Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Luns, 07 de xuño de 1999 Páx. 7.056

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 24 de marzo de 1999, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, pola que se anuncia concurso público para a subministración sucesiva de tiras reactivas para este complexo hospitalario, mediante procedemento aberto (expediente 29/1999).

Advertido un erro na Resolución do 24 de marzo da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, pola que se anuncia concurso público para a contratación da subministración sucesiva de tiras reactivas para o complexo hospitalario mediante procedemento aberto (expediente 29/1999), publicada no DOG nº 77, do 23 de abril de 1999, cómpre face-las oportunas correccións:

-Na páxina 4.900, columna 1, na liña 26, onde di: «décimo sexto día natural contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas...», debe dicir: «vixésimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas...».