Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Luns, 07 de xuño de 1999 Páx. 7.055

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 1999 pola que se lle cancela a acreditación de laboratorio de ensaios para o control de calidade da construcción ó laboratorio Cenilesa, S.L., con domicilio no polígono das Areeiras, s/n, 27297 Lugo.

De acordo co establecidos nos artigos 2 e 3 do Decreto 441/1990, do 6 de setembro (Diario Oficial de Galicia do 24 de setembro) polo que se aproban as disposicións reguladoras específicas da acreditación de laboratorios de ensaio para o control de

calidade da construcción, e por proposta da Dirección Técnica de Construccións e co informe favorable do Servicio de Calidade na Edificación, conforme establecen os artigos 12.h e 18.3.1.a do Decreto 70/1997, do 14 de marzo (Diario Oficial de Galicia do 10 de abril), a Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo resolveu:

Cancelar, por petición propia, a acreditación e a súa inscrición no rexistro de Laboratorio de Ensaios para o Control de Calidade da Construcción a Cenilesa, S.L. con domicilio no polígono das Areeiras, s/n, 27297 Lugo, na área de:

H.C., área de control de formigón en masa, de cemento, de granulados e de auga, co número 15030HC92.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 12 de maio de 1999.

P.D. (Resolución 6-4-1995)

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda

e Solo