Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Luns, 07 de xuño de 1999 Páx. 7.055

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 1999, da Secretaría Xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, pola que se anuncia o concurso, polo procedemento aberto con trámite de urxencia, para a contratación da edición dunha guía e un CD Rom de técnicas de busca de emprego.

Esta secretaría xeral, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anunciar concurso para a seguinte contratación:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Dependencia: Dirección Xeral de Formación e Colocación.

c) Número de expediente 27/1999.

2. Obxecto do contrato

a) Descrición do obxecto: edición dunha guía e un CD Rom de técnicas de busca de emprego.

b) Prazo máximo de execución: 1 mes desde a sinatura do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación: 7.500.000 pesetas (IVE incluído).

5. Garantías.

Provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación.

a) Entidade: Dirección Xeral de Formación e Colocación.

b) Enderezo: San Caetano s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Teléfono: 981 54 59 45/981 54 59 46.

e) Fax: 981 54 56 24.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate de presentación de proposicións, tódolos días laborables, agás sábados de 9 a 14 horas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: non se esixen.

8. Presentación de proposicións.

a) Data límite de presentación: trece (13) días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula 19 do prego de cláusulas administrativas particulares, debendo figurar no exterior dos sobres, o CIF do licitador. No caso de estaren inscritos no Rexistro de Contratistas, xuntarase grampado no exterior do sobre A o certificado do devandito rexistro.

c) Lugar de presentación

-Entidade: rexistro xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

-Enderezo: San Caetano s/n.

-Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición de envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax: 981 54 56 24, ou telegrama, no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de proposicións:

a) Entidade: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Enderezo: edificio administrativo. San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela, 15771.

d) Data: el quinto día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións. De coincidir en sábado, pasará ó seguinte día hábil.

e) Hora: 9.30 horas.

10. Gastos do anuncio: este anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 1999.

Javier Batán Rodríguez

Secretario xeral da Consellería de Familia

e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude