo da súa existencia (fiabilidade, ausencia de fallos perigosos, dispoñibilidade, flexibilidade de transformación da instalación, facilidade de mantemento, diálogo persoa-máquina...).

RealizaciónsCriterios de realización

3.2.Configurar sistemas de control para as instalacións automáticas no ámbito dos edificios, mediante a consulta das especificacións establecidas no caderno de cargas, realizando a adecuada selección dos equipos e dispositivos xustificando, técnica e economicamente, a solución adoptada.* O equipo de control que se selecciona (autómata, ordenador, central de control...) dispón da capacidade adecuada para o tratamento das variables de E/S especificadas no caderno de cargas correspondente, cunha sobrecapacidade razoable que garanta futuras ampliacións.

* A capacidade de memoria do equipo de control é adecuada para o funcionamento dos programas.

* O número de E/S selecciónase de acordo co desenvolvemento modular proposto no caderno de cargas, agrupando de forma coherente e homoxénea as distintas E/S correspondentes ós sensores e actuadores.

* Os elementos de protección dos distintos bloques funcionais (illamentos galvánicos, regretas seccionables, fusibles por cada liña de E/S...) selecciónanse de acordo coas marxes prescritas nas especificacións.
* Os dispositivos de accionamento selecciónanse de forma que cumpran as especificacións recollidas no caderno de cargas correspondente (tecnoloxía dos elementos de potencia, características técnicas...).
* A selección, de se-lo caso, dos S.A.I. (sistemas de alimentación ininterrompida) realízase de acordo coas especificacións de capacidade e consumo do sistema de control, necesarios para manter unha copia do proceso ante fallos na tensión de alimentación.
* A definición de localización dos cables de interconexión realízase cumprindo as normas de separación entre os tendidos de sinais débiles, de alimentación e terras.
* A selección das envolventes do sistema de control realízase tendo en conta as condicións de espacio e ambientais do lugar onde van ser instalados.
* Os equipos e dispositivos selecciónanse entre os homologados internamente pola empresa, propondo para a súa homologación aqueles non dispoñibles e de necesaria utilización.
* O informe técnico económico correspondente á selección de materiais que configuran a instalación recolle os datos suficientes para garantir que o custo do sistema estea dentro dos límites establecidos, xustificando os desaxustes que, se é o caso, se produzan.

3.3.Elaborar ou supervisa-la elaboración da documentación técnica necesaria (esbozos, esquemas, lista de materiais, planos constructivos, etc.) para a construcción dos equipos e instalacións de control automático, de acordo coas especificacións recollidas no correspondente caderno de cargas, no soporte adecuado e cos medios normalizados.* A memoria descritiva da instalación explica con precisión o seu funcionamento.

* A documentación técnica inclúe os esquemas e planos de conxunto e de detalle necesarios (distribución xeral, forza, manobra, conexión dos dispositivos de campo da instalación coas E/S do equipo de control...) utilizando simboloxía e presentación normalizadas.

* A relación de materiais, equipos e dispositivos realízase utilizando a codificación normalizada, de forma que permita garanti-la súa adquisición interna e/ou externa.
* Os planos constructivos do sistema de control recollen con suficiente precisión as características dos equipos para a súa construcción e implantación (dimensións físicas, localización de dispositivos e tarxetas, identificación codificada de E/S e de cableados...).

RealizaciónsCriterios de realización

* Os programas de control dos equipos de mando están suficientemente documentados para permiti-la implantación e o posterior mantemento das funcións do sistema de control, recollendo, entre outros, os seguintes elementos:
-Bloques funcionais coa descrición das súas funcións.
-Referencias cruzadas de tódolos sinais de E/S, contadores e temporizadores.
-Marcas e referencias internas de E/S.
-Dispositivos da instalación que goberna.
* A documentación técnica contén tódolos capítulos necesarios e normalizados internamente para o posterior desenvolvemento da execución e mantemento da instalación, incluíndo, entre outros:
-O proceso que se debe seguir na posta en servicio.
-As probas e axustes que hai que realizar no proceso de posta en marcha da instalación.
-Os parámetros que hai que verificar e axustar.
-Márxes estables de funcionamento.
-As pautas para a realización do mantemento preventivo da instalación.

3.4.Desenvolve-la programación dos equipos de control automático de acordo coas especificacións recollidas no correspondente caderno de cargas, optimizando a funcionalidade e fiabilidade das instalacións.* O diagrama funcional da instalación que se vai automatizar recolle adecuadamente as súas funcións, fases, secuencias e estados posibles, especificados no correspondente caderno de cargas.
* As ferramentas e equipos de desenvolvemento elíxense de acordo co equipo de control que se vai utilizar (centraliña de control, ordenador e/ou autómata).
* O programa de control realízase de forma modular, correspondéndose cada módulo cos do proceso, estructurándose adecuadamente para a súa posterior utilización e mantemento.
* Os bloques internos de programación están definidos de forma que permitan e faciliten unha comprobación e depuración dos programas na fase de desenvolvemento e posta en marcha.
* As rutinas de autodiagnóstico do sistema de control da instalación elabóranse seguindo as especificacións marcadas no caderno de cargas.
* As probas funcionais realízanse módulo a módulo e globalmente, asegurando a óptima funcionalidade, fiabilidade e atención de erros no programa e a súa adaptación ás especificacións prescritas no caderno de cargas.
* Os soportes de desenvolvemento e finais dos programas e copias de seguridade (discos, papel...) están adecuadamente definidos, supervisando o bo estado das copias e o seu almacenamento normalizado.

3.5.Realizar, ó seu nivel, a verificación e posta en servicio das instalacións automatizadas en edificios e vivendas, levando a cabo as medidas, probas e ensaios prescritos garantindo a calidade e fiabilidade do servicio que prestan, de acordo coa regulamentación electrotécnica e coa normativa de seguridade vixentes.* A posta en servicio da instalación automatizada está precedida pola elaboración dun plan sistemático de probas.

* As probas e axustes dos elementos da instalación realízanse seguindo os procedementos establecidos na súa documentación.

* A calibración dos sensores e detectores realízase seguindo procedementos normalizados, asegurando que a súa actuación se atopa dentro das marxes de erro prescritos na documentación da instalación.

RealizaciónsCriterios de realización

* Os resultados das probas realizadas ós sensores e detectores responden ás especificacións funcionais e técnicas súas.
* O axuste dos parámetros dos reguladores da instalación realízase de acordo co especificado na súa documentación en todo caso, co demandado polo responsable ou cliente.
* As probas realizadas na instalación, tanto en baleiro como en carga, garanten a súa correcta funcionalidade en condicións normais.
* As probas de resposta a continxencias realízanse na instalación, verificando as alarmas e resposta do sistema de control.
* As modificacións realizadas no sistema de control e/ou na instalación recóllense con precisión e de forma normalizada na súa documentación.
* As medidas de seguridade eléctrica (circuítos de terra, dispositivos de protección na distribución...) axústanse ó prescrito na documentación da instalación .
* O informe de posta en servicio da instalación recolle, coa precisión requirida e no formato normalizado, a información prescrita (probas realizadas, valores medidos das variables da instalación, axustes realizados, modificacións efectuadas...), así como a aceptación da mesma por parte do responsable ou cliente.

3.6.Modificar e/ou elaborar procedementos para o mantemento das instalacións automatizadas en edificios e vivendas, optimizando os recursos humanos e materiais, garantindo a operatividade e seguridade na súa aplicación.* Os problemas detectados na aplicación do procedemento que hai que modificar están xustificados e explicados suficientemente no documento normalizado.

* A definición da solución do novo procedemento está precedida dos ensaios e probas necesarios para garanti-la solución máis idónea ó procedemento que hai que mellorar.

* O procedemento que se obtén ten en conta a optimización dos recursos materiais e humanos necesarios para a súa aplicación.

* As propostas dos cambios que se deben realizar están claramente xustificadas, especificadas e recollidas no documento correspondente, resolvendo de forma satisfactoria as deficiencias do procedemento.
* O novo procedemento recolle, no formato normalizado, os aspectos máis relevantes para a súa aplicación, entre outros:
-Fases que hai que seguir na aplicación do procedemento.
-Probas e axustes que hai que realizar.
-Medios que deben ser utilizados.
-Parámetros que hai que controlar.
-Normas de seguridade persoal e dos equipos e materiais que hai que aplicar.
-Resultados esperados e/ou previsibles.
-Documento normalizado que hai que cubrir.

3.7.Supervisar e/ou realiza-lo mantemento das instalacións automatizadas no ámbito dos edificios, aplicando os plans preventivos establecidos, diagnosticando as causas de disfuncionalidade das devanditas instalacións, tomando, ó seu nivel, as medidas oportunas para o rápido e seguro restablecemento da súa operatividade.* Ante unha avaría nunha instalación automatizada nunha vivenda ou edificio:

-As probas funcionais iniciais permiten verifica-los síntomas recollidos no parte de avaría e, en todo caso, precisa-la sintomatoloxía da disfunción (no equipo de control e/ou na instalación).

-A hipótese de partida e o plan de actuación elaborado permiten diagnosticar e localizar con precisión o tipo (físico e/ou lóxico) e o bloque funcional (detectores, cableados, elemento de control, actuadores...) onde se atopa a avaría.

RealizaciónsCriterios de realización

-O diagnóstico e localización da avaría (do equipo e/ou instalación) realízase utilizando a súa documentación técnica, as ferramentas e os instrumentos de medida apropiados, aplicando, nun tempo adecuado, o correspondente procedemento.
-O orzamento recolle con precisión a tipoloxía e custo da reparación.
-As operacións de montaxe, desmontaxe e substitución dos elementos (do equipo e/ou instalación) realízanse utilizando a documentación técnica (planos e procedementos normalizados) e as ferramentas apropiadas, asegurando a integridade dos materiais e medios utilizados e a calidade final das intervencións.
-Os axustes dos dispositivos e/ou equipos substituídos realízanse utilizando as ferramentas e útiles específicos, coa precisión requirida, seguindo os procedementos documentados.
-As probas funcionais, axustes finais e, en caso necesario, as probas de fiabilidade recomendadas, realízanse de forma sistemática, seguindo o procedemento especificado na documentación do sistema.
-A reparación do equipo e/ou instalación realízase respectando as normas de seguridade persoal, dos equipos e materiais recomendadas na súa documentación e, en todo caso, seguindo as pautas do bo facer profesional.
-O informe de reparación de avarías da instalación automática realízase no formato normalizado, recollendo a información suficiente para realiza-la facturación da intervención e actualización do histórico de avarías do equipo e/ou instalación.

Dominio profesional

Medios de producción e/ou tratamento da información:

-Material de debuxo. Calculadora. Ordenador. Periféricos de ordenador (impresora, trazador gráfico, táboa dixitalizadora). Programas informáticos de debuxo e deseño asistidos por ordenador (CAD-CAE) para a representación e cálculos de equipos e instalacións automáticos. Arquivadores de planos. Material de oficina xeral. Instrumentos de medida e verificación eléctrica (polímetro, pinzas amperimétrica e vatimétrica, tenaces detectoras de fugas, telurómetro, medidor de fugas, luxómetro, termómetro, analizador de redes eléctricas polifásicas, analizador de datos). Equipos de programación automática (autómatas programables, ordenadores e periféricos, programas de ordenador para a xestión técnica e control automático das instalacións, centraliñas de control automático).

Materiais e productos intermedios:

-Esbozos de situación das instalacións. Cálculos. Programas de control automático para a automatización nos edificios. Planos e esquemas das instalacións. Listas de materiais. Aparellos para equipos e instalacións automáticos en edificios.

Principais resultados do traballo. Productos e servicios:

-Documentación de anteproxectos técnico-económicos de equipos automáticos e instalacións automatizadas nos edificios (xestión de enerxía, xestión da seguridade, xestión da confortabilidade, xestión das comunicacións). Documentación de proxectos de equipos automáticos e instalacións automatizadas nos edificios.

Procesos, métodos e procedementos:

-Procedementos (manuais e asistidos por ordenador) de deseño e cálculo de equipos automáticos e instalacións automatizadas nos edificios. Procedementos de programación de autómatas programables e introducción de parámetros nos programas de control automático para instalacións nos edificios. Procedementos de debuxo asistido por ordenador de instalacións automatizadas nos edificios. Procedementos de canalización en instalacións electrotécnicas. Procedementos de conexión, empalme e soldadura de cables utilizados en instalacións automatizadas (cables de pares, coaxiais, fibra óptica). Procedementos de medida, verificación e axuste de equipos automáticos e instalacións automatizadas nos edificios. Procedementos de mantemento (preventivo e correctivo) de instalacións automatizadas nos edificios.

Información. Natureza, tipo e soportes:

-Especificacións de proxectos de instalacións automatizadas nos edificios. Planos de planta e alzado de edificios. Regulamentación e normativa electrotécnica. Catálogos especializados de materiais e equipos para instalacións automatizadas nos edificios (en papel ou en soporte informático -bases de datos específicas-). Proxectos tipo de empresas do sector.

Normativa e regulamentación específica:

-Regulamento electrotécnico de BT e instruccións complementarias. Normas tecnolóxicas de edificación. Normas UNE de regulamentación electrotécnica. Normas de simboloxía e representación electrotécnica (UNE, CEI, CENELEC). Normativa sobre seguridade eléctrica.

2.5.4. Unidade de competencia 4: organizar, xestionar e controla-la execución e mantemento das instalacións electrotécnicas:

RealizaciónsCriterios de realización

4.1.Organiza-las etapas de execución das instalacións electrotécnicas, efectuando os replanteos necesarios, partindo da súa documentación técnica, adaptando o proxecto á obra, optimizando os medios e recursos dispoñibles.* O plan xeral de construcción da instalación contén a descrición das etapas e dos recursos humanos e materiais necesarios para a súa execución, respondendo en prazo e custo ás especificacións do proxecto.
* O plan contén os momentos e especificacións de control co fin de efectua-lo seguimento e a detección anticipada de posibles interferencias e demoras na execución do proxecto.
* O programa de traballo diario asigna a cada técnico do equipo as tarefas que hai que realizar en función das capacidades profesionais de cada un deles, optimizando os recursos dispoñibles.
* O plan de montaxe contén a información necesaria para a construcción dos equipos e/ou instalación, incluíndo, polo menos:

RealizaciónsCriterios de realización

-As provisións de materiais realízanse tendo en conta o seu almacenamento e distribución.
-Se é o caso, os recursos e medios necesarios para:
-Apertura de foxos no caso de canalizacións subterráneas.
-Izado e achumbado de apoios no caso de liñas aéreas.
-Montaxe de ferraxes, illadores e demais elementos da liña.
-Tendido e tensado de cables.
-Montaxe das celas, embarrados e conexións do CT.
-A localización dos equipos e elementos nos armarios e cadros de distribución e de control, tendo en conta a función que desempeñan (elementos de captación - antenas, paneis fotovoltaicos, dispositivos de forza, manobra, medidas, seguridade, distribución de sinal...) e as especificacións do proxecto.
-Os planos e esbozos necesarios, codificando cada un dos elementos co fin de facilita-la súa identificación.
-As canalizacións e os cableados, correspondéndose cos esquemas da documentación, tendo en conta os percorridos co fin de evitar interferencias electromagnéticas, cruzamento con conduccións líquidas e calquera outro tipo de interferencia ilegal ou indesexable.
-As condicións de ventilación dos equipos e dispositivos, respectando as condicións de localización prescritas na documentación correspondente.
-As distancias de seguridade, facilitando o acceso ós distintos elementos na súa montaxe, desmontaxe e mantemento.
* Os diagramas de planificación (PERT, GANTT) elabóranse tendo en conta os medios e recursos dispoñibles, establecendo os camiños críticos, asegurando o cumprimento dos prazos acordados e cos custos establecidos.

4.2.Supervisa-las operacións que se efectúan na execución e mantemento das instalacións, realizando as modificacións e/ou adaptacións necesarias, xustificando as consecuencias técnicas e económicas derivadas e informando delas mediante a utilización do documento de incidencias oportuno. * Os materiais que se utilizan na montaxe dos equipos e instalacións axústanse ás especificacións recollidas no proxecto.

* Os medios de producción (máquinas, ferramentas, instrumentación) son os adecuados en cada caso.

* A localización dos equipos e elementos nas envolventes correspóndense cos planos da instalación e, en todo caso, optimizan o aproveitamento do espacio dispoñible.

* A localización e orientación dos elementos captadores (antenas, paneis fotovoltaicos...) realízase de acordo coa documentación da instalación e optimizando o aproveitamento da fonte enerxética correspondente.
* As canalizacións (aéreas e/ou subterráneas) realízanse de acordo co establecido no proxecto e no plan de montaxe.
* A localización dos cadros e equipos na instalación realízase optimizando os espacios e cumprindo a normativa que lle afecta en canto a distancias de seguridade e ventilación vixentes.
* Os circuítos de posta a terra dos equipos e da instalación efectúanse de acordo co disposto no proxecto, asegurando o cumprimento da normativa vixente.
* Os cableados e conexións realízanse de acordo cos esquemas e planos, resolvendo as continxencias que xurdan.

RealizaciónsCriterios de realización

* Os códigos de identificación (numérica e/ou de cores) dos cables e conexións son os normalizados.
* As probas de manobra e funcionais (en baleiro e en carga) realízanse seguindo o protocolo establecido, efectuando os axustes necesarios para consegui-las especificacións prescritas.
* As condicións de seguridade personais e dos medios e materiais utilizados respectanse en todo momento, tomando as medidas oportunas no caso contrario.
* O programa de modificacións que hai que realizar efectúase no momento adecuado, informando e tomando as medidas oportunas segundo o procedemento normalizado ou máis adecuado, optimizando os recursos e minimizando os tempos de corte e/ou demora.
* As modificacións introducidas durante a montaxe son rexistradas nos planos e esquemas, permitindo a posta ó día da documentación da instalación.
* As operacións de mantemento preventivo realízanse de acordo cos procedementos establecidos.
* As operacións necesarias (medicións, comprobacións....) para a detección de fallos, avarías e/ou funcionamentos incorrectos da instalación permiten diagnosticar e localizar con precisión as causas da situación e nun tempo adecuado.
* Os cambios e/ou melloras propostos nunha instalación ante fallos repetitivos dela permiten un funcionamento máis seguro e fiable desta.
* Os informes periódicos e os partes diarios recollen con precisión o labor desenvolvido, as incidencias xurdidas e as solucións adoptadas, permitindo a actualización dos datos e históricos e a realización do seguimento da obra.

4.3.Aplicar plans de seguridade na execución e mantemento das instalacións electrotécnicas, dando directrices claras ós operarios, supervisando o seu cumprimento e adecuación á marcha xeral dos traballos.* Os traballos máis repetitivos e importantes que se realizan baixo a súa responsabilidade, especialmente os de alto risco (p.e. os traballos en tensión), están recollidos na documentación de procedementos operativos e recollen toda a información que é necesaria para a súa adecuada aplicación.
* As directrices dadas a cada un dos compoñentes do equipo de técnicos realízase en función do tipo de traballo que debe realizar, indicando os seus riscos e as medidas de seguridade e prendas de protección persoal que deben ser utilizadas na aplicación do procedemento operativo correspondente.
* As inspeccións periódicas que se realizan durante o proceso de execución dos traballos serven para comproba-la correcta aplicación dos procedementos de seguridade establecidos (avisos de intervención, sinalización dos cortes de tensión, postas a terra normalizadas...) e adoptar, en caso necesario, as medidas correctoras de forma inmediata.
* A comprobación periódica dos materiais, medios e ferramentas utilizadas polo equipo de traballo asegura a súa homologación e bo estado de uso, rexeitando aqueles que non cumpran os requisitos correspondentes.
* As medidas correctoras que se adoptan despois dun accidente ou incidente permiten mellora-los procedementos operativos, co fin de evita-la repetición da situación anómala.

RealizaciónsCriterios de realización

4.4.Aplicar plans de calidade na execución e mantemento das instalacións electrotécnicas, dando directrices ós operarios, establecendo os momentos e procedementos de control, asegurando que os materiais e acabados eléctricos e estéticos son os adecuados.* As propostas que se realizan na redacción dos protocolos de comprobación e probas da instalación aseguran a súa adecuación ás especificacións do proxecto e á regulamentación electrotécnica vixente, cos seus parámetros de control correspondentes:
-Os conductores son do tipo, illamento e sección adecuadas.
-A identificación dos conductores é a normalizada.
-O tipo e características das canalizacións adecúase ó indicado no proxecto.
-Os aparellos de manobra, de protección, de sinalización e control, de distribución de sinais e os mecanismos están homologados.
-A resistencia das postas a terra está dentro das marxes establecidas.
-As caídas de tensión son as admisibles.
-O reparto das cargas por fase é equilibrado.
-O factor de potencia da instalación está dentro das marxes prescritas.
-O disparo das proteccións ante fallos potenciais é o prescrito.
* Os distintos controis que se aplican durante a execución da instalación axústanse en tempo e forma ó plan xeral de execución.
* A calibración dos equipos de medida e ensaio realízase co fin de axustalos dentro dos límites admisibles establecidos, garantindo a fiabilidade dos resultados que se obteñen.
* A verificación das características dos materiais que se utilizan asegura a súa idoneidade respecto das especificacións do proxecto.
* Os ensaios e probas dos equipos realízanse de acordo co protocolo e/ou norma de calidade establecida.
* Os resultados obtidos nas probas e ensaios de equipos e materiais recollen os datos requiridos nas follas de calidade correspondente, avaliando en primeira instancia os devanditos resultados, emitindo o informe correspondente e informando convenientemente ó seu inmediato superior.
* A información e formación do persoal ó seu cargo sobre a calidade requirida na execución dos traballos realízase de forma continuada, dando as instruccións e/ou emprendendo as accións necesarias para tal fin.

4.5.Realizar, ó seu nivel, o seguimento e control da planificación na construcción e mantemento de instalacións electrotécnicas, informando das incidencias, suxerindo posibles solucións ou alternativas e actualizando os diagramas de planificación da execución (PERT, Gantt), asegurando o cumprimento da devandita planificación.* O procedemento que se debe aplicar no proceso de seguimento e control da execución dos traballos está claramente explicitado.

* A toma dos datos precisos sobre o estado da montaxe ou mantemento da instalación permite avalia-la marcha dos traballos e a súa adecuación coa planificación establecida.

* As incidencias e desviacións xurdidas durante o proceso comunícanse coa suficiente celeridade, explicando as súas causas.
* Os cambios e modificacións na instalación propóñense co fin de optimiza-lo seu funcionamento ou a resolución de continxencias.
* As melloras e/ou modificacións propostas van acompañadas dunha avaliación técnica e económica delas, permitindo unha toma de decisións adecuada.
* As continxencias que poidan xurdir sobre o persoal e os materiais están previstas con antelación, actuando de forma adecuada nos casos non previstos.

RealizaciónsCriterios de realización

* Os partes de traballo recompílanse diariamente, asegurando que recollen en forma e contido os datos necesarios para realiza-lo seguimento da planificación.
* As modificacións que hai que realizar na planificación da montaxe ou mantemento da instalación están permanentemente reflectidas nos gráficos de producción elaborados ó respecto.

4.6.Elaborar, ó seu nivel, programas de mantemento preventivo das instalacións electrotécnicas, establecendo os protocolos que se deben seguir, planificando e controlando a súa aplicación de acordo cos requirimentos das devanditas instalacións nos momentos oportunos. * O programa de mantemento preventivo da instalación ten en conta os seus ciclos e paradas, os recursos humanos e materiais dispoñibles, os requirimentos técnicos da propia instalación e as normas de seguridade requiridas.

* As diferentes operacións prográmanse para logra-lo óptimo funcionamento e o máximo rendemento de equipos e instalacións.

* A documentación necesaria para a realización do mantemento preventivo recolle con suficiente precisión os medios, materiais, procedementos de actuación e normas de seguridade requiridas.
* O programa de mantemento preventivo dos distintos elementos e equipos da instalación inclúe, polo menos:
-Revisión das conexións de conductores, o seu estado de terminais e o seu aperto.
-Comprobación das caídas de tensión ou niveis de sinal, se é o caso, nos puntos clave da instalación.
-Inspección visual de canalizacións, ancoraxes e proteccións mecánicas.
-Comprobación de que os rexistros estean libres, accesibles e precintados.
-Verificación da adecuada resistencia da instalación de posta a terra na época máis desfavorable.
-Comprobación de que os accesos que o requiran estean libres de obstáculos.
-Verificación do sistema de ventilación e da temperatura existente nos espacios cerrados.
-Inspección dos fusibles e a súa correcta calibración.
-Verificación da ausencia de derivacións non desexadas.
-Verificación dos instrumentos de medida e da súa correcta calibración.

4.7.Crear, manter e intensificar relacións no contorno da producción, resolvendo os conflictos interpersoais que se presenten e participando na posta en práctica de procedementos de reclamacións e disciplinarios.* Difúndense os procedementos da empresa entre os membros que a constitúen, para que estean informados da súa situación e marcha, fundamentalmente nos aspectos de calidade e productividade.

* Na toma de calquera decisión, que afecte os procedementos, tívose en conta e respectouse a lexislación laboral.

* Son promovidas e, se é o caso, aceptadas, as melloras propostas por calquera membro da empresa, nos aspectos de calidade, productividade e servicio.
* O estilo de dirección adoptado potencia as relacións persoais, xerando actitudes positivas entre as persoas e entre estas e a súa actividade ou traballo.
* Establécese un plan de formación continuada para consegui-la formación técnica do persoal.
* Identifícanse os conflictos que se orixinan no ámbito de traballo e tómanse as medidas para resolvelos con celeridade.

RealizaciónsCriterios de realización

* Reúnese información adecuadamente, antes de tomar unha decisión, para resolver problemas de relacións persoais, consultando, se fose preciso, o inmediato superior.
* Infórmanse os traballadores dos seus dereitos e deberes recollidos na lexislación vixente e no regulamento específico do seu contorno laboral.
* Cando se inicia un procedemento disciplinario ou unha queixa dase a información dispoñible coa mínima demora.

4.8.Xestiona-los aprovisionamentos de materiais para a construcción e mantemento das instalacións electrotécnicas, optimizando o seu custo, logrando o cumprimento dos prazos de entrega e asegurando a calidade das subministracións.* Establécese o mínimo de existencias de dispositivos, materiais ou productos, controlando estes, e valorándoas, segundo os criterios determinados pola empresa.

* Os pedidos realízanse no momento adecuado, comprobando fisicamente as existencias e o seu contraste co inventario, en función do stock mínimo establecido.

* Analízanse as diferentes variables que inflúen na compra (calidade, prezos, descontos, prazos de entrega...) e elíxese ou aconsella aquel provedor ou subministrador que teña unha oferta máis favorable para a empresa.
* Efectúanse as revisións periódicas da área de recambios para detectar con prontitude a deterioración do material, anotando a baixa de existencias e actualizando o inventario.
* A localización física dos distintos elementos é a máis adecuada ás características de pezas ou materiais, minimizando o espacio ou volume ocupado, tendo en conta as normas legais e a rotación de productos.
* Compróbase que os albarás reflicten os productos recibidos, en cantidade e calidade, e en caso de anomalías faise consta-la incidencia ou reclamación, se procede.
* Lévase un control exhaustivo e puntual das entradas e saídas do almacén, manexando calquera tipo de soporte da información.

Dominio profesional

Medios de producción e/ou tratamento da información:

-Material de debuxo. Ordenador. Periféricos de ordenador. Calculadora. (Impresora, trazador gráfico, táboa dixitalizadora, proxector audiovisual). Programas informáticos de xestión de proxectos, presentación gráfica de informes, bases de datos, procesadores de texto. Paneis de información.

Materiais e productos intermedios:

-Esbozos e esquemas de replanteo da execución das instalacións electrotécnicas. Follas de traballo para o persoal ó seu cargo.

Principais resultados do traballo. Productos e servicios:

-Cálculos e medicións de unidades de obra. Documentos de planificación e control da execución de equipos e instalacións electrotécnicos. Documentos de planificación do mantemento preventivo de instalacións electrotécnicas. Informes de seguimento e propostas/modificacións das instalacións electrotécnicas. Gráficos de producción e consumo.

Procesos, métodos e procedementos:

-Procedementos de planificación e seguimento da execución de instalacións electrotécnicas. Procedementos de planificación e seguimento do mantemento de instalacións electrotécnicas. Procedementos de replanteo das instalacións electrotécnicas. Métodos de clasificación da documentación (en soportes de papel e informático). Métodos de elaboración de informes.

Información. Natureza, tipo e soportes:

-Documentación técnica de proxectos de instalacións electrotécnicas. Manuais e bases de datos informáticas de tempos e prezos de instalacións electrotécnicas. Normativa electrotécnica. Normativa e plans de seguridade eléctrica. Plans de calidade nas instalacións electrotécnicas. Plans de execución e mantemento preventivo das instalacións electrotécnicas.

Normativa e regulamentación específica:

-Regulamento Electrotécnico de BT e instruccións complementarias. Regulamento de liñas eléctricas aéreas de alta tensión. Regulamento de estacións de transformación. Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en centrais eléctricas, subestacións e centros de transformación. Regulamentos de verificacións eléctricas. Regulamento sobre acometidas eléctricas. Normas tecnolóxicas de edificación. Normas particulares das compañías eléctricas. Normas particulares de comunidades autónomas. Normas UNE de regulamentación electrotécnica. Normativa sobre seguridade eléctrica.

2.5.5. Unidade de competencia 5: realiza-la administración, xestión e comercialización nunha pequena empresa ou taller:

RealizaciónsCriterios de realización

5.1.Avalia-la posibilidade de implantación dunha pequena empresa ou taller en función da súa actividade, volume de negocio e obxectivos.* Selecciónase a forma xurídica de empresa máis adecuada ós recursos dispoñibles, ós obxectivos e ás características da actividade.
* Realízase a análise previa á implantación, valorando:
-A estructura organizativa adecuada ós obxectivos.
-A localización física e ámbito de actuación (distancia clientes/provedores, canles de distribución, prezos do sector inmobiliario de zona, elementos de prospectiva).
-A previsión de recursos humanos.
-A demanda potencial, previsión de gastos e ingresos.
-A estructura e composición do inmobilizado.
-As necesidades de financiamento e a súa forma máis rendible.
-A rendibilidade do proxecto.
-A posibilidade de subvencións e/ou axudas á empresa ou á actividade, ofrecidas polas diferentes administracións públicas.
* Determínase adecuadamente a composición dos recursos humanos necesarios, segundo as funcións e procesos propios da actividade da empresa e dos obxectivos establecidos, atendendo á formación, experiencia e condicións actitudinais, se procede.

5.2.Determina-las formas de contratación máis idóneas en función do tamaño, actividade e obxectivos dunha pequena empresa.* Identifícanse as formas de contratación vixentes, determinando as súas vantaxes e inconvenientes e establecendo os máis habituais no sector.

RealizaciónsCriterios de realización

* Selecciónanse as formas de contrato óptimas, segundo os obxectivos e as características da actividade da empresa.

5.3.Elaborar, xestionar e organiza-la documentación necesaria para a constitución dunha pequena empresa e a xerada polo desenvolvemento da súa actividade económica.* Establécese un sistema de organización da información adecuado que proporcione información actualizada sobre a situación económico-financeira da empresa.

* Realízase a tramitación oportuna ante os organismos públicos para a iniciación da actividade de acordo cos rexistros legais.

* Os documentos xerados: facturas, albarás, notas de pedido, letras de cambio, cheques e recibos, elabóranse no formato establecido pola empresa cos datos necesarios en cada caso e de acordo coa lexislación vixente.
* Identifícase a documentación necesaria para a constitución da empresa (escritura, rexistros, imposto de actividades económicas e outras).

5.4.Promove-la venda de productos ou servicios mediante os medios ou relacións adecuadas, en función da actividade comercial requirida.* No plan de promoción, tense en conta a capacidade productiva da empresa e o tipo de clientela potencial dos seus productos e servicios.
* Selecciónase o tipo de promoción que fai óptima a relación entre o incremento das vendas e o custo da promoción.
* A participación en feiras e exposicións permite establece-las vías de distribución dos diversos productos ou servicios.

5.5.Negociar con provedores e clientes, buscando as condicións máis vantaxosas nas operacións comerciais.* Téñense en conta, na negociación cos provedores:

-Prezos do mercado.

-Prazos de entrega.

-Calidades.

-Condicións de pagamento.
-Transportes, se procede.
-Descontos.
-Volume de pedido.
-Liquidez actual da empresa.
-Servicio posvenda do provedor.
* Nas condicións de venda propostas ós clientes téñense en conta:
-Marxes de beneficios.
-Prezo de custo.
-Tipos de clientes.
-Volume de venda.
-Condicións de cobro.
-Descontos.
-Prazos de entrega.
-Transporte, se procede.
-Garantía.
-Atención posvenda.

5.6.Crear, desenvolver e manter boas relacións con clientes reais ou potenciais.* Transmítese en todo momento a imaxe desexada da empresa.

* Os clientes son atendidos cun trato dilixente e cortés e na marxe de tempo prevista.

* Respóndese satisfactoriamente ás súas demandas, resolvendo as súas reclamacións con dilixencia e prontitude e promovendo as futuras relacións.
* Comunícaselles ós clientes calquera modificación ou innovación da empresa, que poida interesarlles.

5.7.Identificar, en tempo e forma, as accións derivadas das obrigas legais dunha empresa.* Identifícase a documentación esixida pola normativa vixente.

* Identifícase o calendario fiscal correspondente á actividade económica desenvolvida.

* Identifícanse en tempo e forma as obrigas legais laborais.
-Altas e baixas laborais.
-Nóminas.
-Seguros sociais.

Dominio profesional

Información que manexa:

-Documentación administrativa: facturas, albarás, notas de pedido, letras de cambio, cheques.

Documentación cos distintos organismos oficiais:

-Permisos de apertura do local, permiso de obras, etc... Nóminas TC1, TC2. Alta en IAE. Libros contables oficiais e libros auxiliares. Arquivos de clientes e provedores.

Tratamento da información:

-Terá que coñece-los trámites administrativos e as obrigas cos distintos organismos oficiais, xa sexa para realizalos o propio interesado ou para contrata-la súa realización a persoas ou empresas especializadas.

-O soporte da información pode estar informatizado utilizando paquetes de xestión moi básicos existentes no mercado.

Persoas coas que se relaciona:

-Provedores e clientes. Ó ser unha pequena empresa ou taller, en xeral, tratará con clientes con pedidos ou servicios que darán lugar a pequenas ou medianas operacións comerciais. Xestorías.

2.6. Evolución da competencia profesional:

2.6.1. Cambios nos factores tecnolóxicos, organizativos e económicos:

Menciónase a continuación unha serie de cambios previsibles no sector que, en maior ou menor medida, pode influír na competencia deste profesional:

* A modernización continua e paulatina das estructuras industriais produce un incremento nos investimentos destinados á renovación e mellora das súas instalacións e infraestructuras.

* A incorporación de novas tecnoloxías, orientadas fundamentalmente cara ós sistemas programables, implicará unha substitución ou complementación dos equipos e sistemas cableados por sistemas programados, que optimicen e flexibilicen os cambios demandados polos procesos de producción.

* As necesidades de aforro enerxético, de seguridade e de confortabilidade dos usuarios adquirirán paulatinamente maior importancia, incrementando a demanda de instalacións automatizadas para vivendas e edificios do sector terciario («domótica», xestión técnica de edificios -«edificios intelixentes»-, ...), onde os conceptos de integración dos servicios de xestión da enerxía, da confortabilidade, da seguridade e das comunicacións irán adquirindo, cada vez más, un maior protagonismo.

* O crecemento dos sistemas de telemedida, telecontrol e telemantemento permitirán efectuar unha xestión técnica e da seguridade máis eficiente das instalacións e servicios nos edificios.

* As ferramentas informáticas para a elaboración de documentación técnica (cálculo, debuxo, ...) referente a equipos e instalacións electrotécnicas implántanse cada vez con maior profusión.

* A incorporación de aplicacións informáticas facilitarán a planificación, programación e control dos traballos.

* Os servicios de mantemento, especialmente o preventivo, de equipos e instalacións electrotécnicas, adquiren un carácter relevante no sector, constituíndo unha das áreas de actividade de maior potencial presente e futuro.

* A creación de novas pequenas empresas, orientadas cara á especialización, perseguirán a aparición de grandes oportunidades de cara á focalización das súas actividades nos mercados rexionais e locais.

* As esixencias de competitividade implicarán un proceso de concentración das empresas pequenas, características deste sector, facilitará a diversificación de actividades e a ampliación da gama de servicios.

* As empresas ofrecerán ó cliente sistemas completos que inclúan desde o proxecto ata o servicio de instalación e mantemento, de forma que garantan o funcionamento continuo e a fiabilidade das instalacións, chegando incluso á formación personalizada ó cliente, onde a calidade xoga un papel fundamental.

* Espéranse incrementos significativos da productividade motivados, en gran medida, pola introducción das novas tecnoloxías, especialmente as relacionadas coa electrónica e os sistemas de tratamento da información.

* O desenvolvemento da normativa de ambiente e de seguridade e prevención, de ámbito europeo, obrigará a unha maior esixencia na súa aplicación.

2.6.2. Cambios nas actividades profesionais:

A introducción das novas tecnoloxías nos equipos e instalacións electrotécnicas (equipos programables e de tratamento da información, cableados de fibra óptica...) determinarán que grande parte da actividade deste técnico se centre na utilización de programas informáticos para desenvolvemento e xestión de proxectos de equipos e instalacións electrotécnicas.

A integración paulatina que se demanda dos servicios técnicos e, ó mesmo tempo, das instalacións asociadas a eles, requiren deste técnico competencias máis transversais desde o punto de vista tecnolóxico, onde se combinan elementos e sistemas eléctricos, electrónicos, fluídicos e informáticos, demandando del unha visión sistémica e pluridisciplinar en constante evolución.

Os mesmos procesos de automatización que caracterizan as actividades deste profesional, onde o control distribuído e a supervisión informatizada dos procesos a afastan do control directo destes procesos, aparecendo cun carácter predominante o diálogo persoa-máquina a través de interfaces computerizadas para a supervisión e o control, así como para a xestión do mantemento dos devanditos sistemas.

A seguridade, fiabilidade e calidade esixida ás instalacións electrotécnicas e ós seus procesos de execución adquire cotas que só mediante un nivel de alta cualificación e profesionalidade se poden afrontar.

A polivalencia funcional que se require deste profesional xustifícase pola necesidade de mobilidade horizontal entre o desenvolvemento, ó seu nivel, de proxectos de equipos e instalacións electrotécnicas, o control da súa execución, as probas de posta en marcha e o servicio de mantemento das devanditas instalacións, dirixindo o preventivo, diagnosticando os fallos que poidan xurdir, propondo e/ou realizando as melloras que poidan derivarse das súas actuacións.

2.6.3. Cambios na formación:

A formación deste profesional en calidade e, especialmente, nos conceptos de calidade total, debe enfocarse a conseguir dela unha concepción global no proceso productivo e uns coñecementos sobre materiais, equipos, normativa e procedementos de autocontrol que lle permitan actuar neste campo de forma permanente.

Deberá estar ó día no coñecemento dos novos equipos, dispositivos e materiais que se utilizan na construcción de liñas de MT, BT e CT e dos procesos utilizados na implantación e mantemento destes, adquirindo unha importancia, cada vez maior, os sistemas de telecontrol, telemedida e telexestión.

A evolución tecnolóxica que continuamente se está producindo no campo das instalacións singulares en edificios (antenas, intercomunicación, telefonía, seguridade) e nas automatizadas (coa utilización de sistemas baseados en bus, en correntes portadoras, en sistemas propietarios) esixirá a este profesional unha constante posta ó día nos sistemas, equipos e procedementos asociados.

O traballo con contornos informatizados, tanto na fase de proxecto, utilizando ferramentas informáticas para o deseño asistido por ordenador (cálculo, debuxo e edición), como para a elaboración dos programas de control dos sistemas automatizados nos edificios e para a organización, xestión e control dos proxectos, demandarán un dominio das destrezas propias dos sistemas informáticos e da súa programación.

A xestión e as relacións no contorno de traballo adquiren, cada vez más, unha maior importancia, onde as técnicas de traballo en equipo, resolución de conflictos, grupos de mellora, etc. inflúen de forma decisiva nas formas de organización e de afronta-las tarefas que o caracterizan.

A formación en loxística, planificación, xestión e control de proxectos terá unha importancia crecente para este profesional.

A normativa que regula as súas actividades, especialmente a electrotécnica e a de seguridade, obrigan a este profesional a unha constante posta ó día sobre ela.

2.7. Posición no proceso productivo:

2.7.1. Contorno profesional e de traballo:

As empresas onde este profesional poderá desenvolve-lo seu labor teñen como actividade as seguintes:

* Deseño e desenvolvemento de proxectos de equipos e instalacións electrotécnicas.

* Construcción e posta a punto de equipos e instalacións electrotécnicas.

* Montaxe e posta en marcha de equipos e instalacións electrotécnicas.

* Mantemento de instalacións electrotécnicas.

Os sectores e subsectores onde pode localizarse son tan diversos coma as áreas de actividade económica onde os equipos e instalacións electrotécnicas constitúen unha parte importante da súa actividade (por exemplo, enxeñerías, empresas de montaxe de equipos e instalacións de distribución de enerxía eléctrica en baixa e media tensión, instalacións de electrificación para vivendas e edificios, de instalacións de enerxía solar fotovoltaica, de antenas e intercomunicación, despachos de arquitectura); en xeral, pequenas e medianas empresas.

2.7.2. Contorno funcional e tecnolóxico:

Este profesional localízase fundamentalmente nas funcións de proxecto, montaxe, instalación, loxística e mantemento de equipos e instalacións electrotécnicas.

As técnicas e coñecementos tecnolóxicos abarcan os campos de:

* Elaboración da documentación técnica de proxectos de equipos e instalacións electrotécnicas, mediante a utilización de ferramentas informáticas.

* Establecemento de procesos operacionais para a montaxe, posta en servicio e mantemento das instalacións electrotécnicas.

* Elaboración dos programas para os equipos de control utilizados na automatización das instalacións electrotécnicas para vivendas e edificios.

* Elaboración de protocolos de verificación e mantemento das instalacións electrotécnicas.

* Establecemento de procedementos de actuación para a diagnose de avarías en equipos e instalacións electrotécnicas.

* Loxística e xestión de compras e almacéns.

* Regulamentación electrotécnica e de seguridade que regula as instalacións.

* Distribución de traballos e a súa supervisión, coordinando e controlando os procesos productivos, a calidade dos devanditos traballos, a aplicación das normas de seguridade e as operacións de mantemento dos equipos e instalacións electrotécnicas.

* Coñecementos de materiais, dispositivos e equipos de distintas tecnoloxías que se utilizan nas instalacións eléctricas de distribución de enerxía en BT, MT e CT, de electrificación para vivendas e edificios, de iluminación exterior e interior, de antenas, de telefonía interior e intercomunicación, de megafonía, de seguridade e de enerxía solar fotovoltaica, domóticas e de xestión técnica da enerxía.

2.7.3. Ocupacións, postos de traballo tipo máis relevantes:

A título de exemplo e especialmente con fins de orientación profesional, enumérase a continuación un conxunto de ocupacións ou postos de traballo que

poderían ser desempeñados adquirindo a competencia profesional definida no perfil do título.

* Proxectista de:

-Liñas eléctricas de distribución de enerxía eléctrica en media e baixa tensión e centros de transformación.

-Instalacións de electrificación en baixa tensión para vivendas e edificios.

-Instalacións singulares (antenas, telefonía, interfonía, megafonía, seguridade e enerxía solar fotovoltaica) para vivendas e edificios.

-Instalacións automatizadas, domóticas e de xestión técnica, para vivendas e edificios.

* Técnico en supervisión, verificación e control de equipos e instalacións electrotécnicas.

3. Currículo.

3.1. Obxectivos xerais do ciclo formativo:

* Configurar, a partir de especificacións concretas, liñas de distribución eléctrica en media tensión (MT), baixa tensión (BT) e centros de transformación (CT), seleccionando os equipos e materiais máis adecuados en cada caso.

* Configurar, a partir de especificacións concretas, instalacións de electrificación para vivendas e edificios, seleccionando os equipos e materiais máis adecuados en cada caso.

* Configurar, a partir de especificacións concretas, instalacións singulares (antenas, telefonía interior, intercomunicación, megafonía, seguridade, enerxía solar fotovoltaica) para vivendas e edificios, seleccionando os equipos e materiais máis adecuados en cada caso.

* Configurar, a partir de especificacións concretas, instalacións automatizadas (domóticas, de xestión técnica) para vivendas e edificios, seleccionando os equipos e materiais máis adecuados en cada caso.

* Analizar e interpretar adecuadamente a documentación técnica correspondente ós proxectos de equipos e instalacións electrotécnicas no ámbito das vivendas e edificios.

* Elaborar ou configura-los programas de control correspondentes ós equipos electrotécnicos de automatización de instalacións para vivendas e edificios, empregando en cada caso os programas, a linguaxe, os procedementos e estructuras máis idóneas co fin de optimiza-lo funcionamento e asegura-la fiabilidade e seguridade das instalacións.

* Realiza-las comprobacións, medidas e axustes necesarios para a posta a punto das instalacións electrotécnicas.

* Elabora-la documentación necesaria para a definición e desenvolvemento de proxectos de equipos e instalacións electrotécnicas para vivendas e edificios, realizando os cálculos, esquemas e planos necesarios para a súa concreción, mediante a utilización das ferramentas informáticas máis adecuadas en cada caso.

* Determinar procedementos de actuación para o diagnóstico de avarías en equipos e instalacións elec

trotécnicas para vivendas e edificios, determinando e/ou propoñendo os útiles hardware e/ou software específicos máis apropiados, documentando os ditos procedementos coa precisión requirida e no formato e soporte máis adecuados.

* Aplica-las técnicas de organización e xestión da producción por proxectos referidas á execución e mantemento dos equipos e instalacións electrotécnicas, utilizando as ferramentas informáticas máis adecuadas en cada caso.

* Valora-la importancia dos conceptos de calidade total e aplica-las técnicas que a caracterizan no desenvolvemento e execución dos proxectos de equipos e instalacións electrotécnicas.

* Valora-la importancia que a seguridade ten no campo das instalacións electrotécnicas, especialmente nas actividades relacionadas coas liñas de media tensión, seleccionando e aplicando a normativa e os procedementos máis adecuados en cada caso.

* Comprende-lo marco legal, económico e organizativo que regula e condiciona a actividade de desenvolvemento de proxectos, execución e mantemento de equipos e instalacións electrotécnicas para vivendas e edificios, identificando os dereitos e as obrigas que derivan das relacións laborais, adquirindo a capacidade de segui-los procedementos establecidos e de actuar con eficacia ante as anomalías que poidan presentarse neles.

* Buscar, seleccionar e valorar diversas fontes de información relacionadas co exercicio da profesión, que lle permitan o desenvolvemento da súa capacidade de autoaprendizaxe no sector da construcción e mantemento dos equipos e instalacións electrotécnicas e lle posibiliten a evolución e adaptación das súas capacidades profesionais ós cambios tecnolóxicos e organizativos do sector.

* Dominar estratexias que lle permitan participar en calquera proceso de comunicación con outras áreas da empresa, con clientes e con provedores.

* Analizar, adaptar e, se é o caso, xerar documentación técnica imprescindible na formación e asesoramento de profesionais supostamente ó seu cargo.

3.2. Módulos asociados a unha unidade de competencia:

3.2.1. Módulo profesional 1: técnicas e procesos nas instalacións eléctricas en media e baixa tensión:

Asociado á unidade de competencia 1: desenvolver e manter equipos e instalacións de distribución de enerxía eléctrica en media tensión (MT), baixa tensión (BT) e centros de transformación (CT).

Capacidades terminais elementais

* Identificar no mapa eléctrico actual da Comunidade galega a situación xeográfica da rede eléctrica, para localiza-las liñas de transporte de enerxía eléctrica de MT, utilizando a simboloxía e os medios de representación axeitados.

* Describir en formato axeitado os distintos sistemas de distribución de enerxía eléctrica en función da tensión de subministración, sistema de posta á terra e esquema estructural, para a análise das instalacións eléctricas de distribución de MT e BT, utilizando a simboloxía e o vocabulario axeitados.

* Identificar en información técnica as partes e elementos característicos das liñas de distribución aéreas e subterráneas en MT e BT para analiza-los criterios regulamentarios que se deben ter en conta no seu cálculo e execución, utilizando planos, esquemas e datos técnicos das instalacións reais.

* Describir en formato adecuado os procesos e técnicas máis característicos utilizados na montaxe e posta en servicio das liñas de distribución de MT e BT, para indica-las fases, medios e recursos necesarios empregados, utilizando simboloxía e vocabulario axeitados.

* Analizar de acordo coa regulamentación técnica os diferentes tipos de tarifas eléctricas vixentes na Comunidade galega para determina-lo baremo da potencia de contratación e o consumo de enerxía eléctrica, utilizando información técnica axeitada.

* Calcular en formato axeitado magnitudes e parámetros necesarios para verificar que as características dos elementos das instalacións das liñas de distribución de MT e BT son as idóneas, utilizando medios manuais e/ou informáticos.

* Interpretar en información técnica as características dos CT para analiza-la función que realizan nas redes de distribución, utilizando planos, esquemas e datos de instalacións reais.

* Describir en formato axeitado os tipos de CT, partes, elementos, conexións e características funcionais e constructivas para analiza-los criterios regulamentarios que se deben ter en conta no seu cálculo e execución, utilizando simboloxía e vocabulario axeitados.

* Describir en formato adecuado as fases e precaucións que se deben seguir nas distintas manobras de conexión, desconexión e regulación de tensión dos CT para a aplicación destas na instalación dun CT real (FCT), utilizando simboloxía e vocabulario axeitado.

* Calcular en formato axeitado magnitudes e parámetros necesarios para verificar que as características dos elementos do CT son os idóneos, utilizando medios manuais e/ou informáticos.

* Describir en formato axeitado as fases e operacións que se terían que seguir para realiza-lo mantemento preventivo dun CT para colaborar na súa verificación nunha instalación dun CT real (FCT), utilizando simboloxía e vocabulario axeitados.

* Describir en formato adecuado os equipos, medios e ferramentas necesarios para realiza-lo mantemento preventivo dun CT, para colaborar na súa verificación nunha instalación dun CT real (FCT), utilizando simboloxía e vocabulario axeitado.

* Identificar en información técnica as partes e elementos característicos das instalacións de enlace e interior de vivendas e edificios para relaciona-las funcións que realizan, as características e os parámetros de control, utilizando planos, esquemas e datos de instalacións reais.

* Describir en formato axeitado as operacións de montaxe das instalacións de enlace e interior de vivendas e edificios para colaborar na execución da dita montaxe en instalacións reais (FCT), utilizando simboloxía e vocabulario axeitados.

* Explica-lo concepto de grao de electrificación e previsión de cargas dun edificio destinado principalmente a vivendas para clasificar adecuadamente as instalacións, utilizando regulamentación axeitada.

* Calcular en formato axeitado as magnitudes e parámetros necesarios para verificar que os materiais e equipos das instalacións de enlace e interior de vivendas e edificios son os idóneos, utilizando medios manuais e/ou informáticos.

* Describir en formato axeitado os distintos tipos de instalacións receptoras de características especiais (locais de pública concorrencia, iluminacións xerais e especiais, locais de risco de incendio e explosión, etc) para a identificación dos diferentes tipos e análises de cada unha delas, utilizando a simboloxía e o vocabulario axeitados.

* Identificar con información técnica as partes e elementos das instalacións de características especiais, para analiza-la súa montaxe e manipulación, utilizando planos, esquemas e datos de instalacións reais.

* Calcular en formato adecuado as magnitudes e os parámetros necesarios para verificar que os elementos que interveñen nas instalacións receptoras de características especiais son os idóneos, utilizando medios manuais e/ou informáticos.

* Medir, realizar probas e ensaios en instalacións simuladas de distribución de enerxía eléctrica, electrificación para vivendas e edificios e instalacións receptoras de características especiais, os parámetros e magnitudes necesarios para realiza-la verificación e posta en servicio destas instalacións, utilizando os instrumentos de medida axeitados e interpretando as medidas, probas e ensaios realizados.

* Describir en formato axeitado os tipos e características das avarías eléctricas e mecánicas clásicas en instalacións de distribución de MT e BT para realizar un plan de intervención na instalación co fin de determina-las causas que producen a avaría, utilizando simboloxía e vocabulario axeitado.

* Describir en formato adecuado os tipos e características das avarías eléctricas dun CT, para colaborar na súa localización nunha instalación real (FCT), co fin de determina-las causas e supervisa-las operacións de reparación, utilizando simboloxía e vocabulario axeitado.

* Describir en formato adecuado os tipos e características das avarías eléctricas de instalacións de

electrificación de edificios, vivendas e instalacións receptoras de características especiais para realizar un plan de intervención na instalación co fin de determina-las causas que producen a avaría, utilizando simboloxía e vocabulario axeitados.

* Aplicar en instalacións eléctricas de MT e BT as normas e recomendacións vixentes na comunidade galega para a súa correcta utilización, empregando regulamentación e instruccións axeitadas.

Contidos (duración 240 horas)

Contidos procedementais

Liñas para o transporte e distribución de enerxía eléctrica:

* Identificación dos diferentes tipos de distribución de enerxía eléctrica en función da tensión de subministración, sistema de distribución, sistema de posta á terra e esquema estructural adoptado.

* Análise das partes, elementos e equipos que configuran as instalacións de distribución e transporte.

* Análise do telemando en liñas de MT.

* Interpretación de esquemas e planos das instalacións de distribución e transporte.

* Aplicación de tarifas eléctricas.

* Cálculo e selección de equipos e elementos das liñas de distribución.

* Interpretación e medida de parámetros e magnitudes necesarias.

* Elaboración de informes das actividades realizadas.

Centros de transformación:

* Análise dos diferentes tipos e elementos constructivos dos CT.

* Análise da placa de características.

* Análise da conexión, desconexión e regulación de tensión.

* Interpretación da documentación dun CT.

* Cálculo e selección de equipos e elementos dos CT.

* Interpretación e medida dos parámetros e magnitudes necesarias.

* Elaboración de informes das actividades realizadas.

Instalacións de enlace e interiores:

* Análise dos distintos tipos de instalacións en función da súa aplicación específica.

* Análise funcional das distintas partes, equipos e elementos das instalacións de enlace e interior.

* Interpretación da documentación técnica.

* Cálculo e selección de equipos e elementos das instalacións de enlace e interior.

* Interpretación e medida dos parámetros e magnitudes necesarias.

* Elaboración de informes de medidas e cálculos realizados.

Instalacións receptoras de características especiais:

* Análise dos diferentes tipos e elementos constructivos de instalacións de especiais características.

* Análise das normas e instruccións específicas que a regulamentación vixente determina para este tipo de instalacións na comunidade galega.

* Interpretación da documentación técnica.

* Análise dos métodos de montaxe e manipulación de instalacións de características especiais.

* Cálculo e selección de compoñentes e dispositivos deste tipo de instalacións. Cálculos de iluminación interior e exterior.

* Interpretación e medida de parámetros e magnitudes necesarias.

* Elaboración de informes de medida e cálculos realizados.

Técnicas e procesos para a montaxe, posta en servicio e mantemento:

* Interpretación da documentación técnica para o mantemento e conservación das instalacións eléctricas en MT e BT.

* Planificación das fases e precaucións a seguir para a montaxe, posta en servicio e mantemento das instalacións.

* Análise dos tipos e características das avarías eléctricas e mecánicas clásicas en instalacións de distribución e electrificación.

* Análise dos equipos, medios e ferramentas que se van utilizar na montaxe e conservación neste tipo de instalacións.

* Análise dos métodos de diagnóstico de avarías en instalacións de distribución e electrificación recollendo:

-Deducción da causa.

-Deducción do plan de intervención.

* Elaboración de informes sobre a montaxe, posta en servicio e mantemento destas instalacións.

Contidos conceptuais

Liñas para o transporte e distribución da enerxía eléctrica:

* Tipos e estructura das redes de distribución de enerxía eléctrica. Telemando.

* Elementos e materiais característicos das liñas de distribución aéreas e subterráneas (apoios, conductores, illadores, gabias, empalmes, etc.). Elementos de protección e sinalización.

* Operacións de montaxe, posta en servicio e mantemento.

* Simboloxía das instalacións de distribución.

* Sistemas de tarifas eléctricas vixentes. Potencia para facturar.

* Medidas: tipoloxía e procedementos de uso de aparellos de medida utilizados nas instalacións de liñas de distribución. Placa de característica dos aparellos de medida. Condicións de seguridade e precaucións para ter en conta.

* Leis e principios nos que se fundamenta o cálculo dos parámetros que interveñen nas liñas.

* Regulamento e normativa vixente en Galicia para liñas de transporte e distribución de enerxía eléctrica:

-RAT.

-REBT.

-UNE.

-UNESA...

Centros de transformación:

* Clasificación, constitución, localización e ámbito de aplicación dos centros de transformación.

* Características funcionais e constructivas dos transformadores. Placa de características.

* Elementos constitutivos dun CT: liñas de entrada e saída, seccionadores, proteccións, elementos de medida, transformador, cadros de BT e postas á terra.

* Operacións de montaxe, posta en servicio e mantemento.

* Simboloxía de CT.

* Medidas: tipoloxía e procedementos de uso de aparellos de medida e ensaio utilizados en instalacións de CT . Placa de características. Condicións de seguridade e precaucións para ter en conta na utilización dos instrumentos de medida e ensaio.

* Leis e principios nos que se fundamenta o cálculo dos parámetros e magnitudes que interveñen nos CT.

* Regulamentación e normativa vixente na Comunidade Autónoma galega para CT.

-RCE.

-UNE.

-UNESA...

Instalación de enlace e interior:

* Instalacións de enlace. Partes constituíntes, características e funcionalidade.

* Instalacións de interior: tipoloxía. Partes constituíntes, características, funcionalidade e ámbito de aplicación.

* Simboloxía de instalacións de enlace e interior.

* Operacións de montaxe, posta en servicio e mantemento.

* Medidas: tipoloxía e procedementos de uso de instrumentos de medida utilizados nas instalacións de enlace e interior. Placa de características. Condicións de seguridade e precaucións para ter en conta na utilización dos instrumentos de medida.

* Leis, principios e normas de aplicación para o cálculo e deseño das instalacións.

* Previsión de cargas e graos de electrificación en edificios destinados a vivendas.

* Regulamentación e normativa vixente en Galicia para instalacións de enlace e interior de vivendas e edificios.

-REBT.

* Normas particulares para as instalacións de enlace da subministración de enerxía eléctrica en baixa tensión (revisión 1995).

-UNE (UNE 20-460).

-NESA.

-NTE...

Instalacións receptoras de características especiais:

* Tipoloxía.

* Iluminacións xerais e especiais: equipos, elementos, fontes receptoras, accesorios e funcionamento.

* Simboloxía.

* Magnitudes e unidades fundamentais de luminotecnia.

* Leis, principios e normas de aplicación para o cálculo e deseño de instalacións de iluminación.

* Operacións de montaxe, posta en servicio e mantemento de instalacións de iluminación.

* Medidas: tipoloxía e procedementos de uso dos instrumentos utilizados para a medida e comprobación de instalacións receptoras de características especiais. Placa de características. Condicións de seguridade e precaucións para ter en conta nos instrumentos de medida.

* Regulamentación e normativa vixente na Comunidade Autónoma galega para este tipo de instalacións.

-REBT.

-UNE(UNE 20-460).

-NTE.

Técnicas e procesos para a montaxe, posta en servicio e mantemento:

* Tipos e programas de mantemento.

* Operacións de mantemento en instalacións de distribución e electrificación. Equipos, ferramentas e materiais empregados.

* Avarías típicas de instalacións de distribución e electrificación.

* Técnicas de diagnóstico e localización de avarías. Informes tipo.

Contidos actitudinais

* Orde e limpeza no manexo da documentación.

* Rigor na interpretación da documentación.

* Orde e método no traballo.

* Respecto polas normas de conexión, utilización e conservación dos útiles e ferramentas de traballo (medida, cálculo, etc).

* Execución das operacións con autosuficiencia e seguridade.

* Autoavaliación sistemática das operacións realizadas.

* Valoración do alcance da calidade prevista nos traballos realizados.

* Respecto pola saúde e o ambiente.

* Rigor na aplicación das medidas de seguridade, tanto persoal como dos equipos e instalacións.

* Rigor na correcta interpretación das normas e recomendacións sobre as instalacións.

* Valoración da importancia da verificación e posta en servicio das instalacións.

* Precisión ó efectua-los cálculos e verificacións das instalacións.

* Preocupación pola correcta elaboración, arquivado e presentación da documentación técnica.

* Resposta ás posibles suxestións do equipo técnico.

* Interese pola constante actualización da documentación.

3.2.2. Módulo profesional 2: técnicas e procesos nas instalacións singulares nos edificios:

Asociado á unidade de competencia 2: desenvolver e manter instalacións singulares no contorno dos edificios.

Capacidades terminais elementais

* Analizar en instalacións singulares, tanto simuladas como reais, os elementos que as constitúen, para identifica-los parámetros e características máis relevantes, utilizando a documentación técnica axeitada (planos, esquemas e listaxe de material).

* Describir en formato axeitado as técnicas e procesos máis idóneos para aplicar na montaxe e posta en servicio das instalacións singulares nos edificios, utilizando o vocabulario e a simboloxía correctos.

* Describir en formato axeitado os medios e recursos máis utilizados na montaxe e posta en servicio das instalacións singulares, utilizando unha simboloxía e vocabulario idóneos.

* Seleccionar na información técnica os equipos e materiais necesarios para a configuración de instalacións singulares, utilizando catálogos técnicos comerciais e bases de datos informáticas.

* Calcular en instalacións singulares os parámetros e características necesarias para a súa configuración, utilizando medios manuais e/ou informáticos.

* Elaborar en formatos normalizados a documentación técnica e administrativa necesaria para a construcción e/ou modificación de instalacións singulares utilizando, entre outros planos, esquemas, listaxes de materiais e orzamentos.

* Medir en instalacións singulares, tanto simuladas como reais, os parámetros característicos máis relevantes, interpretando os resultados obtidos e utilizando os instrumentos de medida axeitados.

* Aplicar en instalacións singulares as normas e recomendacións vixentes na Comunidade Autónoma galega, para a súa correcta utilización, utilizando regulamentos e instruccións axeitadas.

* Localizar e diagnosticar nas instalacións singulares simuladas ou reais as posibles avarías para a súa reparación, utilizando os medios axeitados e aplicando o proceso correcto.

* Describir en formato adecuado as operacións necesarias para realiza-lo mantemento en instalacións singulares, utilizando a simboloxía e o vocabulario axeitados.

Contidos (duración 240 horas)

Contidos procedementais

Instalacións de telefonía e intercomunicación:

* Clasificación dos diferentes tipos de instalacións de telefonía interior en función do sistema de control e do tipo de distribución.

* Clasificación dos tipos de instalacións de telefonía interior e intercomunicación en función da voz e a imaxe.

* Clasificación e descrición dos procesos máis característicos utilizados na montaxe e posta en servicio nas instalacións de telefonía interior e intercomunicación.

* Identificación do tipo de instalación, equipos e elementos que a configuran.

* Elaboración de esquemas e planos en diferentes bloques funcionais.

* Medición e interpretación dos parámetros da instalación.

* Verificacións necesarias dos aparellos que interveñen nas instalacións de telefonía interior ou intercomunicación.

* Identificación das variacións dos parámetros.

* Elaboración de informes das actividades desenvolvidas desde o principio da instalación ata a súa posta en servicio.

* Realización dos cálculos necesarios para a configuración da instalación.

* Elaboración da documentación correcta para unha instalación (orzamento e instruccións de funcionamento e conservación).

* Diagnóstico de avarías explicando a súa tipoloxía e características.

* Elección do proceso axeitado para levar a cabo co fin de repara-las avarías unha vez detectadas.

* Interpretación da documentación técnica en función das características da instalación.

Instalacións de antenas:

* Clasificación dos diferentes tipos de instalacións de antenas en función do sistema de recepción, control e tipo de distribución.

* Clasificación e descrición dos procesos máis característicos utilizados na montaxe e posta en servicio nas instalacións de antenas.

* Identificación do tipo de instalación, equipos e elementos que o configuran.

* Elaboración de esquemas e planos en diferentes bloques funcionais.

* Medición e interpretación dos parámetros da instalación.

* Verificacións necesarias dos aparellos que interveñen na instalación de antenas.

* Identificación das variacións dos parámetros.

* Elaboración de informes das actividades desenvolvidas desde o comezo da instalación ata a súa posta en servicio.

* Realización dos cálculos necesarios para a configuración da instalación.

* Elaboración da documentación correcta para unha instalación (orzamento e instruccións de funcionamento e conservación).

* Diagnóstico de avarías explicando a súa tipoloxía e características.

* Elección do proceso axeitado para levar a cabo co fin de repara-las avarías unha vez detectadas.

* Interpretación da documentación técnica en función das características da instalación.

Instalacións de megafonía:

* Clasificación dos diferentes tipos de instalacións de megafonía en función da súa localización (interior ou intemperie) e da súa utilización (reforzo, avisos, música).

* Clasificación e descrición dos procesos máis característicos utilizados na montaxe e posta en servicio nas instalacións de megafonía.

* Identificación do tipo de instalación, equipos e elementos que o configuran.

* Elaboración de esquemas e planos en diferentes bloques funcionais.

* Medición e interpretación dos parámetros da instalación.

* Verificacións necesarias dos aparellos que interveñen nas instalacións de megafonía.

* Identificación das variacións dos parámetros.

* Elaboración de informes das actividades desenvolvidas desde o comezo da instalación ata a súa posta en servicio.

* Realización dos cálculos necesarios para a configuración da instalación.

* Elaboración da documentación correcta para unha instalación (orzamento e instruccións de funcionamento e conservación).

* Diagnóstico de avarías explicando a súa tipoloxía e características.

* Elección do proceso axeitado para levar a cabo co fin de repara-las avarías unha vez detectadas.

* Interpretación da documentación técnica en función das características da instalación.

Instalacións de enerxía solar fotovoltaica:

* Clasificación dos diferentes tipos de instalacións de enerxía solar fotovoltaica. O seu aproveitamento.

* Clasificación e descrición dos procesos máis característicos utilizados na montaxe e posta en servicio nas instalacións de enerxía fotovoltaica.

* Identificación do tipo de instalación, equipos e elementos que o configuran.

* Elaboración de esquemas e planos en diferentes bloques funcionais.

* Medición e interpretación dos parámetros da instalación.

* Verificacións necesarias dos aparellos que interveñen nas instalacións de enerxía fotovoltaica.

* Identificación das variacións dos parámetros.

* Elaboración de informes das actividades desenvolvidas desde o principio da instalación ata a súa posta en servicio.

* Realización dos cálculos necesarios para a configuración da instalación.

* Elaboración da documentación correcta para unha instalación (orzamento e instruccións de funcionamento e conservación).

* Diagnóstico de avarías explicando a súa tipoloxía e características.

* Elección do proceso axeitado para levar a cabo co fin de repara-las avarías unha vez detectadas.

* Interpretación da documentación técnica en función das características da instalación.

Instalacións de seguridade:

* Clasificación dos diferentes tipos de instalacións de seguridade.

* Clasificación e descrición dos procesos máis característicos utilizados na montaxe e posta en servicio nas instalacións de seguridade de todas e cada unha das finalidades.

* Identificación do tipo de instalación, equipos e elementos que a configuran.

* Elaboración de esquemas e planos en diferentes bloques funcionais.

* Medición e interpretación dos parámetros da instalación.

* Verificacións necesarias dos aparellos que interveñen nas instalacións de seguridade.

* Identificación das variacións dos parámetros.

* Elaboración de informes das actividades desenvolvidas desde o comezo da instalación ata a súa posta en servicio.

* Realización dos cálculos necesarios para a configuración da instalación.

* Elaboración da documentación correcta para unha instalación (orzamento e instruccións de funcionamento e conservación).

* Diagnóstico de avarías explicando a súa tipoloxía e características.

* Elección do proceso axeitado para levar a cabo co fin de repara-las avarías unha vez detectadas.

* Interpretación da documentación técnica en función das características da instalación.

Contidos conceptuais

Instalacións de telefonía e intercomunicación:

* Elementos que compoñen unha instalación de telefonía interior e intercomunicación.

* Parámetros máis relevantes que se utilizan en telefonía interior e intercomunicación.

* Sistemas de enlace en aparellos emisores e receptores tanto en telefonía interior como en intercomunicación.

* Ferramentas, equipos e materiais para utilizar na montaxe das instalacións de telefonía interior e intercomunicación. Tipoloxía, función que desenvolven e as súas principais características.

* Técnicas de deseño e cálculo das instalacións de telefonía interior e intercomunicación.

* Técnicas de posta a punto (montaxe, posta en servicio e mantemento) das instalacións de telefonía interior e intercomunicación.

* Catálogos comerciais.

Instalacións de antenas:

* Elementos que compoñen unha instalación de antenas terrestre e vía satélite.

* Parámetros máis relevantes que se utilizan en antenas en cada unha das seccións máis características (captación, cabeceira e distribución).

* Elementos que compoñen unha antena colectiva para recepción de TV terrestre e vía satélite.

* Fenómenos radio-eléctricos que se establecen nunha instalación de antenas terrestres ou vía satélite.

* Ferramentas, equipos e materiais para utilizar na montaxe e mantemento das instalacións de antenas. Tipoloxía, función que desenvolven e as súas principais características.

* Técnicas de deseño e cálculo das instalacións de antenas.

* Técnicas de posta a punto (montaxe, posta en servicio e mantemento) das instalacións de antenas.

* Catálogos comerciais.

Instalacións de megafonía:

* Elementos que compoñen unha instalación de megafonía.

* Parámetros máis relevantes que se utilizan nunha instalación de megafonía.

* Ferramentas, equipos e materiais para utilizar na montaxe e mantemento das instalacións de megafonía. Tipoloxía, función que desenvolven e as súas principais características.

* Técnicas de deseño e cálculo das instalacións de megafonía.

* Técnicas de posta a punto (montaxe, posta en servicio e mantemento) das instalacións de megafonía.

* Catálogos comerciais.

Instalacións de enerxía fotovoltaica:

* Elementos que compoñen unha instalación de enerxía fotovoltaica.

* Parámetros máis relevantes que se utilizan nunha instalación de enerxía fotovoltaica .

* Ferramentas, equipos e materiais para utilizar na montaxe e mantemento das instalacións de enerxía fotovoltaica. Tipoloxía, función que desenvolven e as súas principais características.

* Técnicas de deseño e cálculo das instalacións de enerxía fotovoltaica.

* Técnicas de posta a punto (montaxe, posta en servicio e mantemento) das instalacións de enerxía fotovoltaica.

* Catálogos comerciais.

Instalacións de seguridade:

* Instalacións de seguridade en función da finalidade (contra incendios, antiintrusión, contra atraco, circuíto pechado de TV e control de acceso).

* Elementos que compoñen unha instalación de seguridade.

* Parámetros máis relevantes que se utilizan nunha instalación de seguridade.

* Ferramentas, equipos e materiais para utilizar na montaxe e mantemento das instalacións de seguridade. Tipoloxía, función que desenvolven e as súas principais características.

* Técnicas de deseño e cálculo das instalacións de seguridade.

* Técnicas de posta a punto (montaxe, posta en servicio e mantemento) das instalacións de seguridade.

* Catálogos comerciais.

Contidos actitudinais

* Orde e limpeza no manexo da documentación.

* Rigor e respecto na interpretación do regulamento electrotécnico de BT e normativa específica.

* Orde e método de traballo.

* Valoración da disposición da correcta documentación.

* Observación da necesidade do traballo en equipo.

* Atención á concreción das especificacións técnicas e funcionais, así como á actualización de tarefas de equipos e elementos.

* Adecuación da elaboración de documentación á normativa vixente en todo o Estado, así como á especificada para cada Comunidade Autónoma.

* Autocontrol da calidade das análises e das configuracións das instalacións deseñadas.

* Rigor na interpretación da documentación.

* Valoración da importancia que ten realizar memorias, historiais e plans de montaxe e posta en servicio.

* Atención á presentación dun traballo rematado (esquemas, cálculos, orzamentos, etc).

* Autocontrol da calidade das realizacións efectuadas.

* Respecto polas normas de utilización e conservación dos útiles e ferramentas de traballo.

* Rigor na aplicación das medidas de seguridade, tanto persoal como da instalación.

* Respecto pola saúde e o ambiente.

3.2.3. Módulo profesional 3: técnicas e procesos nas instalacións automatizadas nos edificios:

Asociado á unidade de competencia 3: desenvolver e manter equipos de control automático e instalacións automatizadas para vivendas e edificios.

Capacidades terminais elementais

* Analizar en instalacións automatizadas, tanto simuladas como reais, os elementos que as constitúen para identifica-los parámetros e características máis relevantes, utilizando a documentación técnica axeitada (planos esquemas e listaxes de materiais).

* Describir en formato axeitado as técnicas e procesos máis idóneos para aplicar na montaxe e posta en servicio das instalacións automatizadas nos edificios, utilizando o vocabulario e a simboloxía correctos.

* Describir en formato axeitado os medios e recursos máis utilizados para a montaxe e posta en servicio das instalacións automatizadas nos edificios, utilizando simboloxía e vocabulario correctos.

* Seleccionar en información técnica os equipos e materiais necesarios para a configuración de instalacións automatizadas nos edificios, utilizando catálogos técnico-comerciais e bases de datos informáticas.

* Describir en formato axeitado o bus de comunicacións e a configuración dunha instalación automatizada, para as súas especificacións técnico-funcionais.

* Describir en formato adecuado o sistema técnico de comunicacións para a configuración dunha instalación automatizada nos edificios.

* Elaborar en formato axeitado programas de control para automatiza-las instalacións de edificios, aplicando criterios de funcionalidade, fiabilidade e seguridade no proceso.

* Medir en instalacións automatizadas dos edificios, tanto reais como simuladas, os parámetros característicos máis relevantes, para interpreta-los resultados obtidos utilizando os instrumentos de medida axeitados.

* Aplicar, en instalacións automatizadas de vivendas e edificios, os axustes necesarios para obte-los parámetros, segundo os procedementos indicados na documentación técnica, utilizando instrumentos de medida e aplicando as normas de seguridade e procedementos axeitados.

* Localizar e diagnosticar en instalacións automatizadas de vivendas e edificios, simuladas ou reais, as avarías para a elección do proceso a levar a cabo para a súa reparación, utilizando os medios axeitados.

* Describir en formato adecuado as operacións necesarias para realiza-lo mantemento de instalacións automatizadas de edificios, utilizando simboloxía e vocabulario idóneo.

Contidos (duración 145 horas)

Contidos procedementais

Tecnoloxías e aplicación:

* Identificación do tipo de instalación en función do campo de aplicación para automatizar.

* Enumeración de elementos e equipos que configuran a instalación, explicando as súas características e funcións.

* Realización de esquemas con bloques funcionais de instalacións automatizadas, destinadas a diversas áreas de aplicación.

* Confección de esquemas combinacionais e secuenciais aplicables a circuítos eléctricos e electrónicos.

Configuración de instalacións automatizadas en edificios:

* Realización das especificacións técnicas pertinentes dunha instalación automatizada en función da área de aplicación proposta.

* Selección do sistema de automatización máis acorde coas esixencias presentadas.

* Selección de equipos, materiais e elementos en función das condicións establecidas.

* Determinación de parámetros e magnitudes.

* Elaboración da documentación necesaria (planos, procesos, orzamentos, etc).

Sistemas de xestión:

* Conexionado de autómatas programables de uso común en instalacións automatizadas de edificios.

* Realización de programas de control para o goberno de instalacións cos equipos seleccionados.

* Verificación da integración lóxico-física das instalacións automatizadas nos edificios.

Técnicas de montaxe, posta en servicio e mantemento:

* Identificación da tipoloxía e características das avarías máis frecuentes nos sistemas de comunicación e programación.

* Planificación das fases a seguir para a montaxe e posta en servicio dunha instalación automatizada en edificio.

* Introducción de protocolos, parámetros e axustes en sistemas programables.

* Realización da programación do equipo seleccionado.

* Realización dos plans de mantemento do sistema.

* Realización de plans de intervención ante avarías características.

* Elaboración dos informes necesarios para as intervencións e das intervencións.

Contidos conceptuais

Tecnoloxías e aplicación:

* Evolución dos sistemas automatizados en vivendas e edificios.

* Clases de instalacións en función das áreas de servicio ou función que realizan:

-Xestión de enerxía.

-Seguridade.

-Confort.

-Comunicación.

* Bloques funcionais e elementos constituíntes das instalacións automatizadas en edificios (centraliñas de control, elementos de mando e comunicación, sensores e actuadores, etc).

* Sistemas técnicos para a automatización: bus de comunicación, correntes portadoras e sistema propietario.

* Diagrama de fluxo e/ou secuencia de procesos automáticos en edificios.

Configuración de instalacións automatizadas en edificios:

* Técnicas de regulación e control.

* Sistemas de xestión automatizada. Xestión da enerxía, seguridade, confort e comunicación.

* Documentación técnica e orzamentaria.

Sistemas de xestión:

* Sistemas de comunicación para a automatización (cable, fibra óptica, infravermellos, radiofrecuencia, etc).

* Sistema de bus de dous fíos. Tipoloxía, características e normalización.

* Sistemas de correntes portadoras. Tipoloxía e características.

* Equipos programables empregados na automatización de edificios.

* Regulamentación e normativa vixente na Comunidade Autónoma galega.

Técnicas de montaxe, posta en servicio e mantemento:

* Avarías típicas das instalacións automatizadas en edificios.

* Técnicas de diagnóstico e reparación de avarías.

* Procesos de montaxe e posta en servicio das instalacións automatizadas de edificios.

* Equipos e elementos para a montaxe e mantemento das instalacións automatizadas en edificios.

* Esquemas e planos utilizados.

* Modelos de informes.

Contidos actitudinais

* Valoración da importancia da aplicación da domótica na calidade de vida.

* Orde e limpeza no manexo da documentación.

* Rigor e respecto na interpretación do REBT e normativa específica.

* Orde e método de traballo.

* Valoración da disposición da correcta documentación.

* Observación da necesidade do traballo en equipo.

* Atención á concreción das especificacións técnicas e funcionais, así como á actualización de tarifas de equipos e elementos.

* Adecuación da elaboración de documentación á normativa vixente en todo o Estado, así como a específica para cada Comunidade Autónoma.

* Autocontrol da calidade das análises e das configuracións das instalacións deseñadas.

* Rigor na interpretación da documentación.

* Valoración da importancia que ten realizar memorias, historiais e plans de montaxe e posta en servicio.

* Atención á importancia de elaborar copias de seguridade dos programas confeccionados.

* Atención á boa presentación dun traballo rematado (esquemas, cálculos, orzamentos, etc).

* Respecto polas normas de utilización e conservación dos útiles e ferramentas de traballo.

* Rigor na aplicación das medidas de seguridade, tanto persoal como da instalación.

* Respecto pola saúde e o ambiente.

3.2.4. Módulo profesional 4: xestión do desenvolvemento de instalacións electrotécnicas:

Asociado á unidade de competencia 4: organizar, xestionar e controla-la execución e mantemento das instalacións electrotécnicas.

Capacidades terminais elementais

* Identificar en proxectos reais de instalacións electrotécnicas as súas características para planifica-lo proceso de montaxe utilizando a documentación técnica que define o proxecto.

* Identificar en proxectos reais de instalacións electrotécnicas os medios e ferramentas necesarias para a súa montaxe utilizando a documentación técnica que define o proxecto.

* Establecer no proceso de montaxe o mantemento, as fases e operacións que interveñen para levar a cabo a instalación baseándose na documentación técnica do proxecto.

* Determinar no proceso de montaxe o mantemento das instalacións electrotécnicas, os recursos humanos e materiais para executa-las fases e operacións que comprende, utilizando a documentación técnica do proxecto.

* Calcular, a partir da documentación técnica do proxecto, os tempos e custos necesarios para executar cada operación de montaxe ou mantemento de instalacións electrotécnicas utilizando manuais de tempos predeterminados.

* Establecer en instalacións electrotécnicas a xestión de proxectos para planifica-la execución ou mantemento, utilizando soportes de métodos gráficos ou software.

* Establecer nos distintos postos de traballo as cargas de traballo para o seu equilibrado, utilizando a documentación técnica do proxecto, as fases de execución e os manuais de tempos predeterminados.

* Determinar nas fases de montaxe ou mantemento de instalacións electrotécnicas, os stocks de materiais necesarios para garanti-las ditas fases sen interrupcións, utilizando a planificación da execución.

* Determinar no proceso de montaxe ou mantemento das instalacións electrotécnicas as características de calidade para controlar nel, utilizando a documentación técnica do proxecto e a planificación da execución.

* Establecer nas operacións de montaxe ou mantemento das instalacións electrotécnicas os procesos necesarios para o seu control de calidade, especificando os puntos de control, procedementos, útiles, ferramentas e rexistro de datos.

* Relacionar no proceso de montaxe ou mantemento de instalacións electrotécnicas o plan de seguridade para aplicar nel coas normas de seguridade, utilizando a lexislación vixente.

* Determinar nos procesos de montaxe ou mantemento de instalacións electrotécnicas os medios e equipos necesarios para a súa seguridade, utilizando o plan de seguridade, a documentación técnica do proxecto e a planificación da execución.

Contidos (duración 90 horas)

Contidos procedementais

Técnicas de desenvolvemento de proxectos:

* Elaboración dos esquemas e planos de implantación.

* Utilización de documentación técnica.

* Organización dun proxecto.

* Intervención nas reunións dos grupos do proxecto, achegando materia para un mellor desenvolvemento del.

* Elaboración dun informe para cada un dos proxectos que sexa facilmente identificable.

Planificación da execución e mantemento:

* Establecemento das fases de montaxe e/ou mantemento.

* Determinación de tempos, compra de materiais, prazos de entrega, verificación e montaxe.

* Determinación de recursos humanos.

* Identificación de materiais para poder ser almacenados e retirados facilmente.

Plan de seguridade e calidade:

* Elaboración das fases de control da instalación, determinando os procedementos, dispositivos e instrumentos.

* Elaboración de decálogos de calidade e seguridade para a execución de proxectos de instalacións electrotécnicas.

* Elaboración de documentación técnica onde aparezan os postos de emerxencia de acordo coa lexislación vixente.

* Elaboración de fichas de control de accidentes para coñece-las causas e tratar de evitalas.

Control de compras e materiais:

* Redacción de diferentes pedidos, ben para un artigo determinado ou ben para un equipo (cadro eléctrico, etc).

* Utilización de fichas para o control dos pedidos.

* Elaboración de fichas para o seguimento dos artigos.

* Elaboración de fichas de stock.

* Elaboración dun decálogo sobre o procedemento para seguir na recepción dun artigo.

Finalización e entrega de proxectos:

* Análise do caderno de cargas do cliente en canto ás esixencias de entrega do proxecto definitivo antes de elaborar este documento.

* Mantemento de tódalas normas utilizadas (seguridade, control de ferramentas, control de calidade, etc) no proxecto e que este se axuste ás esixencias do cliente.

* Entrega de toda a documentación de esquemas e planos baixo normas esixidas polo cliente.

* Realización de duplicados de toda a documentación entregada.

Contidos conceptuais

Técnicas de desenvolvemento de proxectos:

* Especificacións da instalación.

* Documentación técnica que intervén nun proxecto.

* Técnicas de deseño dunha montaxe.

* Técnicas de traballo en grupo.

Planificación da execución e mantemento:

* Ferramentas de planificación de proxectos (diagramas, loxigramas, PERT, GANT, precedencias, etc) con e sen soporte informático.

* Compoñentes que conforman o custo dos procesos de montaxe ou mantemento.

* Gráfico de cargas de traballo con asignación de tempos.

* Control de aprovisionamento (almacén, prazos de entrega, etc).

Planos de seguridade e calidade:

* Planos de seguridade e calidade relacionados co proxecto e coas normas de seguridade e calidade vixentes.

* Especificacións dos medios e equipos de seguridade e protección.

* Criterios de valoración das características de control.

Control de compras e materiais:

* Impresos que se utilizan para a realización dun pedido de material.

* Redacción, seguimento e arquivo dun pedido.

* Situacións adversas pola que pode pasar un pedido, posibles solucións.

* Control de existencias. Stock dos materiais no almacén.

* Solicitude de pedidos por medios informáticos.

* Procesos de verificación dos artigos na súa recepción.

Finalización e entrega de proxectos:

* Esixencias do cliente en canto á recepción dun documento finalizado.

* Normas que se deben seguir na elaboración deste documento.

* Formatos para utilizar na elaboración dos esquemas e planos.

Contidos actitudinais

* Orde e limpeza no manexo da documentación.

* Rigor na interpretación da documentación.

* Orde e método no traballo.

* Respecto polas normas de conservación dos útiles e ferramentas de xestión de proxectos.

* Valoración do alcance da calidade prevista nos traballos realizados.

* Rigor na correcta interpretación de normas e recomendacións de calidade e seguridade.

* Preocupación polo correcto arquivado e presentación de documentación.

* Atención á necesidade de traballar en grupo para determinadas intervencións.

* Rigor no seguimento dos pedidos realizados.

* Atención á utilización do soporte informático.

* Atención na realización de fichas de control elaboradas en materia de seguridade e calidade.

* Atención extrema á realización de copias de seguridade.

3.2.5. Módulo profesional 5: administración, xestión e comercialización na pequena empresa:

Asociado á unidade de competencia 5: realiza-la administración, xestión e comercialización nunha pequena empresa ou taller.

Capacidades terminais elementais

* Analiza-las diferentes formas xurídicas vixentes de constitución dunha empresa.

* Identifica-la forma xurídica máis idónea segundo os obxectivos, os recursos dispoñibles e características da actividade económica da empresa.

* Determina-la localización física, o ámbito de actuación, a demanda potencial, a estructura organizativa e a rendibilidade do proxecto empresarial, segundo o estudio de mercado existente, así como as normas urbanísticas e ambientais que regulan a actividade.

* Identifica-los trámites administrativos e os requisitos formais que se esixen para a constitución dunha empresa, segundo a forma xurídica.

* Identifica-las fontes de financiamento propias e alleas, así como as subvencións e axudas ofrecidas polas diferentes administracións públicas.

* Determina-las necesidades de formación do persoal e as formas de contratación máis adecuadas segundo as características da empresa e o tipo de actividade.

* Formaliza-la documentación necesaria para a constitución dunha empresa e a documentación básica para o desenvolvemento da súa actividade económica.

* Defini-las obrigas mercantís, fiscais e laborais esixidas a unha empresa no desenvolvemento da súa actividade.

* Identifica-los impostos indirectos, os directos e os municipais que afectan a unha empresa.

* Aplica-las técnicas básicas da negociación con clientes e provedores.

* Identifica-las ofertas de productos ou servicios máis vantaxosas con relación ó prezo de mercado, o prazo de entrega, a calidade, o transporte, o desconto, o volume de pedido, as condicións de pagamento, a garantía e a atención posvenda.

* Describi-las formas máis habituais de promoción de vendas en función do tipo de producto ou servicio.

* Elaborar un proxecto de creación dunha pequena empresa que inclúa os obxectivos, a organización, a localización, os plans de investimento, de financiamento e comercialización e a rendibilidade do proxecto.

Contidos (duración 80 horas)

Contidos procedementais

* Identificación dos distintos tipos de empresas.

* Descrición dos requisitos legais mínimos esixidos para a constitución da empresa, segundo a súa forma xurídica.

* Selección da forma xurídica máis adecuada para unha empresa, explicando vantaxes e inconvenientes, a partir duns datos supostos sobre capital dispoñible, riscos que se van asumir, tamaño da empresa e número de socios.

* Identificación dos requisitos necesarios para a constitución dunha empresa: obrigas formais, trámites administrativos, documentación legal e organismos con competencia.

* Comparación e clasificación das diferentes fontes de financiamento da empresa.

* Determinación das características básicas dos distintos tipos de contratos laborais, establecendo as súas diferencias respecto á duración do contrato, tipo de xornada, subvencións e exencións.

* A partir duns datos concretos, cubrimento dos seguintes documentos: factura, albará, nota de pedido, letra de cambio, cheque e recibo, explicando a finalidade de cada un deles.

* Interpretación dos diferentes documentos contables.

* Determinación da oferta máis vantaxosa de productos ou servicios existentes no mercado, en función de prezo, prazo de entrega, calidade, transporte, desconto, volume de pedido, condicións de pagamento, garantía e atención posvenda.

* Descrición dos medios máis habituais de promoción de vendas en función do tipo de producto ou servicio.

* Recoñecemento das diferentes técnicas de vendas.

* Cubrimento da folla de salario e de liquidación da Seguridade Social.

* Identificación dos distintos impostos que afectan á empresa.

* Definición dun proxecto de creación dunha empresa.

-Descrición dos obxectivos empresariais.

-Estudio económico do mercado.

-Selección da forma xurídica.

-Determinación das xestións de constitución.

-Xustificación da localización.

-Definición da organización e dos recursos económicos, financeiros e humanos.

-Valoración da viabilidade.

Contidos conceptuais

A empresa e o seu contorno:

* Estructura básica da empresa e as súas distintas formas de organización.

* Proceso de creación dunha empresa: localización e dimensión legal.

Formas xurídicas das empresas:

* A forma xurídica da empresa: empresario individual, as sociedades mercantís e as cooperativas.

Xestión de constitución dunha empresa:

* Financiamento da empresa: financiamento con fondos propios, financiamento con recursos alleos e subvencións. Custo da empresa.

Xestión do persoal:

* Tipos de contratos laborais.

* Réxime de autónomos.

* Retribución salarial.

* Cotizacións á Seguridade Social.

Xestión administrativa:

* Documentación mercantil: pedido, albará, factura, recibo, cheque e letra de cambio.

* Os libros contables e contas anuais.

* Cálculo do custo, beneficio e prezo de venda.

Xestión comercial:

* O producto ou servicio: características e requisitos.

* A función de compras: prezo, prazo e forma de entrega.

* A función de vendas: técnicas de vendas, política de prezos, bonificacións e descontos.

* A distribución do producto: canles e modalidades.

* A comunicación: publicidade e promoción de vendas, atención ó cliente e servicios posvenda.

Obrigas fiscais:

* O calendario fiscal.

* Os principais impostos que afectan á actividade empresarial: directos, indirectos e municipais.

* Liquidación do IVE.

* Liquidación do IRPF.

Contidos actitudinais

* Valoración e cumprimento das normas legais nos procesos de constitución e xestión da empresa.

* Argumentación sobre o tipo de empresa, recursos humanos, fontes de financiamento, investimentos e estructura organizativa e funcional.

* Rigorosidade na formalización dos documentos relacionados coa actividade empresarial.

* Autosuficiencia na busca e tratamento da información para a creación do proxecto empresarial.

* Cordialidade no trato coas persoas que se relacionan coa empresa.

* Interese polos novos métodos de traballo que se propoñen na xestión dunha empresa.

* Valoración da mentalidade emprendedora e creativa na empresa.

* Achega de solucións adecuadas na busca das formas de actuación e de organización das tarefas, así como nas accións relacionadas co proxecto de creación dunha empresa.

* Motivación no establecemento do plan de promoción da empresa e do producto ou servicio.

3.3. Módulos profesionais transversais:

3.3.1. Módulo profesional 6: informática técnica:

Capacidades terminais elementais

* Analizar nun sistema informático monousuario os elementos físicos que o configuran, para indica-la tipoloxía, función e características e a súa interrelación, interpretando a documentación técnica do sistema.

* Identificar en sistemas informáticos monousuarios as distintas partes que o configuran, para explica-la función e características de cada un deles, baseándonos na documentación técnica axeitada.

* Realizar nun equipo informático a instalación do sistema operativo, para optimiza-lo aproveitamento dos seus recursos, configurando as características hardware do equipo.

* Empregar operacións con subdirectorios e ficheiros nun equipo informático monousuario ou sistema operativo, para realizar con destreza as operacións con dispositivos de almacenamento masivo, baseándose nas ordes do sistema.

* Emprega-los programas editores de texto, base de datos e folla de cálculo, en equipos informáticos monousuario para operar con destreza con eles, baseándose nos manuais técnicos.

* Seleccionar en programas de deseño asistido por ordenador os seus parámetros de configuración, para obter ou crea-las compoñentes necesarias de librerías, utilizando simboloxía normalizada.

* Realizar nun programa de deseño asistido por ordenador a interconexión dos distintos compoñentes, para verifica-lo conexionado dos elementos do circuíto, seguindo procedementos normalizados, para o debuxo de esquemas electrotécnicos.

* Elaborar nun programa informático os arquivos dos esquemas realizados, para obter copias impresas deles, utilizando os dispositivos de saída.

* Efectuar nun sistema de rede a instalación de subministración de enerxía eléctrica, para o conexionado correcto de equipos e elementos, seguindo o procedemento normalizado.

* Realizar nun sistema informático de rede a carga do sistema operativo da rede, para adecualo ás operacións que corresponda, seguindo o procedemento normalizado e introducindo os parámetros necesarios.

* Describir en formato axeitado as técnicas xerais e os medios técnicos específicos para a localización de avarías de natureza física e/ou lóxica dun sistema informático, utilizando o vocabulario técnico idóneo.

* Localizar en sistemas informáticos monousuario o elemento físico e/ou lóxico responsable da avaría, para efectua-la súa reparación, baseándose na documentación técnica e usando a ferramenta axeitada.

Contidos (duración 185 horas)

Contidos procedementais

Configuración-instalación e sistema operativo do PC:

* Análise dos elementos dun sistema monousuario.

* Realización da montaxe e/ou configuración dun sistema monousuario cos periféricos máis comúns (pantalla, rato, teclado, impresora...).

* Realización da instalación dun SAI (sistema de alimentación ininterrompida).

* Manexo dun sistema operativo e realización da súa instalación e posta en marcha.

* Manexo das instruccións máis comúns do sistema elixido.

* Configuración do equipo informático en función das prestacións esixidas.

Aplicacións informáticas básicas:

* Manexo de programas baixo contorno común.

* Manexo de programas de tratamento de texto.

* Manexo de programas de base de datos.

* Manexo de programas de folla de cálculo.

CAD electrotécnico:

* Manexo dun sistema de CAD electrotécnico.

* Realización de esquemas e planos de instalacións e equipos eléctricos.

* Obtención doutros elementos asociados ós deseños, como orzamentos, planos, etc.

* Obtención nos periféricos de saída dos esquemas e planos realizados.

* Realización dun proxecto de instalación determinado baixo soporte informático na súa totalidade.

Redes locais:

* Análise da documentación da rede local proposta.

* Preparación dos elementos para a instalación dunha rede local básica.

* Preparación e conexionado do SAI. Realización das comprobacións de funcionamento.

* Instalación dunha rede local básica.

* Realización da configuración dos sistemas para traballar en rede.

* Realización da configuración do servidor. Manexo de sistemas de seguridade máis comúns.

* Optimización dos recursos dispoñibles na rede.

* Realización de informe-memoria da instalación.

Diagnostico e reparación de avarías informáticas:

* Realización de hipóteses de avarías físicas e lóxicas máis frecuentes (hardware e software).

* Realización dun plan de intervención para a localización de avarías.

* Localización do elemento responsable da avaría, utilizando os equipos e medios necesarios.

* Realización da posta en servicio do equipo avariado.

* Elaboración dos informes-memoria correspondentes.

Contidos conceptuais

Configuración-instalación e sistema operativo do PC:

* Elementos dun sistema informático. Unidade central. Parámetros fundamentais.

* Requisitos para a correcta instalación dos equipos informáticos.

* Perturbacións máis frecuentes. Elementos de protección.

* O sistema operativo. Tipos máis utilizados. Características.

* Comandos do sistema. Aplicacións.

* Sistemas antivirus. Características.

Aplicacións informáticas básicas:

* Contornos de programas máis comúns.

* Bases de datos. Características e aplicacións.

* Folla de cálculo. Características e aplicacións máis comúns.

* Tratamento de textos.

CAD electrotécnico:

* Programas de deseño asistido por ordenador (CAD) do sector electrotécnico.

* Tipoloxía e características do programa elixido. Prestacións e utilización.

Redes locais:

* Fundamentos e características.

* Tipos de redes locais máis utilizados. Posibilidades de cada sistema. Tipos de transmisións.

* Elementos da rede local estándar. Elementos comúns e compartidos.

* Sistemas operativos da rede.

* O servidor. Configuración básica.

* Sistemas de seguridade básica na rede local.

Diagnóstico e reparación de avarías:

* Tipoloxía e características das avarías de software máis frecuentes.

* Tipoloxía das avarías de hardware máis frecuentes.

* Técnicas empregadas na localización de avarías.

* Equipos empregados na localización de avarías.

Contidos actitudinais

* Orde e limpeza no manexo da documentación.

* Rigor na interpretación da documentación.

* Orde e método de traballo.

* Respecto polas normas de conservación dos útiles e ferramentas de reparación de avarías.

* Valoración do alcance da calidade prevista nos traballos realizados.

* Rigor na correcta interpretación de normas e recomendacións de calidade e seguridade.

* Valoración da importancia de dispor dunha correcta documentación.

* Atención extrema no manexo de instruccións do sistema operativo que poidan destruír ou desconfigura-lo sistema.

* Valoración da realización de copias de seguridade.

* Atención ós programas ou arquivos non comprobados con antivirus.

* Valoración da importancia da confidencialidade ó traballar en rede.

* Atención á importancia de compartir elementos da rede.

* Atención extrema ó manexo de determinadas instruccións que poidan ocasionar graves perturbacións na rede.

* Valoración da importancia de traballar en equipo á hora de realiza-las hipóteses de avarías.

* Valoración da importancia de dispor de programas axeitados ás prestacións requiridas.

* Valoración da importancia de dispor de copias de seguridade, tanto dos programas como das intervencións realizadas.

3.3.2. Módulo profesional 7: desenvolvemento de instalacións eléctricas de distribución:

Capacidades terminais elementais

* Describir en formato axeitado a estructura e contido mínimo das especificacións de instalacións eléctricas de distribución de MT, BT e CT para elabora-lo documento que as recolle, establecendo as fases e os procesos idóneos.

* Seleccionar na normativa vixente e nas condicións particulares da compañía subministradora, a normativa técnica, administrativa e de calidade para aplicala no documento de especificacións indicando as condicións particulares da compañía subministradora.

* Describir no documento de especificacións as características da liña de distribución e/ou CT para elabora-la descrición detallada de funcións, condicións, límites e esixencias do seu funcionamento, baseándose en información técnica.

* Configurar e calcular en formato axeitado os elementos, equipos e materiais específicos para idear solucións técnicas en instalacións de distribución de MT, BT e/ou CT, utilizando normativa e documentación vixente.

* Definir en formato axeitado os procedementos específicos de mantemento preventivo e correctivo para elabora-lo plan de probas e ensaios das instalacións de distribución MT, BT e/ou CT, analizando a documentación da instalación.

* Documentar no formato correspondente o proceso e o procedemento de utilización de instrumentos específicos, para seren utilizados por técnicos de mantemento, utilizando simboloxía e vocabulario adecuados.

* Elaborar no formato idóneo a documentación técnica e administrativa para a realización dun proxecto de instalacións MT, BT e/ou CT, empregando as ferramentas informáticas máis apropiadas, utilizando simboloxía e normativa correcta.

* Elaborar en formato axeitado o manual de instalación e mantemento da instalación para ser utilizado polos técnicos correspondentes, especificando as instruccións de instalación, posta en marcha, normas de uso e mantemento.

* Identificar e seleccionar en varios supostos prácticos de instalacións de distribución MT, BT e/ou CT os criterios para asegura-la calidade no deseño do proxecto, baseándose nun manual estándar de calidade.

* Elaborar en formato apropiado a documentación necesaria para realiza-lo plan de calidade establecido, elixindo e aplicando as técnicas de control e autocontrol necesarias.

Contidos (duración 110 horas)

Contidos procedementais

Conxunto de especificacións:

* Descrición xeral da instalación.

* Descrición detallada das funcións que desempeña a instalación.

* Establecemento das condicións especiais da instalación.

* Especificación dos límites de funcionamento e esixencias funcionais.

* Definición das condicións de utilización.

* Determinación das condicións de evolución e ampliación.

* Definición das condicións de calidade, seguridade e fiabilidade.

* Explicitación das características de mantemento.

* Establecemento das condicións especiais de funcionamento.

* Establecemento de recursos necesarios, prazo de acabado e prezo final estimativo.

* Documentación do conxunto de especificacións.

Solucións técnicas:

* Concepción da solución correspondente.

* Determinación dos criterios para ter en conta no deseño para facilita-lo proceso de mantemento.

* Configuración e cálculo do sistema de distribución eléctrica en MT, BT ou CT.

* Determinación de axustes, probas, ensaios e modificacións.

* Elaboración de informe memoria de actividades desenvolvidas e resultados obtidos.

Procedementos de mantemento:

* Análise da documentación para identifica-los puntos críticos que determinan a fiabilidade da instalación.

* Establecemento de procedementos de mantemento.

* Elaboración do plan de probas e ensaios.

* Realización das probas e ensaios necesarios.

* Documentación do proceso.

* Avaliación da posibilidade e xustificación da conveniencia de introducir novas tecnoloxías.

* Documentación do procedemento de utilización de instrumentos específicos propostos para o mantemento dun sistema automático.

Documentación técnica:

* Selección e ordenamento da documentación ponte.

* Debuxo de planos e esquemas de montaxes necesarios.

* Elaboración da información técnica referente ó proxecto.

* Elaboración dos manuais de instalación e mantemento.

Calidade no deseño de proxectos:

* Selección de criterios de calidade.

* Elaboración do proceso para seguir co fin de aplica-lo plan de calidade establecido.

* Elección de técnicas de control.

* Aplicación de técnicas de autocontrol.

* Elaboración da documentación necesaria.

Contidos conceptuais

Conxunto de especificacións:

* Funcións que desempeñan as especificacións.

* Estructura e contido mínimo do documento de especificacións.

* Normativa técnica, administrativa e de calidade.

* Condicións particulares da compañía subministradora.

* Límites de funcionamento.

* Condicións especiais e condicións de utilización.

* Condicións de evolución e capacidade de ampliación.

* Calidade, seguridade e fiabilidade en instalacións eléctricas.

* Mantemento preventivo e correctivo.

* Manexo de catálogos e orzamentos.

Solucións técnicas:

* Diferentes configuracións para un caso práctico.

* Criterios para seguir co fin de facilita-lo proceso de mantemento.

* Sistemas de distribución eléctrica en MT, BT ou CT e o seu cálculo.

* Tipos de axustes, probas, ensaios e posibles modificacións.

* Estructura básica dun informe memoria.

Procedementos de mantemento:

* Puntos críticos que condicionan a fiabilidade das instalacións.

* Procedementos de mantemento, plans de probas e ensaios e a súa realización práctica.

Documentación técnica:

* Orientacións sobre a forma de plasmar en planos e esquemas a solución concibida.

* Aspectos que ten unha información técnica referente ó proxecto de aplicación:

-Memoria.

-Planos e esquemas.

-Cálculos.

-Lista de materiais.

-Probas funcionais e axustes.

-Probas de fiabilidade.

-Orzamentos.

* Manuais de instalacións e mantemento.

Calidade no deseño de proxectos:

* Pautas de calidade para ter en conta co fin de asegurar que o proxecto reúne as condicións prescritas.

* Procesos de aplicación de plans de calidade.

* Técnicas de control de calidade.

* Técnicas de autocontrol.

* Documentación relativa á calidade que se debe incluír no deseño de proxectos.

Contidos actitudinais

* Orde e limpeza no manexo da documentación.

* Rigor na interpretación da documentación.

* Orde e método de traballo.

* Valoración do alcance da calidade prevista nos traballos realizados.

* Rigor na correcta interpretación de normas e recomendacións de calidade e seguridade.

* Atención á actualización de catálogos e tarifas de prezos.

* Utilización de métodos de comprobación ó cubrir documentos ou realizar orzamentos.

* Atención á normativa vixente.

* Seguimento e control precisos e continuados na xestión e desenvolvemento do proxecto.

* Preocupación por considerar aspectos que poidan influír na solución final tales como economía, facilidade de mantemento, posibilidade de ampliación, funcionalidade, etc.

* Atención extrema á seguridade persoal e dos equipos ó realiza-las probas e ensaios.

* Inclinación por utilizar novas tecnoloxías.

* Utilización da ferramenta informática máis axeitada.

* Rigor na exposición de tódolos aspectos e detalles do informe técnico.

3.3.3. Módulo profesional 8: desenvolvemento de instalacións electrotécnicas nos edificios:

Capacidades terminais elementais

* Describir en formato axeitado a estructura e contidos mínimos das especificacións de instalacións electrotécnicas nos edificios, para elabora-lo documento que as recolle, establecendo as fases e procesos idóneos.

* Seleccionar na normativa vixente e nas condicións particulares da compañía subministradora, a normativa técnica, administrativa e de calidade para aplicala no documento de especificacións, indicando as condicións particulares da compañía subministradora.

* Describir no documento de especificacións as características das instalacións electrotécnicas para elabora-la descrición detallada das súas funcións, condicións, límites e esixencias de funcionamento, baseándose en información técnica.

* Configurar e calcular en formato axeitado os elementos, equipos e materiais específicos para idear solucións técnicas en instalacións electrotécnicas dos edificios, utilizando a normativa e documentación vixente.

* Definir en formato axeitado os procedementos específicos de mantemento preventivo e correctivo para elabora-lo plan de probas e ensaios das instalacións electrotécnicas nos edificios, analizando a documentación da instalación.

* Documentar no formato correspondente o proceso e o procedemento de utilización de instrumentos específicos, para seren utilizados por técnicos de mantemento, utilizando simboloxía e vocabulario adecuado.

* Elaborar en formato axeitado a documentación técnica e administrativa para a realización dun proxecto de instalacións electrotécnicas nos edificios, empregando as ferramentas informáticas máis apropiadas, utilizando simboloxía e normativa correcta.

* Elaborar en formato axeitado o manual de instalación e mantemento da instalación para ser utilizado polos técnicos correspondentes, especificando as instruccións de instalación, posta en marcha, normas de uso e mantemento.

* Identificar e seleccionar en varios supostos prácticos de instalacións electrotécnicas nos edificios os criterios para asegura-la calidade no deseño do proxecto, baseándose nun manual estándar de calidade.

* Elaborar en formato adecuado a documentación necesaria para realiza-lo plan de calidade establecido, elixindo e aplicando as técnicas de control e autocontrol necesarias.

Contidos (duración 145 horas)

Contidos procedementais

Conxunto de especificacións:

* Descrición xeral da instalación.

* Descrición detallada das funcións que desempeña a instalación.

* Establecemento das condicións especiais da instalación.

* Especificación dos límites de funcionamento e esixencias funcionais.

* Definición das condicións de utilización.

* Determinación das condicións de evolución e ampliación.

* Definición das condicións de calidade, seguridade e fiabilidade.

* Explicitación das características de mantemento.

* Establecemento das condicións especiais de funcionamento.

* Establecemento de recursos necesarios, prazo de acabado e prezo final estimativo.

* Documentación do conxunto de especificacións.

Solucións técnicas:

* Concepción da solución correspondente.

* Determinación dos criterios para ter en conta no deseño co fin de facilita-lo proceso de mantemento.

* Configuración e cálculo do sistema de distribución eléctrica.

* Determinación de axustes, probas, ensaios e modificacións.

* Elaboración de informe memoria de actividades desenvolvidas e resultados obtidos.

Procedementos de mantemento:

* Análise da documentación para identifica-los puntos críticos que determinan a fiabilidade da instalación.

* Establecemento de procedementos de mantemento.

* Elaboración do plan de probas e ensaios.

* Realización das probas e ensaios necesarios.

* Documentación do proceso.

* Avaliación da posibilidade e xustificación da conveniencia de introducir novas tecnoloxías.

* Documentación do procedemento de utilización de instrumentos específicos propostos para o mantemento dun sistema automático.

Documentación técnica:

* Selección e ordenamento da documentación fonte.

* Debuxo de planos e esquemas de montaxes necesarias.

* Elaboración da información técnica referente ó proxecto.

* Elaboración dos manuais de instalación e mantemento.

Calidade no deseño de proxectos:

* Selección de criterios de calidade.

* Elaboración do proceso para seguir co fin de aplica-lo plan de calidade establecido.

* Elección de técnicas de control.

* Aplicación de técnicas de autocontrol.

* Elaboración da documentación necesaria.

Contidos conceptuais

Conxunto de especificacións.

* Funcións que desempeñan as especificacións.

* Estructura e contido mínimo do documento de especificacións.

* Normativa técnica, administrativa e de calidade.

* Condicións particulares da compañía subministradora.

* Límites de funcionamento.

* Condicións especiais e condicións de utilización.

* Condicións de evolución e capacidade de ampliación.

* Calidade, seguridade e fiabilidade en instalacións eléctricas.

* Mantemento preventivo e correctivo.

* Manexo de catálogos e orzamentos.

Solucións técnicas:

* Diferentes configuracións para un caso práctico.

* Criterios para seguir co obxecto de facilita-lo proceso de mantemento.

* Sistemas de distribución eléctrica. Mando, corte, protección e medida.

* Tipos de axustes, probas, ensaios e posibles modificacións.

* Estructura básica dun informe memoria.

Procedementos de mantemento:

* Puntos críticos que condicionan a fiabilidade das instalacións singulares e/ou automatizadas

* Procedementos de mantemento, plans de probas e ensaios e a súa realización práctica.

* Tecnoloxías informáticas.

* Instrumentos específicos informáticos que faciliten o diagnóstico de avarías nunha instalación automatizada.

Documentación técnica:

* Orientación sobre a maneira de plasmar en planos e esquemas a solución concibida.

* Aspectos que ten unha información técnica referente ó proxecto de aplicación:

-A memoria.

-Planos e esquemas.

-Cálculos.

-Lista de materiais.

-Probas funcionais e axustes.

-Probas de fiabilidade.

-Listaxe de programas.

-Orzamentos.

* Manuais de instalacións e mantemento.

Calidade no deseño de proxectos:

* Pautas de calidade para ter en conta co fin de asegurar que o proxecto reúne as condicións prescritas.

* Procesos de aplicación de plans de calidade.

* Técnicas de control de calidade.

* Técnicas de autocontrol.

* Documentación relativa á calidade que se debe incluír no deseño de proxectos.

Contidos actitudinais

* Orde e limpeza no manexo da documentación.

* Rigor na interpretación da documentación.

* Orde e método de traballo.

* Valoración do alcance da calidade prevista nos traballos realizados.

* Rigor na correcta interpretación de normas e recomendacións de calidade e seguridade.

* Atención á actualización de catálogos e tarifas de prezos.

* Utilización de métodos de comprobación ó cubrir documentos ou realizar orzamentos.

* Atención á normativa vixente.

* Seguimento e control precisos e continuados na xestión e desenvolvemento do proxecto.

* Preocupación por considerar aspectos que poidan influír na solución final, tales como economía, facilidade de mantemento, posibilidade de ampliación, funcionalidade, etc.

* Atención extrema á seguridade persoal e dos equipos ó realiza-las probas e ensaios.

* Inclinación por utilizar novas tecnoloxías.

* Utilización da ferramenta informática máis axeitada.

* Rigor na exposición de tódolos aspectos e detalles do informe técnico.

3.3.4. Módulo profesional 9: relacións no contorno de traballo:

Capacidades terminais elementais

* Describi-las distintas vías e sentidos da comunicación no ámbito laboral que permitan recibir e emitir instruccións e información, así como intercambiar ideas, asignar tarefas e coordinar proxectos.

* Utilizar eficazmente os sistemas de información no medio laboral.

* Analiza-los conflictos que se orixinen no contorno de traballo e darlles resposta mediante a negociación e participación de tódolos membros do grupo.

* Aplica-lo método adecuado para preparar unha negociación identificando as estratexias idóneas para a resolución de conflictos na empresa.

* Identifica-los aspectos que caracterizan o proceso de toma de decisións respectando e tendo en conta as opinións dos demais.

* Liderar un equipo de traballo adoptando o estilo máis apropiado en cada situación.

* Analizar comparativamente as funcións de dirección ou mando e as de liderado tendo en conta o tipo de autoridade que se exerce e a responsabilidade que entrañan as tarefas e compromisos asumidos.

* Conducir, moderar e/ou participar en reunións colaborando activamente ou conseguindo a colaboración dos participantes.

* Describi-las teorías e principios que sustentan a dinámica de grupos así como as vantaxes do traballo en grupo fronte ó traballo individual.

* Impulsa-lo proceso de motivación no contorno laboral, facilitando a mellora no ambiente de traballo e o compromiso das persoas cos obxectivos da empresa.

* Dinamiza-los factores que favorecen a motivación no traballo e en especial as políticas xerais de empresa sobre recursos humanos.

Contidos (duración 55 horas)

Contidos procedementais

Comunicación na empresa:

* Producción de documentos.

* Descrición das diferentes formas e tipos de envío de información e documentación.

* Identificación das alteracións producidas na comunicación dunha mensaxe, na que existe disparidade entre o emitido e o percibido.

* Análise dos procedementos de control de entrada e saída de documentación e información.

Conflictos:

* Identificación da existencia dun conflicto.

* Análise das causas do conflicto.

* Selección da alternativa adecuada para a resolución do conflicto.

* Elección de supostos conflictivos de actualidade co obxecto de elaborar un método para a recollida de información do conflicto, avaliación dos intereses postos en xogo e procedemento interno para a súa solución.

Negociación :

* Identificación dos principais aspectos da negociación.

* Aplicación das técnicas concretas de negociación.

* Peche da negociación.

Toma de decisións:

* Identificación dos aspectos que caracterizan o proceso de toma de decisións.

* Análise dos factores que inflúen nunha decisión.

* Determinación da alternativa máis adecuada aplicando o método de busca.

Liderado:

* Análise comparativa das funcións de dirección e as de liderado, tendo en conta o tipo de autoridade que se exerce.

* Investigación mediante entrevistas ou observacións sobre que estilo de mando predomina nas empresas do sector.

* Delimitación do papel e competencias do mando intermedio.

Conducción e dirección de equipos de traballo:

* Análise da incidencia da dinámica de grupos no mundo laboral.

* Selección da técnica de traballo en grupo máis adecuada en función das variables grupais.

* Determinación das habelencias sociais máis elementais para conducir unha reunión de traballo.

* Identificación das distintas tipoloxías de participantes.

* Descrición de problemas que se poden desencadear no desenvolvemento dunha reunión e proposta de solución.

* Simulación do desenvolvemento dunha reunión de traballo na que se debe tomar unha decisión sobre un problema laboral.

Motivación no contorno laboral:

* Análise do proceso de motivación tomando exemplos da realidade.

* Identificación dos elementos do proceso da motivación diferenciando o significado de cada un deles.

* Contraste das teorías da motivación establecendo relacións entre elas.

* Análise da actitude humana ante o traballo.

* Selección de incentivos segundo as actitudes constatadas.

* Aplicación de incentivos e efectos deles.

Contidos conceptuais

A comunicación na empresa:

* Tipos de comunicación.

* Etapas dun proceso de comunicación.

* Canles e redes de comunicación.

* Dificultades e barreiras na comunicación.

* Recursos para manipula-los datos da percepción.

* Comunicación na empresa.

* Control da información.

Conflictos:

* Clases.

* Causas.

* Formas de exteriorización.

* Solución de conflictos.

Negociación:

* Condicións.

* Estilos de negociación.

* Fases nunha negociación.

Toma de decisións:

* Factores que inflúen na toma de decisións.

* Fases do proceso decisorio.

* Tipos de decisións.

Liderado:

* Características.

* Teorías do liderado.

* Estilos de dirección.

* Supervisión do traballo.

* Delegación eficaz.

* Políticas de empresa.

Conducción e dirección de equipos de traballo:

* Características dos grupos.

* Funcionamento dos grupos.

* Técnicas de dinámica e dirección de grupos.

* Tipos de reunións.

* Preparación de reunións

* Desenvolvemento.

* Problemas que presentan as reunións.

Motivación no contorno laboral:

* Concepto.

* Principais teorías de motivación.

* Factores motivacionais.

* Sistemas de motivación no contorno laboral: programas de formación, políticas salariais.

Contidos actitudinais

A comunicación na empresa:

* Coidado na elaboración e a transmisión de mensaxes para facilita-la súa comprensión.

* Reacción creativa ante as barreiras comunicativas.

* Aceptación da necesidade de integra-los propios comunicados nun sistema de información empresarial planificado.

* Hábito e capacidade para o manexo de grandes bloques de información sintetizando o seu contido en función dos obxectivos e destinatarios.

Conflictos:

* Cordialidade á hora de establecer relacións cos demais.

* Respecto ante opinións, conductas ou ideas non coincidentes coas propias, demostrando unha actitude tolerante con elas.

* Comportamento hábil para manipular situacións de confrontación entre individuos.

* Comportamento responsable e coherente para resolver un conflicto.

Negociación:

* Sensibilización para capta-los matices dunha negociación, valorando as súas implicacións.

* Imparcialidade á hora de escoitar cada unha das partes.

* Apreciación do poder de influencia.

* Destreza para elixi-la alternativa de resolución máis adecuada.

Toma de decisións:

* Toma de conciencia da importancia que implica o proceso de toma de decisións para a vida persoal, social e laboral.

* Valoración crítica das técnicas que se utilizan na resolución de problemas.

* Predisposición responsable para acepta-la toma de decisión que o grupo considerara como a máis adecuada.

* Responsabilidade na acción de integra-las decisións adoptadas no ámbito laboral.

Liderado:

* Valoración da entrega e a responsabilidade que implican as funcións de dirección.

* Coidado no modo e a forma de organizar e dirixi-las tarefas dos subordinados.

* Aplicación dos mecanismos necesarios para realizar unha delegación eficaz.

* Interese e curiosidade por descubri-las posibilidades e tipos de liderado nun mesmo e nos membros dos grupos ós que pertencemos.

Conducción e dirección de equipos de traballo:

* Fomento de iniciativas dirixidas ó traballo en grupo.

* Toma de conciencia de que a participación e colaboración son necesarias para o logro dos obxectivos da empresa.

* Valoración do papel e competencias do mando intermedio nunha organización.

* Respecto polas persoas e a súa liberdade individual dentro dun grupo social.

Motivación no contorno laboral:

* Valoración da influencia da motivación no desenvolvemento profesional.

* Responsabilidade ante os prexuízos existentes acerca das actividades humanas no mundo laboral.

* Fomento dos sistemas de motivación de carácter responsable, creativo e que potencien o desenvolvemento persoal.

3.3.5. Módulo profesional 10: calidade:

Capacidades terminais elementais

* Describir en formato axeitado os principios básicos da calidade, para comprende-la súa aplicación na industria, utilizando o vocabulario axeitado.

* Interpreta-la información técnica da infraestructura da política industrial sobre calidade en Galicia e no resto do Estado para analiza-los modos de actuación e os plans de calidade vixentes, utilizando as diversas publicacións das entidades nacionais competentes en materia de calidade industrial.

* Analizar baixo a información técnica os distintos sectores ós que se aplica na actualidade a calidade industrial para a súa análise, utilizando as diversas publicacións das entidades nacionais competentes en materia de calidade industrial.

* Identificar nunha estructura organizativa os elementos característicos de calidade do sistema, para aplicalos a unha pequena empresa segundo a súa organización e actividade productiva.

* Identificar nun plan de calidade os compoñentes que interveñen no seu custo, para interpreta-la influencia de cada un deles, utilizando manuais e documentación técnica referente á calidade.

* Aplicar en supostos prácticos sinxelos as diferentes técnicas de identificación das características que afectan á calidade para obter certos graos de fiabilidade nos datos, utilizando a información técnica axeitada.

* Aplicar en supostos prácticos de montaxe e mantemento de equipos e instalacións electrotécnicas as principais técnicas de control por variables e/ou por atributos, para mellora-la calidade, realizando cálculos e gráficos que permitan a interpretación da fiabilidade e características do equipo.

* Establecer nunha pequena empresa a estructura organizativa necesaria para que o plan de calidade se adecúe á política de calidade da empresa, utilizando procedementos estandarizados.

* Determinar nunha pequena empresa o sistema de calidade axeitado para integra-las etapas de inspección, control do proceso, control integral da calidade e calidade total, de tal xeito que cada unha se incorpore na devandita e a última en todas elas.

* Elaborar nun formato axeitado a documentación necesaria para a definición, aplicación, seguimento e avaliación dun plan de calidade dunha pequena empresa, utilizando os procedementos estandarizados.

Contidos (duración 55 horas)

Contidos procedementais

Fundamentos da xestión e calidade na empresa:

* Análises dos elementos do sistema de calidade aplicables á estructura organizativa e actividade productiva.

* Análises das funcións e responsabilidades específicas de calidade que poderían estar distribuídas na organización da empresa.

* Análises das funcións específicas dos elementos da organización da calidade, da interrelación entre eles e da estructura organizativa das empresas.

Xestión do control de calidade na producción:

* Nun suposto práctico dunha empresa dedicada ó deseño ou mantemento de equipos eléctricos:

-Localización das montaxes de conxuntos ou subconxuntos que impliquen a dificultade ou imposibilidade de realización.

-Detección da factibilidade de fabricación para cada elemento ou dimensión crítica, atendéndose ó criterio da capacidade do proceso ou máquina das instalacións do taller.

-Descrición dos criterios de valoración das características para controlar.

-Determinación do tamaño de mostra en función da fiabilidade requirida.

-Elaboración de especificacións de control para subministracións, control do producto e procesos a partir de procedementos establecidos.

-Interpretación e coparticipación no proceso de corrección de erros e desviacións que se produzan durante o proceso de control.

-Solución de continxentes consultando as fontes de información pertinentes.

Xestión de calidade no deseño. Calidade funcional:

* Seguimento no desenvolvemento do deseño.

* Deducción do tipo de traballo ou aplicación para o que está deseñado.

* Identificación dos puntos débiles dun deseño.

* Determinación das verificacións a que deben ser sometidos os prototipos para detecta-las súas deficiencias.

* Comparación do deseño coa normativa técnica, legal e de seguridade que debe cumprir.

* Identificación das discrepancias entre as características e os parámetros do elemento deseñado e as especificacións de deseño que debe cumprir.

* Determinación da congruencia das tolerancias mediante o seu cálculo funcional.

* Valoración das incidencias dos fallos.

* Elaboración dun AMFE de deseño a un elemento crítico dun conxunto.

* Identificación dos erros.

* Xustificación das achegas efectuadas á mellora do deseño.

* Formulación de conclusións a partir de valores obtidos nunha experimentación a través dun deseño de experimentos.

* Elaboracións de especificacións de control para a calidade nun deseño e para a proba funcional.

* Realización de informes propondo e xustificando as melloras de deseño detectadas na fase de comprobación do deseño.

* Execución das operacións conforme a métodos establecidos.

* Recompilación de datos que caracterizan as ocupacións e os seus procedementos de inserción laboral.

Contidos conceptuais

Fundamentos da xestión e calidade na empresa:

* Conceptos xerais. Principios e evolución do concepto de calidade.

* Concepto de calidade total. A mellora continua. Modelo europeo de calidade total. Axentes e resultados.

* Elementos integrantes do sistema de aseguramento da calidade. Normas da serie UNE/EN/ISO 9000. Documentación do sistema. Certificación.

Xestión do control de calidade na producción:

* Pautas e informes de control. Concepto e estructura.

* Fundamentos de estatística e probabilidade. Mostra e poboación. Parámetros que miden a centralización e dispersión. A distribución normal.

* Variabilidade. Gráficas de control por atributos e por variables. Concepto e definición. Criterios de interpretación. Índices de capacidade.

* Control do producto e do proceso. Auditorías do producto. Auditorías do proceso. Metodoloxía xeral. Beneficios. Requisitos.

* Calidade en subministracións. Selección de provedores. Homologación do producto. Control de recepción.

* Aplicación da informática ó control de procesos. Estructura. Entrada e saída de datos.

Xestión de calidade no deseño. Calidade funcional:

* Toma de datos. Recompilación. Ponderación. Presentación.

* Diagramas de evolución da xestión, causa-efecto. Pareto, afinidades: de árbore, de correlación, dispersión ou distribución. Concepto e definición. Aplicacións. Realizacións e interpretación.

* Tormenta de ideas (brainstorming). Concepto e definición. Aplicacións. Realización.

* Histogramas. Definición e concepto. Aplicacións. Realización.

* Diagramas de decisión. Definición e concepto. Construcción. Presentación.

* Análise modal de fallos e dos seus efectos (AMFEAMFEC). Concepto e definición. AMFE de deseño. AMFE de proceso. Pasos previos e desenvolvemento. Valoración de características. Seguimento.

* Análise de valor. Definición e concepto. Etapas básicas, fases e técnicas.

* Principios do deseño de experimentos. Definición e concepto. Deseños factoriais. Significancia dos coeficientes.

* Fiabilidade, mantebilidade. Definición e concepto. Factores que interveñen. Medición.

* Disponibilidade. Definición e concepto. Relación con fiabilidade e manibilidade. Parámetros de estimación.

* Manuais e informes de calidade de deseño. Concepto. Estructura. Organización. Xestión.

* Homologación de productos. Normativa. Certificación de productos.

* Aplicación da informática ó control de calidade no deseño. Software (xestión de AMFECs, deseño de experimentos...). Estructuras. Entrada e saída de datos.

* Ocupacións relacionadas coas competencias profesionais: condicións de traballo, requisitos de acceso máis característicos.

* Experiencia profesional e formación continua: traxectorias de promoción profesional reciclaxe máis habitual, institucións que o imparten, estudios universitarios e non universitarios asociados a eles.

Contidos actitudinais

* Respecto e cumprimento dos procedementos e normas de actuación establecidas.

* Actuación responsable no desenvolvemento e execución das actividades propostas.

* Execución dilixente das operacións conforme a métodos establecidos.

* Disposición, ó seu nivel, para a toma de decisións coherente ante situacións que o requiren.

* Interese por obter información que permita contrarresta-los intereses profesionais e as actitudes propias.

3.3.6. Módulo profesional 11: seguridade nas instalacións electrotécnicas:

Capacidades terminais elementais

* Identificar en equipos e instalacións eléctricas de MT e BT, os riscos de accidente e as causas máis comúns para describi-los métodos de prevención, protección e medidas de seguridade axeitadas, utilizando a normativa vixente sobre a seguridade e hixiene na Comunidade Autónoma galega.

* Aplicar no contorno do traballo as normas relativas á limpeza e orde, para cumpri-la normativa vixente, utilizando métodos axeitados.

* Describir en formato axeitado as normas de parada e manipulación, tanto externa como interna, dos sistemas, máquinas e instalacións eléctricas para aplicalas a determinadas situacións anómalas utilizando o vocabulario e a simboloxía idóneas.

* Describir en formato axeitado as normas sobre simboloxía e situación física de sinais, alarmas, equipos contra incendios e equipos de curas e primeiros auxilios para identificar nas instalacións eléctricas reais (FCT), as zonas de risco e o risco específico, utilizando o vocabulario e a simboloxía idóneos.

* Interpretar na documentación técnica as características, tipos, finalidade e uso dos equipos de extinción de incendios, equipos e medios relativos a curas, primeiros auxilios e traslado de accidentados, para a súa aplicación en instalacións eléctricas, a partir de manuais de uso e normas de seguridade e hixiene axeitadas.

* Describir en formato axeitado as situacións de risco e perigo para a seguridade persoal detectándoas en instalacións reais (FCT), utilizando o vocabulario idóneo nas recomendacións vixentes de seguridade.

* Relacionar no desenvolvemento das tarefas os medios e equipos de protección persoal coas situacións de riscos, para a súa utilización axeitada en instalacións eléctricas reais (FCT) aplicando a normativa vixente de seguridade.

* Executar en instalacións simuladas e reais (FCT) accións de emerxencia, evacuación e contra incendios para aplica-la normativa vixente, empregando procedementos axeitados de actuación.

* Analizar en empresas do sector de montaxe e mantemento de equipos e instalacións eléctricas casos de accidentes reais para identifica-las causas, factores de risco e medidas que tiveran evitado o accidente, avaliando as responsabilidades do traballador e da empresa.

Contidos (duración 55 horas)

Contidos procedementais

Normativa e regulamentación:

* Realización de análises comparativas das normas particulares aplicadas a plans de traballo e coa lexislación vixente.

* Realización de plans de seguridade, a aplicación no montaxe e mantemento de máquinas e instalacións eléctricas.

Medios, equipos e técnicas de seguridade:

* Elaboración de plans de intervención.

* Manexo de equipos contra incendios en diferentes casos simulados de incendio.

* Manexo de equipos de protección persoal no sector eléctrico.

* Realización de simulacros de protección de equipos ou instalacións eléctricas.

* Aplicación de primeiros auxilios dun accidentado por electrocución nun caso simulado. Evacuación.

Factores e situacións de risco e emerxencia:

* Identificación dos factores de risco, describindo as medidas de prevención correspondentes en supostos prácticos.

* Identificación de lugares e actividades perigosas no desempeño da súa función.

* Identificación das causas dun accidente laboral simulado.

* Realiza-la avaliación de responsabilidades do traballador e da empresa nun suposto de accidente laboral.

Contidos conceptuais

Normativa e regulamentación:

* Normas sobre orde e limpeza no contorno eléctrico.

* Normativa vixente sobre seguridade e hixiene no sector de montaxe e mantemento de sistemas e equipos eléctricos.

* Planos de seguridade particulares: simboloxía, situación da sinalización, alarmas, equipos de curas e primeiros auxilios.

Medios, equipos e técnicas de seguridade:

* Equipos de protección persoal. Roupas e útiles necesarios (propiedades e características).

* Equipos de seguridade e protección en máquinas e instalacións eléctricas. Tipos, características, aplicabilidade.

* Equipos contra incendios. Tipoloxía. Características. Aplicación.

* Características dos lugares de riscos e situacións de emerxencia. Sinalización. Alarmas.

* Equipos e medios de primeiros auxilios e traslado de accidentados: descrición, características. Manexo e aplicación.

-Sistemas de ventilación e evacuación de refugallos.

-Sistemas de evacuación e traslado de accidentados.

Factores e situacións de risco e emerxencia:

* Riscos e causas de accidentes no sector de montaxe e mantemento eléctrico.

Contidos actitudinais

Seguridade nas instalacións eléctricas:

* Rigor na interpretación da documentación.

* Rigor na análise e interpretación dos plans de seguridade.

* Manter unha actitude crítica ante os dereitos e deberes dos traballadores e da empresa en materia de seguridade e hixiene.

* Orde e limpeza no manexo da documentación.

* Respecto polas normas de utilización e conservación dos útiles e equipos de seguridade.

* Rigor nas medidas de seguridade, tanto persoais como da instalación.

* Atención ás medidas de risco e accidente.

* Rigor na aplicación de instruccións de emerxencia.

* Iniciativa ante situacións de perigo inminente.

* Autonomía e dilixencia na atención de accidentados.

* Respecto pola saúde e o medio ambiente.

* Execución das operacións con autosuficiencia e seguridade.

3.3.7. Módulo profesional de proxecto integrado:

Duración: 90 horas.

Capacidades terminais elementaisActividades formativas de referencia

1.Relaciona-lo producto co proceso administrativo-comercial que se precisa para o seu desenvolvemento, analizando os datos iniciais e os obxetivos que se pretendan acadar.* Determina-lo ámbito de actuación.

* Identifica-los trámites administrativos e a documentación.

* Selecciona-los xeitos de financiamento.

* Confirma-la viabilidade do proceso productivo.

2.Defini-las características técnicas do proceso productivo e os métodos que aseguren a súa calidade.* Elabora-la documentación técnica e administrativa do producto:

-Planos.

-Esquemas.
-Bosquexos.
-Formularios.
-Listas de materiais.
-Orzamentos.

Capacidades terminais elementaisActividades formativas de referencia

3.Organiza-los traballos, tempos e materiais utilizados no proceso productivo, realizando a documentación, esquemas e gráficos.* Determina-la composición dos recursos humanos.

* Distribuí-los espacios a partir das necesidades previstas.

* Planifica-lo proceso productivo e os medios de traballo.
* Avalia-la xestión de aprovisionamento e subministros.

4.Realiza-las operacións encamiñadas á consecución do proceso productivo nun tempo esperable e de forma axeitada, avaliando e comparando os resultados de cada fase cos obxetivos previstos.* Identifica-la información técnica.

* Defini-lo proceso de traballo e a técnica máis axeitada.

* Relaciona-los cálculos que definen os parámetros de funcionamento do producto.

* Relaciona-las operacións técnicas de elaboración do producto.
* Determina-las medidas concretas para garanti-la viabilidade do proceso.
* Realiza-las operacións técnicas que verifican o correcto funcionamento do producto.

5.Elabora-lo plan de promoción e vendas aplicando as técnicas de marketing axeitadas.* Valora-las medidas máis axeitadas de promoción de vendas en función do tipo de producto ou servicio.
* Planifica-la promoción e venda do producto.

3.4. Módulo profesional de formación en centros de traballo:

Duración: 380 horas.

Capacidades terminais elementaisActividades formativas de referencia

1.Intervir no desenvolvemento de proxectos de instalacións electrotécnicas.* Participación no desenvolvemento de, polo menos, un proxecto dunha instalación eléctrica para vivendas e edificios.
* Desenvolvemento dun proxecto dunha liña de distribución aérea e/ou subterránea de media tensión (MT).
* Desenvolvemento dun proxecto dun centro de transformación interior e/ou intemperie para distribución de enerxía eléctrica.
* Desenvolvemento dun proxecto dunha rede de distribución de baixa tensión (BT).
* Desenvolvemento dun proxecto de electrificación dun edificio destinado principalmente a vivendas, con locais comerciais e garaxe.
* Desenvolvemento dun proxecto de electrificación de vivenda/s unifamiliar/es.
* Desenvolvemento dun proxecto de electrificación dun edificio do sector terciario (colexio, gran superficie, hospital, etc).

2.Participar na planificación, control e seguimento correspondente á execución da montaxe de instalacións electrotécnicas.* Colaboración na supervisión da montaxe dunha instalación eléctrica para vivendas e edificios.

* Colaboración na supervisión da montaxe dunha liña de distribución de MT e/ou BT.

* Colaboración na supervisión da montaxe dun centro de transformación para a distribución de enerxía eléctrica.
* Colaboración na supervisión da montaxe dunha instalación eléctrica dunha vivenda unifamiliar.
* Colaboración na supervisión da montaxe dunha instalación eléctrica do sector terciario.

3.Colaboración na supervisión das manobras e operacións de verificación e mantemento de instalacións electrotécnicas.* Verificación ou participación na verificación e mantemento dun centro de transformación de enerxía eléctrica.
* Verificación ou participación na verificación e mantemento dunha liña de distribución de MT e/ou BT.

Capacidades terminais elementaisActividades formativas de referencia

* Verificación ou participación na verificación e mantemento de edificios destinados principalmente a vivendas.
* Verificación ou participación na verificación e mantemento dunha vivenda/s unifamiliar/es.
* Verificación ou participación na verificación e mantemento dun edificio do sector terciario.

4.Participar na elaboración ó propor melloras no plan de calidade para unha empresa de instalacións electrotécnicas.* Proposta de algunha mellora de calidade para unha empresa de instalacións electrotécnicas.

* Colaboración na elaboración do manual de calidade para unha empresa de instalacións electrotécnicas.

5.Participar na xestión das compras e do almacén de materiais en empresas de instalacións electrotécnicas.* Control de existencias.

* Formulación de follas de pedido de materiais e compoñentes.

* Recepción de materiais.

* Verificación de pedidos.
* Localización de materiais e compoñentes.
* Xeración e/ou actualización dun ficheiro de clientes e provedores.

6.Realizar operacións de atención ó cliente.* Imaxe persoal e trato de clientes.

* Recepción e atención xeral de clientes.

* Atención telefónica de clientes.
* Comunicacións orais e escritas.
* Axenda de clientes. Comunicacións periódicas.

3.5. Módulo profesional de formación e orientación laboral:

Capacidades terminais elementais

* Analiza-las situacións de risco máis habituais no ámbito laboral que poidan afectar á saúde.

* Aplicar, no ámbito laboral, as medidas de protección e prevención que correspondan ás situacións de riscos existentes.

* Analiza-las actuacións que se seguirán en caso de accidentes de traballo.

* Aplica-las medidas sanitarias básicas inmediatas no lugar do accidente en situacións simuladas.

* Analiza-las formas e procedementos de inserción na realidade laboral como traballador por conta propia ou por conta allea.

* Analiza-las propias capacidades e intereses así como os itinerarios profesionais máis idóneos.

* Identifica-lo proceso para unha boa orientación e integración do traballador na empresa.

* Identifica-las ofertas de traballo no sector productivo referido ós seus intereses.

* Analiza-los dereitos e obrigas que se derivan das relacións laborais.

* Describi-lo sistema de protección social.

* Interpreta-los datos da estructura socioeconómica da Comunidade Autónoma de Galicia, identificando as diferentes variables implicadas e as consecuencias das súas posibles variacións.

* Analiza-la organización e a situación económica dunha empresa do sector, interpretando os parámetros económicos que a determinan.

* Analiza-lo tecido empresarial de Galicia comparándoo co doutras comunidades autónomas.

* Analiza-la evolución socioeconómica do sector productivo na Comunidade Autónoma de Galicia.

Contidos (duración 55 horas)

Contidos procedementais

Saúde laboral:

* Localización da normativa aplicable en materia de seguridade tanto para a empresa como para os traballadores.

* Aplicación das medidas sanitarias básicas inmediatas no lugar do accidente nunha situación simulada.

* Identificación dos factores de riscos nun contexto concreto.

* Determinación das formas de actuación ante os riscos atopados.

* Identificación de anomalías nas máquinas e ferramentas do taller.

* Determinación dos equipos de protección individual.

Lexislación e relacións laborais:

* Identificación das distintas modalidades de contratación.

* Identificación dos dereitos e obrigas dos empresarios e traballadores.

* Interpretación dun convenio colectivo, relacionándoo coas normas do Estatuto dos traballadores.

* Elaboración dunha folla de salario.

* Aplicación da normativa da Seguridade Social en cada caso concreto.

Orientación e inserción sociolaboral:

* Elaboración do currículum vitae e actividades complementarias del.

* Identificación e definición de actividades profesionais.

* Localización de institucións formativas así como investigación e temporalización dos seus plans de estudios.

Principios de economía:

* Lectura e interpretación, de diferentes artigos de prensa e de textos técnicos, sobre diferentes temas económicos.

* Manexo e interpretación de táboas económicas.

* Analiza-las causas ou variables que poden influír no investimento, consumo e aforro, tanto nas economías domésticas, como nas empresas.

Economía e organización da empresa:

* Análise das empresas da localidade onde estea situado o instituto para estudia-las características xerais, comerciais, financeiras etc.

* Confección de organigramas de diferentes empresas e estudio das necesidades específicas de cada unha.

O sector productivo na Comunidade Autónoma de Galicia:

* Análise dunha empresa do sector.

* Comparación e clasificación das distintas empresas do sector.

* Lectura e análise dun convenio colectivo do sector.

Contidos conceptuais

Saúde laboral:

* Condicións de traballo e seguridade.

* Factores de risco: físicos, químicos, biolóxicos e organizativos.

* Danos profesionais.

* Medidas de prevención e protección.

* Marco legal de prevención laboral.

* Notificación e investigación de accidentes.

* Estatística para a seguridade.

* Primeiros auxilios.

Lexislación e relacións laborais:

* Dereito laboral nacional e comunitario.

* Contrato de traballo.

* Modalidades de contratación.

* Modificación, suspensión e extinción da relación laboral.

* Órganos de representación dos traballadores.

* Convenios colectivos.

* Conflictos colectivos.

* Seguridade Social e outras prestacións.

Orientación e inserción sociolaboral:

* Mercado de traballo.

* A autoorientación profesional.

* O proceso de busca de emprego. Fontes de información e emprego.

* Traballo asalariado, na Administración e por conta propia. A empresa social.

* Análise e avaliación do propio potencial profesional e dos intereses persoais.

* Itinerarios formativos/profesionalizadores.

Principios de economía:

* Variables macroeconómicas e indicadores socioeconómicos.

* Relacións socioeconómicas internacionais.

Economía e organización da empresa:

* A empresa: Tipos de modelos organizativos. Áreas funcionais. Organigramas.

* Funcionamento económico da empresa:

-Patrimonio da empresa.

-Obtención de recursos: financiamento propio e alleo.

-Interpretación de estados de contas anuais.

-Custos fixos e variables.

O sector productivo na Comunidade Autónoma de Galicia:

* Tipoloxía e funcionamento das empresas.

* Evolución socioeconómica do sector.

* Situación e tendencia do mercado de traballo.

Contidos actitudinais

* Respecto pola saúde persoal e colectiva.

* Interese polas condicións de saúde no traballo.

* Valoración do ambiente como patrimonio común.

* Interese por coñecer e respecta-las disposicións legais polas que se rexen os contratos laborais.

* Valoración e cumprimento da normativa laboral.

* Igualdade ante as diferencias socioculturais e trato non discriminatorio en tódolos aspectos inherentes á relación laboral.

* Toma de conciencia dos valores persoais.

* Actitude emprendedora e creativa para adaptarse ás propias necesidades e aspiracións.

* Preocupación polo mantemento da ética profesional.

* Valoración da importancia da utilización dos bens de uso común e público, así como bens libres de uso cotián, por exemplo a auga.

* Valoración crítica dunha economía de mercado.

* Valoración positiva da actuación do traballo en equipo.

* Toma de consciencia de que as cooperativas que se están constituíndo coa finalidade fundamental de crear emprego.

4. Ordenación académica e impartición.

4.1. Criterios de prioridade na admisión de alumnado para acceder a este ciclo formativo:

Na admisión de alumnos en centros sostidos con fondos públicos a este ciclo formativo, cando non existan prazas suficientes, aplicaranse sucesivamente os seguintes criterios de prioridade:

* Ter cursada algunha das seguintes modalidades de bacharelato:

-Ciencias da Natureza e da Saúde.

-Tecnoloxía.

* O expediente académico do alumno no que se valorará sucesivamente a nota media e ter cursada a seguinte materia de bacharelato:

-Electrotecnia.

4.2. Profesorado:

4.2.1. Especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos profesionais do ciclo formativo de instalacións electrotécnicas:

Módulo profesionalEspecialidade

do profesorado

Corpo

1Técnicas e procesos nas instalacións eléctricas en media e baixa tensiónSistemas electrotécnicos e automáticosProfesor de ensino secundario

2Técnicas e procesos nas instalacións singulares nos edificiosInstalacións electrotécnicasProfesor técnico de FP

3Técnicas e procesos nas instalacións automatizadas nos edificiosInstalacións electrotécnicasProfesor técnico de FP

4Xestión do desenvolvemento de instalacións electrotécnicasSistemas electrotécnicos e automáticosProfesor de ensino secundario

5Administración, xestión e comercialización na pequena empresaFormación e orientación laboralProfesor de ensino secundario

6Informática técnicaInstalacións electrotécnicas

Equipos electrónicos

Profesor técnico de FP

Profesor técnico de FP

7Desenvolvemento de instalacións eléctricas de distribuciónSistemas electrotécnicos e automáticosProfesor de ensino secundario

8Desenvolvemento de instalacións eléctricas nos edificiosInstalacións electrotécnicasProfesor técnico de FP

9Relacións no contorno de traballoFormación e orientación laboralProfesor de ensino secundario

10CalidadeSistemas electrotécnicos e automáticosProfesor de ensino secundario

11Seguridade nas instalacións electrotécnicasSistemas electrotécnicos e automáticosProfesor de ensino secundario

12Formación e orientación laboralFormación e orientación laboralProfesor de ensino secundario

4.2.2. Materias de bacharelato que poden ser impartidas polo profesorado das especialidades relacionadas neste decreto:

MateriasEspecialidade

do profesorado

Corpo

Tecnoloxía industrial ISistemas electrotécnicos e automáticosProfesor de ensino secundario

Tecnoloxía industrial IISistemas electrotécnicos e automáticosProfesor de ensino secundario

ElectrotecniaSistemas electrotécnicos e automáticosProfesor de ensino secundario

EconomíaFormación e orientación laboral (1)Profesor de ensino secundario

Economía e organización de empresasFormación e orientación laboral (1)Profesor de ensino secundario

(1) Título de licenciado en administración e dirección de empresas, licenciado en ciencias empresariais, licenciado en ciencias actuariais e financeiras, licenciado en economía, licenciado en investigación e técnicas de mercado, diplomado en ciencias empresariais e diplomado en xestión e administración pública.

4.2.3. Titulacións declaradas equivalentes para efectos de docencia:

As titulacións declaradas equivalentes, para efectos de docencia, para o ingreso nas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario deste título son as que figuran na táboa. Tamén son equivalentes para efectos de docencia as titulacións homólogas ás especificadas segundo o R.D. 1954/1994, do 30 de setembro.

Especialidade do profesorado

Titulación declarada equivalente para

efectos de docencia

Sistemas electrotécnicos e automáticos-Diplomado en radioelectrónica naval-Enxeñeiro técnico aeronáutico, especialidade en aeronavegación-Enxeñeiro técnico en informática de sistemas-Enxeñeiro técnico industrial, especialidade en electricidade-Enxeñeiro técnico industrial, especialidade en electrónica industrial-Enxeñeiro técnico de telecomunicación, en tódalas súas especialidades

Formación e orientación laboral-Diplomado en ciencias empresariais-Diplomado en relacións laborais-Diplomado en traballo social-Diplomado en educación social-Diplomado en xestión e administración pública

4.3. Requisitos mínimos de espacios e instalacións para impartir estas ensinanzas:

De conformidade co establecido no R.D. 777/1998, do 30 de abril, o ciclo formativo de formación profesional de grao superior de instalacións electrotécnicas require, para a impartición das ensinanzas relacionadas neste decreto, os seguintes espacios mínimos:

Espacio formativo

Superficie

(30 alumnos)

Superficie

(20 alumnos)

Grao de

utilización

Aula técnica90 m60 m35%

Taller de instalacións electrotécnicas120 m90 m45%

Aula polivalente60 m40 m20%

* A superficie indicada na segunda columna da táboa corresponde ó número de postos escolares establecido no artigo 35 do R.D. 1004/1991, do 14 de xuño. Poderán autorizarse unidades para menos de trinta postos escolares, polo que será posible reduciblos espacios formativos proporcionalmente ó número de alumnos, tomando como referencia para a determinación das superficies necesarias as cifras indicadas nas columnas segunda e terceira da táboa.

* O grao de utilización expresa en tanto por cento a ocupación en horas do espacio prevista para a impartición das ensinanzas, por un grupo de alumnos, respecto da duración total destas ensinanzas.

* Na marxe permitida polo grao de utilización, os espacios formativos establecidos poden ser ocupados por outros grupos de alumnos que cursen o mesmo ou outros ciclos formativos, ou outras etapas educativas.

* En todo caso, as actividades de aprendizaxe asociadas ós espacios formativos (coa ocupación expresada polo grao de utilización) poderán realizarse en superficies utilizadas tamén para outras actividades formativas afíns.

* Non debe interpretarse que os diversos espacios formativos identificados deban diferenciarse necesariamente mediante pechamentos.

4.4. Validacións, correspondencias e acceso a estudios universitarios:

4.4.1. Módulos profesionais que poden ser obxecto de validación coa formación profesional ocupacional:

* Técnicas e procesos nas instalacións eléctricas en media e baixa tensión.

* Técnicas e procesos nas instalacións singulares nos edificios.

* Técnicas e procesos nas instalacións automatizadas nos edificios.

* Xestión do desenvolvemento de instalacións electrotécnicas.

* Administración, xestión e comercialización na pequena empresa.

* Informática técnica.

4.4.2. Módulos profesionais que poden ser obxecto de correspondencia coa práctica laboral:

* Técnicas e procesos nas instalacións eléctricas en media e baixa tensión.

* Técnicas e procesos nas instalacións singulares nos edificios.

* Técnicas e procesos nas instalacións automatizadas nos edificios.

* Xestión do desenvolvemento de instalacións electrotécnicas.

* Informática técnica.

* Desenvolvemento de instalacións eléctricas de distribución.

* Desenvolvemento de instalacións electrotécnicas nos edificios.

* Formación en centros de traballo.

* Formación e orientación laboral.

4.4.3. Acceso a estudios universitarios:

* Diplomado en máquinas navais.

* Diplomado en navegación marítima.

* Diplomado en óptica e optometría.

* Diplomado en radioelectrónica naval.

* Arquitecto técnico.

* Enxeñeiro técnico aeronáutico (tódalas especialidades).

* Enxeñeiro técnico agrícola (tódalas especialidades).

* Enxeñeiro técnico en deseño industrial.

* Enxeñeiro técnico forestal (tódalas especialidades).

* Enxeñeiro técnico industrial (tódalas especialidades).

* Enxeñeiro técnico en informática de xestión.

* Enxeñeiro técnico en informática de sistemas.

* Enxeñeiro técnico de minas (tódalas especialidades).

* Enxeñeiro técnico naval (tódalas especialidades).

* Enxeñeiro técnico de obras públicas (tódalas especialidades).

* Enxeñeiro técnico de telecomunicación (tódalas especialidades).

4.5. Distribución horaria:

* Os módulos profesionais deste ciclo formativo organízanse da seguinte forma:

Horas totaisDenominación dos módulos

1º, 2º e 3º trimestre

240Técnicos e procesos nas instalacións eléctricas en media e baixa tensión

240Técnicas e procesos nas instalacións singulares nos edificios

185Informática técnica

55Relacións no contorno de traballo

55Calidade

55Seguridade nas instalacións electrotécnicas

55Formación e orientación laboral

4º, 5º e 6º trimestre

110Desenvolvemento de instalacións eléctricas de distribución

145Desenvolvemento de instalacións electrotécnicas nos edificios

145Técnicas e procesos nas instalacións automatizadas nos edificios

90Xestión do desenvolvemento de instalacións electrotécnicas

80Administración, xestión e comercialización na pequena empresa

90Proxecto integrado

380Formación en centros de traballo

* As horas de libre disposición do centro neste ciclo formativo son 75, que se utilizarán nos tres primeiros trimestres.